Na celebracin este mércores na Praza Maior de Ourense da Xornada Musical
Alumnado de Educacin Primaria aproxima os xogos e bailes populares galegos a escolares de sete centros educativos
Participaron 200 escolares de 8 a 11 anos
Este mércores a Praza Maior de Ourense acolleu a celebracin dunha Xornada Musical con nenas e nenos de Educacin Primaria de diferentes centros educativos da cidade de Ourense e de Vern. Foron dúas horas de “xogos, ritmos, batucada e danza” na que alumnado da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense tivo un papel destacado encargndose de aproximar a danza tradicional galega cativada.
A xornada é froito do traballo realizado polo Seminario de formacin do profesorado sobre recursos musicais, coordinado polo Centro de Formacin e Recursos de Ourense, e contou coa colaboracin da Área de Educacin do Concello de Ourense. Nela estiveron arredor de 200 nenas e nenos de entre 8 e 11 anos procedentes de sete centros educativos da provincia. Por parte da 鶹 participaron, convidados pola organizacin da actividade, unha vintena de estudantes de segundo curso do Grao de Educacin Primaria, no marco da materia de Expresin e linguaxe musical, impartida pola profesora Luca Casal.
Pr en prctica o aprendido na aula
O alumnado do campus tivo na xornada o papel de apoiar o desenvolvemento das diferentes actividades e liderar concretamente as actividades de xogos-bailes populares galegos, como A xiralda e O lamboncio. “Estes xogos-bailes foron preparados na aula ao longo do cuadrimestre e participar nesta xornada foi unha estupenda oportunidade para que o noso alumnado implementase os procesos de ensino-aprendizaxe destas danzas con nenas e nenos de Primaria”, explica Luca Casal.
A participacin nesta Xornada Musical, indica a docente da 鶹, permitiulle aos futuros profesores e profesoras de Primaria que se forman no campus observar “de primeira man as dificultades que entraa a didctica da expresin musical coa cativada e buscar alternativas e solucins in situ”. A experiencia, sublia, “é o que forma profesionais, e esta foi unha grande oportunidade para pr en prctica cuestins traballadas e explicadas nas aulas da materia ao longo de todo o semestre”. Agradecendo o convite para participar nesta iniciativa, Luca Casal pon de relevo a boa acollida e o bo traballo feito na actividade polo alumnado do Grao de Educacin Primaria que voluntariamente se animou a implicarse nesta xornada.
