30 horas para aprender a expresar ideas e emocins a través da lingua de signos
As barreiras lingüsticas coa comunidade xorda redúcense no obradoiro ‘Comuncate coas túas mans’
O curso encheu as 20 prazas ofertadas no campus vigués
A lingua de signos é un sistema de comunicacin, empregado maioritariamente polas persoas xordas ou con problemas auditivos e a súa contorna, que se basea en xestos e signos naturais para expresar ideas e sentimentos. Este cuadrimestre, a vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria est a desenvolver no campus de Vigo o obradoiro Comuncate coas túas mans: lingua e cultura da comunidade xorda, no que se encheron as 20 prazas ofertadas e mesmo quedou xente en lista de agarda. Os motivos polos que triunfa esta actividade son diversos, “moitas persoas senten curiosidade, outras buscan tamén dar resposta as súas inquedanzas e dúbidas respecto realidade diaria deste colectivo e os problemas e barreiras aos que ten que facer fronte”, explica a docente e especialista en lingua de signos espaola da 鶹, Ana Fernndez Soneira.
O obxectivo principal do obradoiro é que o alumnado adquira coecementos que faciliten manter unha conversa bsica a través dos xestos e signos e, vez, coecer o contexto lingüstico, social e cultural no que se desenvolve o colectivo xordo. Ao longo de 30 horas as e os asistentes ao taller achéganse ao nivel inicial da lingua de signos, unha aprendizaxe que, segundo Soneira, é apaixonante, “paréceme moi importante achegar sociedade a LSE, xa que iso supn aproximarnos a un sistema de comunicacin que contribúe a ir construndo algunhas pontes para entendernos e a traballar pola inclusin”, engade a docente.
Unha primeira aproximacin lingua de signos espaola
Os contidos que se traballan ao longo do cuadrimestre son de carcter prctico como presentarse, pedir e dar datos persoais ou falar de elementos vinculados cultura e ao colectivo xordo. Nas primeiras sesins do curso, “empregamos a atencin, a memoria e a discriminacin visual, aspectos fundamentais para familiarizarse cos signos”, explica a experta en LSE, quen asegura que estas sesins estn a ser moi motivadoras para as docentes, e o estudantado, que est a amosar moitsimo interese “e sempre sae cun sorriso da clase e cos ollos cheos de curiosidade. As e os participantes queren coecer axia os signos dos elementos da súa contorna como os lugares nos que viven ou os seus pasatempos, entre outros”, engade Soneira.
O alumnado do curso pertence a diferentes titulacins da 鶹 nas que existe certo vencello con esta formacin. “A maior parte é ou ben da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, que pensan na posibilidade de ter alumnado con problemas auditivos nas aulas e queren aprender a poder interactuar minimamente, ou da Facultade de Filoloxa e Traducin porque queren aprender unha lingua mis e dunha modalidade diferente, polo que tratamos de cambiar a súa visin da linguaxe como cdigos orais”, explica Soneira. Ademais destes dous centros, tamén hai representacin de diferentes facultades como dzܲԾ, Belas Artes e das escolas de Enfermera e de Enxeara, que queren, segundo a docente, achegarse a un novo modo de interaccin e a unha experiencia diferente.
Un proxecto con vocacin de continuidade
A fronte do obradoiro Comuncate coas túas mans: lingua e cultura da comunidade xorda, est a docente e investigadora da 鶹 Concha Bez, directora do grupo de investigacin GRILES, no que tamén traballa Soneira. Ademais delas dúas, tamén imparten docencia Alba Puentes, intérprete de LSE matriculada no grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e Manuel Lema, alumno xordo do Grao en Belas Artes. Xuntos esperan manter a oferta formativa nos vindeiros cursos académicos nos diferentes campus e tamén “poder organizar actividades de nivel mis avanzado para que o alumnado poida seguir gozando da LSE”, conclúe a docente.
