DUVI

Diario da 鶹

O campus acolle este xoves e venres o III Congreso Red Localis

Arredor de 70 especialistas analizan no campus os retos de futuro das entidades locais

A transformacin dixital é unha das cuestins abordadas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Transferencia
Rosa Tedn DUVI Ourense 20/06/2019

As cidades intelixentes, a modernizacin da xestin, a mellora da transparencia grazas ao manexo da informacin, a innovacin nos recursos humanos... a transformacin dixital tamén é un reto ao que as entidades locais estn facendo fronte e tern que facer fronte a curto prazo. Para afondar neste e noutros temas de preocupacin no eido do municipalismo, o campus de Ourense acolle este xoves e venres o III Congreso Red Localis.

Co ttulo Retos das entidades locais ante a transformacin dixital da xestin pública, o congreso reúne a arredor de 70 especialistas en administracin municipal para abordar os desafos dos concellos no século XXI. A cita est organizada pola Red Localis, foro de reflexin sobre a xestin do municipalismo formada por persoal docente e investigador do eido universitario e profesionais do eido local e xestionada polo grupo de investigacin Governance and Economics Research Network (Gen), con sede na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.

Durante a inauguracin do congreso, que se celebra na biblioteca Rosala de Castro, Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, salientou como, a pesar de ser creada hai catro anos, a Red Localis ten “unha actividade produtiva moi intensa”. As, apuntou, leva publicado dez documentos de traballo e dúas monografas e asinado varios convenios de colaboracin, entre outras entidades coa Deputacin de Ourense e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Rosendo Fernndez, vicepresidente da Deputacin de Ourense, lembrou durante a inauguracin da cita esta colaboracin salientando como ante os retos do municipalismo “as nosas entidades locais, os concellos, e os gobernos intermedios, as deputacins, non poden nin deben ser alleos, deben afrontalos e conseguir que os servizos públicos cada vez se presten mellor, é dicir, cada vez mis eficientes, mis econmicos, mis sostibles e de mis calidade”. As, Rosendo Fernndez recalcou a importancia de que este terceiro congreso conte con “relatores de contrastada vala” e aborde “temas estratéxicos para o sector público en xeral e para o sector público local en particular como son a ética pública, o bo goberno, a transparencia, a rendicin de contas ou a xestin intelixente”.

Das cidades intelixentes ética

Durante a súa intervencin na inauguracin do congreso, Santiago Lago, director do grupo Gen, salientou a importancia de que este debate dos retos da administracin local se realice desde Ourense. “Ourense ten moitsimos activos para ser lder e un espazo de referencia, porque temos capital humano e socios que axudan a que esas iniciativas se poidan realizar”, afirmou o catedrtico da 鶹. Pola súa banda, Alberto Vaquero, codirector da Red Localis xunto Concepcin Campos, destacou como a rede que dirixe “busca sobre todo transferir coecemento, tanto das universidades como das entidades locais, propondo ideas para mellorar a xestin local no da a da e enriquecer o debate público”.

Alberto Vaquero indicou como a temtica elixida nesta terceira edicin do congreso é “o proceso das TIC, da xestin da innovacin”, anda que lembrou como o programa abrangue un amplo abano doutras cuestins, como o gasto público ou os impostos. Sobre o reto dixital, o profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense puxo como exemplo o desafo que supn para o municipalismo “o desenvolvemento das cidades intelixentes e dar servizos públicos de calidade nunha contorna respectuosa co medio ambiente”. O codirector da rede salientou como a dixitalizacin e a innovacin estn a mudar e mudarn no futuro desde a xestin dos recursos humanos ata a recollida do lixo. Neste contexto, recalcou a importancia de afondar en como se estn a implementar as tecnoloxas da comunicacin no mundo local e analizar as oportunidades que se abren con elas.

O programa do congreso arrancou este xoves abordando as problemticas e os desafos do persoal ao servizo das entidades locais, achegndose a cuestins como os novos modelos de captar e reter talento, a carreira profesional e a aprendizaxe como motor do cambio. Xa pola tarde, haber intervencins sobre cuestins que van desde a transparencia nas administracins locais en Arxentina ata os contratos menores. Xa o venres a programacin contar cun primeiro bloque centrado na ética e o bo goberno local, afondando en aspectos como a construcin dunha tboa de valores éticos ata a rendicin de contas. Un segundo bloque achegarase ao camio cara unha xestin mis sostible e eficiente dos municipios, tanto no eido urbano como rural. Para falar de todos estes temas, o congreso conta coa participacin de especialistas de entidades como universidades, deputacins, concellos e diferentes rganos das administracins públicas.