DUVI

Diario da 鶹

Doce persoas de diferentes idades traballan na preparacin dunha obra

A Aula de Teatro preparase para volver aos escenarios

O obxectivo é presentar a montaxe nunha nova edicin da Miteu

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Teatro
  • Deportes
DUVI Pontevedra 23/02/2023

Doce persoas de diferentes idades, tanto alumnado de grao como persoas alleas comunidade universitaria, participan no presente curso na segunda edicin da Aula de Teatro do campus, que lles permite coecer de primeira man as diferentes fases da montaxe dunha obra teatral, desde a eleccin do texto ata a súa representacin final. Inserida na programacin de extensin cultural da Vicerreitora, trtase dunha actividade formativa impartida polo actor e director teatral Salvador del Ro que, en primeiro termo, propn s e aos asistentes un primeiro achegamento ao traballo corporal e vocal, para logo traballar na preparacin da obra que presentarn nunha nova edicin da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra. 

“É un grupo moi heteroxéneo”, recoece Del Ro das e os participantes nunha actividade aberta a toda a cidadana e na súa segunda edicin reúne tanto participantes na aula o pasado curso como novos e novas integrantes, “tanto estudantes da Universidade como persoas de fra”, explica. Con dúas sesins semanais na Facultade de Belas Artes, o obxectivo desta aula é iniciar aos participantes nas diferentes fases do proceso de creacin teatral. De a que a actividade arrancase o pasado mes de novembro poendo o foco, nun primeiro termo, “no traballo de creacin de grupo”, como explica o seu responsable.

Nese senso, as primeiras sesins deste curso de 100 horas centrronse na realizacin dunha serie de exercicios que axudasen aos e s participantes “a tomar consciencia corporal e vocal e familiarizarse co espazo teatral”. Como explica o tamén responsable de Teatro de Ningures, o punto de partida desta actividade foi a abordaxe de aspectos que “na vida coti, facemos mecanicamente”, como comunicarse ou desprazarse polo espazo, pero que “no teatro son as nosas ferramentas”. De a que o primeiro bloque de actividades estivese centrado en afondar “no coecemento desas ferramentas”, o corpo e a voz, co obxectivo de coecer “que emocins podemos proxectar con elas, para poder utilizalas despois”, a través dun conxunto de exercicios preparatorios, dirixidos tamén a fomentar a capacidade de concentracin, memoria, oratoria e expresin, creatividade, sentido do ritmo e musicalidade.

Traballando coa estrea no horizonte

Xa no remate do primeiro cuadrimestre, chegou o primeiro de coecer “o texto co que imos traballar” e que, como explica Del Ro, “ser unha obra feita para este elenco”, que englobar “varias escenas cunha temtica común”. Tras unhas semanas de parn, a aula retomou a actividade neste mes de febreiro xa centrada no traballo deste texto e nos preparativos para levalo ao escenario. O resultado final presentaranse nunha nova edicin da Mostra Internacional de Teatro Universitario, que o campus recuperou en 2022 despois de doce anos. As mesmo, explica Del Ro, a idea é que esta montaxe estea presente nas programacins da Miteu de Vigo e Ourense, vez que se buscar levala tamén “a outras mostras de teatro universitario en Galicia”.