DUVI

Diario da 鶹

A peza 'Birdwtching' poder visitarse ao longo dos vindeiros tres meses

Belas Artes estrea unha nova instalacin artstica no seu patio

A obra do norteamericano Paul E. Guy propn unha sinxela estrutura de observatorio de paxaros

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Pontevedra 07/12/2018

A Facultade de Belas Artes estreou este venres unha nova instalacin artstica no seu patio. Trtase de Birdwtching, unha peza do norteamericano Paul E. Guy, artista e xefe de montaxes do Museo de Arte Contemporneo de Vigo, na que se se presenta unha sinxela estrutura de observatorio de paxaros, explorando as o valor da cabana, tanto como refuxio como dispositivo expositivo. A presentacin da obra contou coa participacin do propio artista; da comisaria e crtica de Arte Ánxela Caramés e a decana do centro, Silvia Garca, quen explicou que a peza vai permanecer no patio da facultade durante tres meses, se ben non se desbota a posibilidade de que poida prolongarse un pouco mis, “xa que, anda que non sexa unha instalacin permanente, ten solidez suficiente para aguantar durante mis tempo”.

O proxecto Birdwatching presentouse na Cidade da Cultura o pasado mes maio, formando parte da exposicin (Reb)veladas na Paisaxe, un ciclo de tres intervencins artsticas nos espazos naturais do Gais. Unha vez finalizada esta exposicin, o autor empregou esta peza como eixe central dun dos obradoiros do Campus Crea: Fab-Lab no campo expandido. Planificar-construr, un taller impartido na facultade ao longo do mes de novembro por Guy eCaramés, e no que buscaban achegar aos e s participantes planificacin e construcin de instalacins artsticas. “Participaron no obradoiro estudantes de distintos cursos da Facultade de Belas Artes e eles foron tamén os que axudaron na montaxe”, explicou a decana, ao tempo que fixo fincapé en que a obra serviu como caso de estudo, pois durante o taller tivo lugar todo o proceso de reconstrucin abordando as “as distintas fases e aspectos técnicos e de montaxe que é preciso ter en conta para o desenvolvemento dun proxecto artstico complexo”.

“A propia peza ten unha serie de fichas que se cobren polos visitantes”

Agora a idea é que a instalacin se integre no uso do patio, converténdose as nunha nova infraestrutura para a facultade. Neste senso, durante a presentacin fxose fincapé en que o seu uso est destinado a calquera visitante e animouse ao alumnado do centro a participar no desenvolvemento de novos contidos que reflexionen e reflictan as súas impresin sobre o contexto urbano e académico no que est situado. “A propia peza ten unha serie de fichas que se cobren polos visitantes, e isto é algo no que afondaremos nas clases, pois é un bo exemplo para falar de como o contexto musestico das obras e de como un cambio de localizacin modifica total ou parcialmente parte do seu significado”, recalcou Garca.

A presentacin ao público da obra pon, a xuzo do autor e da comisaria, o broche de ouro a un taller no que se lle deu ao alumnado da facultade a posibilidade de desenvolver diferentes competencias ligadas planificacin e construcin de instalacins artsticas, analizando as distintas fases do proxecto, utilizando para isto Birdwatching como caso de estudo. “Para ns é importantes destacar que o autor da obra, Paul Guy, leva dez anos traballando nas montaxes das exposicin do Marco de Vigo. Con isto quero enfatizar que para o noso alumnado un dos aspectos mis importantes do obradoiro foi estar traballando con profesionais que lles falaron das circunstancias reais do mbito profesional”, explicou a decana, que quixo tamén salientar o feito de que Guy, alumno do Mster de Arte Contempornea, cede as unha das súas obras para uso do público.