DUVI

Diario da 鶹

Na exposicin das obras resultantes do proxecto ‘Arte em Trnsito’, do municipio de Monção

Belas Artes reúne os resultados dun proxecto de pintura colectiva no que participaron 30 estudantes de Galicia e Portugal

Pode verse no espazo O Abrigo ata o 22 de decembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 30/11/2023

Desde 2021, Belas Artes participa no proxecto Arte em Trnsito, unha iniciativa promovida pola Cmara Municipal e o Cine Teatro João Verde de Monção, na que estudantes desta facultade, do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) e da Escola Superior Artstica do Porto (ESAP) crean conxuntamente obras inspiradas nas paisaxes e na tradicin vitivincola desta vila portuguesa. Trtase dun proxecto de pintura colaborativa no que os lenzos son intervidos en tres ocasins ao longo do curso polos diferentes participantes, en encontros que teen lugar en adegas do municipio. Os resultados finais das dúas primeiras edicins do proxecto, oito cadros realizados por 30 estudantes, poden verse desde este xoves no espazo O Abrigo da facultade pontevedresa.

A mostra Arte em Trânsito 2021/2023 ser inaugurada na tarde deste xoves polo vicedecano de Cultura de Belas Artes, Ignacio Pérez-Jofre, e polo comisario e responsable deste proxecto, Ricardo Campos. Nela pdense contemplar os catro cadros realizados na primeira edicin do proxecto, no curso 2021-2022, na que participaron seis estudantes de IPVC e os alumnos e alumnas de Belas Artes Marina Aradas, Abraham Alonso, Sandra Gutiérrez, Lili Algo, Lola Medio e Raisa Paz. Nesta ocasin, cada un dos lenzos foi iniciado por unha das persoas participantes no primeiro encontro e logo intervido novamente en dúas ocasins por outro alumno ou alumna. Xa o pasado curso, o proxecto sumou tamén a ESAP e en cada un dos tres encontros os lenzos eran intervidos por todos os asistentes, entre os que se atopaban as e os estudantes de Belas Artes Lidia Amado, Nerea Gundn, Eva Iglesias, Elena Ibez, Luca Anta e Martn Núez. 

De exposicins cambiantes a unha mostra itinerante

Nas diferentes edicins, cada intervencin daba lugar a unha exposicin no Museu do Alvarinho, na que podan verse uns cadros que posteriormente an mudando nos sucesivos encontros. De feito, nestas semanas poden verse neste espazo os primeiros resultados da terceira edicin de Arte em Trnsito, que arrancou a finais de setembro coa participacin de seis alumnos e alumnas das tres institucins, entre eles, os alumnos da facultade pontevedresa Natalia Rodrguez e Sergio Martnez.

De xeito paralelo, as obras xa finalizadas iniciaron, como explica Campos, unha itinerancia polas tres entidades implicadas e, tras pasar polo IPVC, podern verse en Belas Artes ata o 22 de decembro. Arte em Trnsito “é unha experiencia moi interesante, que permite o intercambio de ideas, ver diferentes formas de traballar e unha cousa que moitas veces na arte non é tan fcil, atopar un espazo de colaboracin libre e espontneo”, salienta Pérez-Jofre, que define os traballos resultantes como obras “moi potentes plasticamente", marcadas pola "heteroxeneidade, a densidade e a saturacin". 

Esta mostra súmase as mesmo programacin de activiades de O Abrigo, a antiga cafetara da facultade, reconvertida nun espazo para a organizacin de exposicins ou talleres e que, baixo a coordinacin do colectivo Refugallo, combina ao longo de curso un conxunto de mostras de traballos do alumnado con outro tipo de iniciativas.