Consiste nunha proba que combina carreiras e probas fsicas
Arredor de 200 persoas participarn o domingo na Games Series Ourense 2025
A actividade ter lugar nas pistas de atletismo do campus
As pistas de atletismo do campus de Ourense acollern este domingo, da 8 de xuo, o evento . A competicin, na que estn inscritas arredor de 200 persoas, consiste nunha carreira de fitness exterior na que se combinan 4 km de carreira e 9 estacins (probas fsicas) de maneira intercalada.
Games Series Ourense 2025 est organizada pola entidade Deporte Hbrido e o colectivo Hércules, contando co apoio da Vicerreitora do campus, a Xunta Galicia, a Deputacin e o Concello. A iniciativa foi presentada este xoves nas pistas de atletismo universitarias contando coa participacin de Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Anbal Pereira, concelleiro de Deportes de Ourense, e Thor Lpez, Álvaro Snchez e Carlos Abal, membros da organizacin da competicin.
Fomentar unha nova modalidade deportiva
O obxectivo principal de Games Series Ourense 2025 é a difusin desta “nova modalidade deportiva que est a establecerse en todo o mundo e que fomenta os principais valores do deporte e da saúde”. Pdese participar de xeito individual ou en parellas (masculinas, femininas e mixtas), sendo necesario ter un mnimo de 16 anos de idade o da da competicin. A proba en Ourense forma parte do circuto Games Series 2025 que percorre as principais cidades galegas.
A proba comezar arredor das 09.00 h cunha carreira de 400 metros, seguida dunha estacin (exercicio fsico), repetindo esta secuencia ata completar as 9 estacins e rematando a proba cunha última carreira de 400 metros, completando as os 4 km de distancia. As estacins son: remo (500 metros); subidas ao caixn (30 repeticins alternando lado do caixn); porteo atlas (100 metros con baln de 30 quilos); paseo do granxeiro (200 metros con dúas garrafas de 20 litros); abdominal con baln diana (30 repeticins con baln de 7 quilos); zancadas con saco (60 metros co saco de 20 quilos); reptadas (50 metros reptando polo solo); volteo de roda (20 metros de volteo) e burpee salto (60 metros).
