DUVI

Diario da 鶹

Os alumnos de doutoramento Rebeca Lar e Diego del Ro foron premiados neste certame

Belas Artes, canteira de Novos Valores

O Museo de Pontevedra acolle a exposicin das obras seleccionadas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Premios
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 08/07/2021

Dar apoio aos novos e novas artistas é un dos obxectivos centrais do certame Novos Valores, promovido polo Museo de Pontevedra, que, un ano mis, seleccionou entre os gaadores e gaadoras das súas novos talentos formados na Facultade de Belas Artes. Os alumnos de doutoramento Rebeca Lar e Diego del Ro forman parte dos gaadores deste premio de 7500 euros que lles permitir continuar cos seus proxectos artsticos e investigadores, xunto co egresado Daniel Cerecedo e Adrin Solleiro. As obras polas que foron recoecidos polo xurado poden verse ata o 12 de setembro no Edificio Sarmiento, que este xoves acolla a inauguracin da exposicin das 14 pezas seleccionadas polo xurado nesta nova edicin deste certame de artes plsticas. 

“Este premio é un referente para as creadoras e creadores da facultade, é un certame no que sempre pensas”, salienta Rebeca Lar, alumna do Doutoramento en Creacin e Investigacin en Arte Contempornea, que por quinta vez forma parte da exposicin de Novos Valores. Mais, desta volta, faino como unha das beneficiarias dunha bolsa que, recoece, constitúe un “apoio econmico moi importante” vez que achega “visibilidade ao traballo”. Nese mesmo senso, Del Ro define este galardn como “unha recompensa despois de tantos anos de esforzo” e como un recoecemento profesional “que me abrir portas no mundo da arte contempornea”, vez que lle permitir continuar traballando na súa tese de doutoramento, centrada na viaxe como experiencia artstica. Con “moitsima ilusin”, tanto polo recoecemento do xurado como polo feito de que a súa obra pase a formar parte da coleccin do Museo reciba este recoecemento o egresado Daniel Cerecedo, quen nesa idea de ampliar a súa formacin sinala o seu obxectivo retornar facultade para cursar o doutoramento.

As pegadas da memoria histrica na paisaxe

“Os lugares de memoria e reflexin da Guerra Civil e a ditadura na provincia de Pontevedra” constitúen o núcleo do proxecto no que se insire a obra pola que Rebeca Lar foi premiada neste certame. Sen ttulo (sobre paseos e arrepentimentos) é o nome da instalacin pictrica na que reflexiona “sobre o vnculo entre a memoria histrica e a paisaxe galega”, neste caso a partires das dúas claves temticas recollidas no ttulo, a “expresin eufemstica” que fai referencia aos asasinatos perpetrados polo franquismo e a idea de arrepentimento, tanto nun significado literal como en alusin a un “procedemento que deixa ver as correccins das pinturas no resultado definitivo”. De feito, Lar buscou “imitar o taller da artista” coa montaxe desta peza, na que “pode verse a madeira do bastidor, as grampas, a tea dobrada e a imaxe borrosa e inacabada da peza do chan”. A obra combina as mesmo diferentes técnicas, como o bordado, a colaxe e a cianotipia, un método de calco que emprega para “rexistrar elementos naturais recollidos en lugares onde houbo fusilamentos”. De feito, unha das teas que integran a peza, explica, “presenta o rexistro de nove pedras” da Volta dos nove, en Baiona. 

“Interésame reflexionar sobre os lugares que pisamos cada da e sobre as pegadas que poden quedar neses lugares de épocas e sucesos anteriores”, salienta Lar, quen tras centrar no concepto da bruxa a investigacin que desenvolveu para a súa tese, buscar agora explorar esta nova temtica co apoio desta bolsa, que tamén lle permitir continuar ampliando a súa formacin. 

A viaxe como fonte da creacin e a investigacin

Ras Al Hanout II é o ttulo da obra pola que Diego del Rio resultou premiado neste certame e que d continuidade a un proxecto realizado en 2019 e inspirado nunha viaxe a Marrocos, que desta volta conflúe con outras experiencias nun “proceso mis intuitivo”, explica. Conformada por 21 pequenos cadros ao leo sobre aluminio, Del Ro buscou nesta serie reflectir a “luz intensa que descansa sobre os muros de adobe dalgunhas das vilas e cidades” de Marrocos que percorreu, Mais, ao mesmo tempo, a obra vincúlase tamén aos meses que pasou traballando na vila Menafoglio Litta Panza, en Italia, e mais en concreto, a unha serie do pintor estadounidense Sen Scully, que por aquel entn se exhiba nesta mansin. Aquela serie, lembra Del Ro, buscaba “plasmar o seu recordo da luz cegadora de México” a partires, como lembra Del Ro, dunha premisa similar ao seu proxecto, a de “trasladar pintura a luz que se proxecta sobre as arquitecturas”.  

Nese senso, en Ras Al Hanout II “conflúen dúas das viaxes mis importantes da mia vida”, recoece este artista, que buscar coa bolsa continuar cunha investigacin que, na súa vertente terica, céntrase na “relacin entre arte e viaxe dentro do contexto da globalizacin”, mentres que a prctica artstica nútrese desas experiencias vitais. De feito, Del Ro ten previsto realizar nos prximos meses estadas na Residencia Corazn, de Bos Aires, na Academia de Belas Artes de Brera, en Miln, e no Shangyuan Art Museum de Pekn.

Unha reflexin sobre a imaxe no mundo contemporneo

Tras cursar o grao en Belas Artes e o mestrado en Arte Contempornea. Creacin e Investigacin, o egresado Daniel Cerecedo viviu e traballou nos últimos anos en pases como Irlanda ou Austria. Mais, “a idea de facer ou doutoramento sempre me acompaou”, recoece este artista, que ve nesta bolsa unha oportunidade para producir obra e “para animarme a presentar un proxecto de tese”. De feito, obra pola que resultou premiado, Picasso y Richter (después de), nace “dunha historia que escoite na mia etapa na facultade, a de Zeuxis e Parrasio, dous pintores que se enfrontaron no século V AC nun certame para determinar quen era o mellor do momento”. Nun trptico que, recoece, “levaba tempo coa idea de poder materializar”, Cerecedo recrea “unha especie de competicin ficticia entre Picasso e Richter, “e tamén comigo mesmo, xa que me propuxen o reto de imitar dous fragmentos de dúas pinturas súas sen empregar a pintura”, salienta. Concretamente, o artista recreou estes fragmentos a partires de imaxes impresas sobre tea, acompandoas súa vez dun cdigo QR, lle leva ao público a contemplar un segundo trptico, coa idea, sinala, de xerar unha reflexin sobre “a concepcin, a interpretacin e a producin de imaxes na actualidade”.