DUVI

Diario da 鶹

Fixeron un percorrido pola identidade lingüstica e cultural de Galicia

Alumnas e alumnos de intercambio aprenden lingua e cultura galegas no campus

Ao longo do curso, de 60 horas de duracin, visitaron distintas localidades

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Internacional
  • Lingua Galega
  • Visitas
  • Estudantes
E. Canle DUVI 12/12/2018

Estudantes de distintas partes do mundo aprenden lingua e cultura galegas na 鶹 mediante o curso de Extensin Cultural para alumnado estranxeiro que organiza a Área de Normalizacin Lingüstica. O curso, que tivo lugar na Facultade de Filoloxa e Traducin, contou con alumnado procedente de diversos puntos da xeografa mundial. As, o groso do estudantado estaba composto por alemns, mentres que o resto proceda de Polonia, Inglaterra, Arxentina, Eslovaquia, México, Finlandia, Portugal e Ucrana.

Ao longo do curso, dirixido pola docente Mara Fernndez, o alumnado aprendeu a comunicarse e expresarse en galego dunha maneira bsica. As, tal ecomo resalta a propia docente, o obxectivo fundamental do curso foi“producir discurso para interactuar con outras persoas e comunicarse para satisfacer necesidades bsicas relacionadas coa rutina diaria” ademais de comprender de xeito bsico discursos orais e textos escritos relacionados coa vida coti. Pero o curso non s se limita ao eido comunicativo e lingüstico, senn que tamén abrangue outros aspectos da identidade galega. As, no que se refire ao plano cultural, e tal e como remarca a profesora, búscase que “ o alumnado adquira un coecemento mnimo da realidade cultural e sociolingüstica galega”.

Deste xeito, o programa toca aspectos moi diversos dentro da identidade cultural e lingüstica. Durante as súas 60 horas de duracin, o curso fai un percorrido pola literatura, a música, as crenzas, as tradicins, o cine, a cultura e as costumes galegas. En este tempo, en palabras da docente, resulta moi difcil profundizar, polo que ao final resulta un curso introdutorio que senta unhas bases de cara a que o alumnado mis interesado siga afondando no coecemento da cultura galega e na aprendizaxe do idioma.

Cultura, identidade e prexuzos

Cabera pensar que ao vir de fra, o estudantado de intercambio pode chegar con prexuzos ou estereotipos marcados que non se correspondan coa realidade galega, que é distinta doutras dentro do estado espaol, pero algúns deles veen con coecementos previos sobre Galicia, que varan dependendo do seu punto de orixe. As, o curso conta coa presenza de estudantado procedente de Portugal, con contacto directo coa cultura galega, ou mesmo de descendentes de emigrantes galegos, por tanto trtase de alumnado diverso que tia xa nocins bsicas das diferenzas culturais que se dan dentro de Espaa. Tal e como resalta a docente “moitas alumnas xa coecan outras comunidades do estado e iso permtelles constatar importantes diferenzas”. Quizais non haxa unha idea ntida do que pasa en Galicia ou de como é a sociedade galega, pero tal e como destaca a profesora, o obxectivo final do curso é o de ofrecer a posibilidade ao alumnado estranxeiro de coecer a identidade galega e ver “en que aspectos se afasta deses estereotipos”

Do grupo de este ano Mara Fernndez salienta que "o alumnado é moi traballador e manifesta interese polos contidos e as actividades", o que facilita oseu labor coma docente, anda que tamén remarca que a competencia a nivel oral émoi complicada de conseguir nun curso que ten tan poucas horas e nunha realidade socilingüstica como a da cidade de Vigo, na que os alumnos e alumnas non contan case con ningún apoio se queren practicar o idioma galego. No resto de aspectos e no traballo do grupo, a docente declrase moi satisfeita co rendemento, interese e gaas de aprender dos rapaces e rapazas que este ano estiveron matriculados neste obradoiro.

Percorrido pola xeografa galega

Os intereses dentro do alumnado son diversos (cultura castrexa e celticidade, arquitectura, festas, costumes, etc) anda que o que mis parece gustarlles de Galicia aos estudantes é a natureza, as, algúns deles salientan as similitudes da paisaxe galega coa do seu pas de orixe. Neste senso e como non todo vai ser estudar, o programa do curso tamén inclúe 15 horas que se dedican exclusivamente a realizar visitas culturais a puntos da xeografa galega. O obxectivo que se persegue con estas visitas culturais é dar a coecer lugares singulares pola paisaxe, polo atractivo natural, pero que ademais "nos permitan desenvolver outros contidos do temario cultural relacionados coa historia, a xeografa e a etnografa". As, este cuadrimestre os estudantes puideron visitar Carnota, monte Louro, Muros e ao castro de Baroa, tendo as a oportunidade de coecer a vertente atlntica de Galicia. Tamén se realizou unha vista para ensinar as variantes de interior, o bosque de ribeira, mediante unha visita ao mosteiro de Carboeiro e a fervenza do ro Toxa.

Logo de catro meses de intensaaprendizaxe sobre a lingua e a cultura galegas, o curso de Extensin Cultural por fin ao seu recorrido o vindeiro da 20, momento no que os alumnos e alumnas tern xa adquirido uns coecementos bsicos sobre Galicia, o seu idioma, a súa xente e a súa cultura.