O escritor abriu na Vicerreitora do campus o ciclo '6 das, 6 poetas'
Andrés Trapiello: “A poesa sobrevive como pode nunha realidade que a mira con indiferenza”
Seis escritores e escritoras participan ata o sbado nestas xornadas
Distincins como o Premio Nacional da Crtica, o Premio Internacional de Novela Plaza & Janés, o Premio Nadal e os premios das letras da Comunidad de Madrid e de Castilla y Len avalan a extensa traxectoria literaria de Andrés Trapiello, encargado na tarde deste luns de pr inicio segunda edicin de 6 das, 6 poetas, un ciclo promovido pola Vicerreitora do campus co propsito de achegar a cidadana a un xénero literario que, como salienta Trapiello, “est en todas partes da vida”. Nese senso, Trapiello compara este xénero literario coa “auga na natureza”, sen a que, anda que sexa “en pequenas doses, a vida non sera posible”. Non obstante, Trapiello tamén recoece que se trata dun xénero literario que “sobrevive como pode nunha realidade que a mira con indiferenza, cando non con desconfianza ou hostilidade”; un xénero que, sinalou na súa intervencin na sede da Vicerreitora, ten a súa “pedra de toque” na emocin, en xerar nos lectores emocins “que nos van facendo mellores, ensinndonos cousas de ns mesmos que non coecamos e do mundo”.
Trala apertura deste ciclo por parte do director da Área de Cultura, Educativa e de Integracin do campus, Manuel Morquecho, quen agradeceu a “colaboracin desinteresada” do poeta Miguel d´Ors para dar forma a un ciclo “que nos permite gozar do mellor da poesa espaola”, o columnista Ramn Rozas foi o encargado de trazar un breve percorrido pola traxectoria literaria deste peta, novelista, ensasta, articulista e editor. Desde Junto al auga (La Ventura, 1980), ata Segunda oscuridad (Pre-textos, 2012), mis de tres décadas e 14 libros definen a traxectoria poética de Trapiello, que en 1993 obtivo o Premio Nacional da Crtica por Acaso una verdad e para o que “a poesa é fundamental na súa obra”, como salientou Rozas, quen destacou a obra lrica do escritor leonés residente en Madrid como “unha das mis singulares e mis compactas da poesa que se fai en Espaa”.
O libro é o mesmo, cambia o lector
Tras recoecer que é un escritor “que xeralmente non le os seus poemas” en público, Trapiello deu lectura na Casa das Camps a unha seleccin de textos procedentes na súa meirande parte do seu poemario mis recente, xunto con varios poemas inéditos. Previamente, o autor reflexionou sobre o momento que atravesa un xénero literario, as como sobre a súa propia condicin de poeta. “A poesa é o mis importante que fago, escribo todos os das, pero a poesa preséntase de maneira moi estraa”, apuntou Trapiello, quen incidiu en que “realmente o tema da poesa é a espera”, antes de afirmar en que, ao igual que acontece cos seus diarios, “escribn sempre o mesmo libro”. Nese senso, Trapiello sostivo que na súa obra poética “o impulso, a mirada e a maneira de escribilos son os mesmos desde hai 40 anos”, pero o que muda son os lectores e lectoras aos que os versos poden xerar esa emocin.
“A poesa é arroxar luz sobre as partes mis estraas e misteriosas, sen destrur o seu misterio”, sostén Trapiello dun xénero sen o que “todo acabara murchando e escurecendo” e que, engade, “sobrevive como pode nunha realidade que a mira con indiferenza”. Por iso, sostén, “os poetas se comportan a miúdo como seres extraos e inadaptados” algo que, recoece, “non forma parte da súa natureza”, senn que constitúe “a maneira que teen de sobrevivir mentres gardan ese lume sagrado, como Prometeo”. Nese senso, Trapiello incide que os e as poetas poden dirixir a súa ollada cara “asuntos sublimes, como Dante ou Shakespeare”, do mesmo xeito que ollan cara “cousas pequenas e insignificantes, como Leopardi ou Dickinson”; mais a importancia, engade, “non est nunca naquilo que miran ou lles preocupa e lles chama a atencin, senn na súa propia mirada, na súa maneira persoal de ver o mundo”.
Cinco das e cinco poetas por diante
Trala sesin deste luns, o ciclo 6 das, 6 poetas continúa desenvolvéndose con catro sesins mis, s 20.00 horas, nas tardes de martes a venres, e un último encontro, o sbado 16, s 12.00 horas. A súa seguinte protagonista ser a valenciana Susana Benet, autora dunha decena de libros de poesa e considerada unhas das principais autoras de ܲen lingua castel. O poeta e profesor Miguel d´Ors ser o encargado de introducir a Benet mentres que o mércores, a profesora do IES Valle-Incln Ftima Cobas presentar andaluza Pilar Pardo, gaadora do Premio Nacional de Poesa Florentino Pérez-Embid O xoves 14 visitar a Vicerreitora o leonés Antonio Manilla, un poeta recoecido, entre outros cos premios Emilio Prados, José de Espronceda, Villa de Benasque e Ciudad de Salamanca, quen ser presentado polo profesor Fernando Romo. O venres 15, o presidente do Ateneo, Xaime Toxo, presentar ao escritor vasco Gabriel Insausti, que ademais ser finalista do Premio Nacional de Literatura en 2002, foi recoecido con premios como o Gerardo Diego, Arcipreste de Hita e Manuel Alcntara de poesa. Xa o sbado, pechar este ciclo o poeta e xornalista asturiano Javier Almuzara, quen ser presentado polo catedrtico de literatura espaola da 鶹 José Montero Reguera.
