Coincidindo coa clausura da súa exposicin ‘Kitchen Pieces’
A artista internacional Karin Sander reflexiona sobre os seus procesos de traballo na Sala Manuel Moldes
Nun coloquio no que abordou tamén a evolucin dunha mostra conformada por froitas e verduras
O MoMa e o museo Gugghenheim de Nova York, a Bienal de Arquitectura de Venecia, a Galera Estatal de Suttgart, o Palais de Tokyo de Pars, o Museo Nacional de Arte de Osaka ou a Fundacin Joan Mir de Barcelona son algúns dos numerosos espazos musesticos que, ao longo das últimas tres décadas, exhibiron as creacins de Karin Sander (Bensberg, Alemaa, 1957). Formada na Academia de Belas Artes de Stuttgart e no Withney Museum of American Art de Nova York, esta artista alem reflexionou este xoves sobre “os procesos artsticos e o desenvolvemento das ideas” que rematan dando lugar a unha obra na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Fxoo nun coloquio co alumnado e profesorado da Facultade de Belas Artes que serva súa vez para clausurar a exposicin Kitchen Pieces, na que Sander propua unha reflexin sobre a idea da representacin na arte a través dun conxunto de 25 froitas e verduras que, en lugar de amosarse representadas en pezas pictricas ou escultricas, exhibanse directamente, penduradas das paredes da sala.
A vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn, e o vicedecano de Cultura e coordinador da Sala Manuel Moldes, Ignacio Pérez-Jofre, acompaaron a Sander nun coloquio que permitiu tamén afondar na transformacin da propia exposicin, xa que, desde a súa inauguracin en decembro, as pezas foron secando ou podrecendo. “É moi bonito pensar que o tempo é un gran escultor”, apuntou nese senso Pérez-Jofre, que destacou a importancia para a Sala Manuel Moldes de ter contado cun “traballo deste nivel”, definido ademais por esa “caracterstica tan especial de ser unha obra cambiante”. Nesa mesma lia, Lantarn destacou a “relevancia” de poder contar coa presenza de Sander como “colofn a estes meses de exposicin”.
Unha reflexin “sobre os elementos que configuran” unha obra
O traballo artstico de Sander, destacou Pérez-Jofre, baséase “nunha reflexin e, en certo modo, unha deconstrucin dos elementos que configuran a obra de arte, sempre establecendo unha relacin co seu contexto”, o que provoca que “moitas das súas series” tean como punto de partida unha serie de “mecanismos” que logo fan posible que a obra se produza “dunha maneira automtica, sen a intervencin da artista”. Nese senso, Sander sinalaba neste coloquio que proxectos como este teen un “longo proceso de desenvolvemento” previo propia execucin dunha instalacin na que “as froitas represéntanse a si mesmas artisticamente”, e non son “interpretadas” por un artista.
Sander destacaba as mesmo o interese de poder “ver a evolucin” do proxecto, que remite directamente a “certos procesos na vida”, posto que, desde a súa inauguracin en decembro,as froitas e verduras “cambiaron” e na maiora dos casos “acabaron as súas vidas”, anda que “nalgunhas est medrando algo novo”. Nese senso, esta instalacin conectbase súa vez coa reflexin sobre o paso do tempo presente na montaxe audiovisual que completaba a mostra, na que Sander contrapua unha gravacin de 1930 dunha nena xogando cunha pelota con outra de 2019, na que esa mesma persoa empregaba unha pelota para realizar exercicios de motricidade.
A substitucin das pezas cando caen por outras novas, o deseo de cravos especficos para cada froita ou verdura ou que adquire exactamente un coleccionista ou institucin desta serie foron outras das cuestins abordadas por Sander nesta conversa co estudantado. “O encontro coas novas xeracins de artistas sempre xera un dilogo creativo interesante”, salientaba nese senso esta artista, recoecida ao longo da súa traxectoria con galardns como o premio da Academia Alem Villa Massimo de Roma, o Hans Thoma Prize ou o Great State Prize Baden-Württemberg ou o Premio Vila Romana de Florencia.
A instalacin que desde decembro poda verse na sala de exposicins do campus forma parte dun proxecto que desde 2012 Sander desenvolve con diferentes formatos, que abranguen desde a exhibicin dunha única froita a propostas conformadas por ms dun centenar de pezas. De feito, Kitchen Pieces puido verse previamente en espazos como a i8 Gallery de Reykjavik, o Kunst Museum Winterthur, o Carolina Nitsch Contemporary Art de Nova York ou o Kunsthalle Tübingen.
