Recibiu 45 votos a favor, 9 en contra e 3 en branco na votacin celebrada este martes
Arno Formella renova o seu cargo como director da Escola Superior de Enxeara Informtica
Tras esgotar un primeiro mandato de tres anos, o profesor Arno Formella continuar como director da Escola Superior de Enxeara Informtica (ESEI) do campus de Ourense. A súa candidatura, a única presentada s eleccins, acadou 45 votos a favor, nove en contra e tres en branco, ademais de haber dúas abstencins, na xunta de centro celebrada este martes.
En cumprimento da Lei Orgnica do Sistema Universitario en Espaa (LOSU), o director elixido ter por diante un mandato único de seis anos. O novo equipo directivo da ESEI é de continuidade co anterior, estando formado ademais de por Arno Formella por Alma Mª Gmez, Mª Encarnacin Gonzlez, Adrin Seara, Francisco Javier Rodrguez e Eva Mª Lorenzo Iglesias. A elas e eles, o director do centro agradeceulles o traballo feito e o seu compromiso de seguir fronte da escola.
Balance e novos retos
Do mandato de tres anos que agora remata, Arno Formella destacou que a Escola Superior de Enxeara Informtica non deixou de medrar, coa implicacin dos diferentes colectivos universitarios (alumnado, persoal docente e investigador e persoal técnico, de xestin e de administracin e servizos). Neste senso sinalou que na actualidade os dous graos que nela se imparten (Enxeara Informtica e Intelixencia Artificial), os dous mestrados (Enxeara Informtica e Intelixencia Artificial), os programas conxuntos (Enxeara Informtica-Intelixencia Artificial, e Enxeara Informtica-Administracin e Direccin de Empresas) e o Programa Académico con Percorrido Sucesivo de Grao e Mestrado de Enxeara Informtica, “en conxunto xa suman a case 1000 estudantes, cifra que nos sitúa no posto cinco de todos os centros da 鶹”. Neste mapa de titulacins, o responsable académico subliou que este curso académico sair ao mercado laboral a primeira promocin de graduadas e graduados en Intelixencia Artificial e a posta en marcha tamén este curso do “dobre grao" de Intelixencia Artificial e Enxeara Informtica, “como nova oferta que complementa o abano no eixe da informtico en Ourense”.
Entre os retos para a nova etapa que se abre agora, Arno Formella apuntou que est “mellorar os recursos dispoibles para afrontar os futuros retos con tal cantidade de estudantes e profesorado”. Entre os aspectos concretos a desenvolver neste segundo mandato sitúa implantar a modificacin do Plan de Estudos do Grao en Enxeara Informtica segundo as novas normas, competencias e mencins, “ou dito noutras verbas: modernizar estes estudos, xa que o plan actual xa ten os seus 17 anos, con lixeiras modificacins no camio”.
Curriculum
Procedente da Universidade de Saarland (Alemaa), onde obtivo o ttulo de doutor no ano 1993, Arno Formella incorporouse no curso académico 1999/2000 Escola Superior de Enxeara Informtica da 鶹. É profesor do Departamento de Informtica, responsable do Laboratorio de Intelixencia Artificial LIA2 e coordinador do programa de doutoramento en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables. Foi o primeiro director da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo do campus de Ourense, desde a súa implantacin no ano 2015 ata o ano 2020, e director da Escola Superior de Enxeara Informtica desde o ano 2023 ata a actualidade. Polo seu traballo de docencia, de investigacin e de transferencia ten actualmente seis quinquenios e cinco sexenios recoecidos, destacando no eido da enxeara informtica o desenvolvemento dos sistemas operativos de abordo dos primeiros picosatélites da 鶹 (XatCobeo, HumSAT-D e Serpens).
