Nas XXII Xornadas Interxeracionais que acolle este xoves o campus
Alumnado de Educacin Social fomenta, a través do xogo, a convivencia en diversidade
Arredor de 150 persoas de diferentes idades, capacidades e orixes participan na iniciativa
Este xoves celébranse no campus de Ourense as XXII Xornadas Interxeracionais. Nelas, mis de 150 persoas de idades, capacidades e orixes moi diversas conviven e estreitan os seus lazos compartindo actividades de ocio, principalmente xogos. A cita est organizada como cada ano por alumnado do Grao de Educacin Social da Facultade de Educacin e Traballo Social e Ategal (Formacin Permanente e Ocio para Persoas Adultas), contando co apoio da citada facultade.
Ao longo deste curso académico, mis de medio centenar de estudantes de primeiro e segundo curso do citado Grao de Educacin Social traballaron na organizacin da actividade no marco da materia Educacin permanente, impartida polo educador social Milln Brea. O docente sublia o bo traballo feito polo alumnado implicado nesta iniciativa e pon en valor a dilatada traxectoria de mis de dúas décadas destas Xornadas Interxeracionais. “Nacemos fai 22 anos para xogar e iso séguese mantendo, coa dinmica inicial de que todas e todos estamos aqu para aprender, e no caso do alumnado, para medrar como futuros educadores e educadoras sociais que son”, sinala Milln Brea.
Compartir experiencias e fortalecer lazos
Pola súa banda, o alumnado universitario participante afronta o reto de levar a cabo estas xornadas como “unha oportunidade para compartir experiencias, fortalecer lazos entre xeracins e fomentar a participacin social a través de diferentes actividades”. Elas e eles son os encargados de este xoves guiar todo o desenvolvemento das xornadas e de cada xogo. No seu nome, Adrin Castro, alumno de primeiro curso de Educacin Social, destaca “a emocin de crear algo diferente das activades que se fan habitualmente”, facendo fincapé na diversidade, especialmente en idades, das persoas que participan. Trtase, apuntou, “de plantar esa semente da convivencia” tendo en conta que “sempre se empeza desde nada para crear algo”.
Nesta edicin de 2025 participan 150 persoas entre as que estn alumnado universitario, estudantes de ciclos superiores de formacin profesional do eido social e membros de asociacins como Down Ourense, Provivenda e ACCEM, centrada esta última en persoas inmigrantes e refuxiadas. Coa programacin proposta nas xornadas, explican desde a súa organizacin, búscase rachar dun xeito lúdico as barreiras presentes no da a da na sociedade entre os diferentes colectivos, sobre todo as referidas idade, ao mesmo tempo que o alumnado universitario frmase de xeito prctico en competencias necesarias para o seu futuro profesional.
A programacin arrancou como cada ano na Praza Maior de Ourense, onde os primeiros grupos participantes achegronse para quecer motores con diferentes xogos conxuntos e para ler o manifesto que cada ano realizan nestas xornadas. De seguido a actividade trasladouse ao pavilln de deportes do campus, onde ao longo da ma o alumnado de Educacin Social preparou e desenvolveu diferentes xogos para compartir coas persoas asistentes. Tras unha comida campestre conxunta, pola tarde, sern as persoas maiores de Ategal as que guiarn s e aos participantes en xogos de mesa que elas e eles aprenderon ao longo da súa vida, especialmente nos anos 50, 60 e 70 do século pasado. Despois dun longo da de actividade, a programacin rematar cunha merenda conxunta.
