DUVI

Diario da 鶹

Levaron ao Instagram ‘The Love Song of J. Alfred Prufrock’

Alumnado de Linguas Estranxeiras converte en imaxes un dos poemas mis emblemticos de TS Eliot

Para a profesora Teresa Caneda os resultados amosan “unha comprensin” do poema “que non esperaba"

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Estudantado
  • é
M. Del Ro DUVI 22/05/2025

A priori, non semella que unha maridaxe entre un dos poemas mis emblemticos da tradicin literaria inglesa e as redes sociais sexa unha proposta sinxela. Pero un grupo de estudantes de 4º do Grao de Linguas Estranxeiras conseguiron levar a bo porto este arriscado reto e fixérono, segundo recoece a súa profesora, “con nota”.

A idea parte da docente Teresa Caneda, que buscaba o xeito de que o seu alumando se interesase por TS Eliot, un autor de comezos de século XX ao que moitos consideran “escuro e difcil”. A súa idea inicial era que os estudantes conseguisen converter en imaxes o poema The Love Song of J. Alfred Prufrock, de 1917. O alumnado asumiu o desafo e crearon especfica co nome do protagonista do poema onde cargaron as súas traducins visuais, que tamén presentaron en público o derradeiro da de clase da materia Movementos Culturais e Literarios da Primeira Lingua Estranxeira. 

O proxecto realizrono divididos en nove equipos, encargndose cada un deles dunha parte do poema, para o cal deban xerar as imaxes que o acompaan e recitalo sobreexpoendo a voz co texto. A meirande parte dos grupos, detalla Caneda, “elaborou unha esmerada xustaposicin de imaxes, como faca Eliot”, xa que os versos deste poema, como o propio autor explicou nos seus ensaios tericos, “constrúense a través da creacin de imaxes concretas que remiten a obxectos ou escenas coas que se busca producir de xeito simultneo unha resposta intelectual e unha reaccin emocional”. Isto mesmo, remarca a docente, “podera entenderse como a base do cdigo de comunicacin que subxace ao funcionamento de Instagram e foi algo que as e os estudantes entenderon moi ben”.

Un reflexo dos paralelismos entre os comezos do século XX e do século XXI

Teresa Caneda explica que leva anos ensinando este poema e buscando o xeito de espertar o interese entre o alumnado. Como relata a docente, Eliot comeza a escribir este texto, “que é fundamentalmente unha expresin do desacougo do individuo ante a crise do mundo moderno, cando era estudante de doutoramento na Universidade de Harvard, con s 21 anos”. O autor convida ao lector “a seguir a Prufrock, un suxeito indeciso, paralizado polo medo a equivocarse, a ser xulgado, a parecer ridculo e atrapado na súa propia incapacidade para decidir. A grande irona é que, se ben o ttulo anuncia de xeito grandilocuente un canto de amor, o poema, que é unha proxeccin da mente de Prufrock, retrata un personaxe frxil, vulnerable e mesmo patético que est lonxe dos heroes romnticos”. Segundo Caneda, Eliot expresa as “que os patrns tradicionais da poesa, pero tamén do pensamento e dos comportamentos vitais herdados do século pasado, xa non serven ante os novos dilemas da vida moderna na que as grandes certezas se tambalean”. Polo tanto, con este texto “rompedor”, Eliot rebélase “fronte o pasado nunha época chea de conflitos sociais e polticos, como a nosa, e de cambios radicais tamén por mor da introducin de novas tecnoloxas”. Ese é o paralelismo que a profesora Caneda trata de transmitir ao seu alumnado, que forma parte  da chamada "xeracin de cristal" e que ten moito en común co “protagonista inseguro, dubitativo e frxil do poema”.

Iniciativa pioneira con resultados “impresionantes”

Para Caneda, este foi un proxecto “sumamente orixinal e pioneiro desde a perspectiva metodolxica” e “único nas universidades do Estado”  e os resultados foron “impresionantes”, amosando “unha comprensin e traballo co poema que non esperaba”. A bo seguro “nunca van esquecer este poema nin este autor fundamental do século XX, nin o que representou no seu momento nin como continúa a falarlle s lectoras e lectores do século XXI”. 

Ademais, a docente tamén pon en valor a aposta das Humanidades para ofrecer un “ensino actualizado e en consonancia co mundo e a sociedade actuais”, neste caso aproveitando as novas tecnoloxas para “reinventarnos e innovar”.