Na primeira sesin do Curso de Actualizacin Xurdica 2018/2019 deste centro
Alumnado de Dereito afonda nas imprudencias médicas e na pornografa vingativa nos ordenamentos italiano e espaol
A sesin contou coa participacin de dous profesores doutores da Universidade de Bolonia
O Curso de Actualizacin Xurdica 2018/2019 da Facultade de Dereito do campus de Ourense arrancou este venres cunha sesin centrada no dereito penal na que participaron dous profesores doutores da Universidade de Bolonia que abordaron, desde unha perspectiva comparada co ordenamento xurdico espaol, a responsabilidade penal en imprudencias médicas e a criminalizacin da pornografa non consentida en Italia.
Durante a inauguracin do curso, Francisca Fernndez Prol, vicedecana da Facultade de Dereito e coordinadora da iniciativa xunto decana Marta Fernndez, explicou como o curso, que xurdiu a iniciativa de profesorado do centro, celebra este ano a súa segunda edicin co obxectivo de continuar contribundo actualizacin de coecementos en diferentes reas do dereito de alumnado e profesorado. Para acadalo, propn un programa de sete conferencias doutros tantos especialistas das diferentes reas do dereito presentes na facultade ourens. “Nesta primeira sesin contamos cunha perspectiva de dereito comparado penal coa participacin de dous profesores da Universidade de Bolonia, que conta cunha facultade de dereito referente para todos os xuristas europeos”, apuntou Fernndez Prol na inauguracin.
Dous temas que xeran polémica
Dado que na primeira edicin non se puido celebrar unha sesin da rea de dereito penal esta foi a escollida para arrancar a programacin 2018/2019. As, explicou Virxilio Rodrguez, profesor contratado doutor de dereito penal da facultade organizadora, as persoas convidadas foron Matteo L. Mattheudakis e Gian Marco Caletti, profesores doutores “da facultade de dereito mis antiga de Europa” que contan cunha ampla traxectoria profesional, docente e investigadora a pesar da súa xuventude.
A sesin arrancou coa conferencia de Matteo L. Mattheudakis sobre a reforma da responsabilidade penal imprudente en Italia, en particular a reforma da culpa médica. Ao longo da súa intervencin, o investigador italiano explicou, desde unha perspectiva comparada coa lexislacin espaola, os conceptos mis importantes neste eido, especialmente en referencia s lesins e homicidios acontecidos por imprudencia médica. Tamén se achegou aos principios implicados nestes casos, como o de confianza ou divisin do traballo, e nos graos e tipos de imprudencias, desde as graves s profesionais. Ademais abordou a evolucin xurdica nestes casos. “A súa intervencin foi unha boa clase de dereito penal, xa que os conceptos son trasladables do dereito penal italiano ao espaol”, indicou Virxilio Rodrguez.
A segunda das conferencias levou por ttulo Revenge porn e tutela penal: reflexins sobre a especfica criminalizacin da pornografa non consentida. Nela Gian Marco Caletti abordou o coecido como porno vingativo, é dicir contido sexual explcito que se publica en Internet ou medios similares sen o consentimento da persoa que aparece nel. Durante a súa intervencin fixo un percorrido por algúns dos principais casos deste tipo que se teen dado en Italia, como o de Tiziana Cantone, e, ademais de abordar os conceptos xurdicos fundamentais que se manexan neles, achegouse s dificultades especficas do tratamento xurdico destas cuestins. “A pornografa por vinganza non se entende como un problema illado. Nun plano xeral, convén en cambio sinalar como as novas tecnoloxas (teléfonos intelixentes e Internet en primeiro lugar e, sobre todo, o uso que se lle vén dando rede), ademais de acrecentar a grande escala as consecuencias de condutas xa existentes, multiplicaron as ocasins de posibles invasins na privacidade sexual das persoas. A privacidade é invadida e manipulada segundo novas e diversas inclinacins”, comentou o profesor.
Unha de sete
Tras esta apertura, o Curso de Actualizacin Xurdica 2018/2019 continuar a súa programacin ata o 14 de xullo do vindeiro ano con outras seis conferencias nas que participarn José Mara Pérez, catedrtico de Historia do Dereito da Universitat de Girona; Mara José Corchete, profesora titular da Universidad de Salamanca; Alfonso Calvo, catedrtico da Universidad Carlos III de Madrid; Manuel Carlos Palomeque, catedrtico da Universidad de Salamanca, e Luis Antonio Velasco, catedrtico da Universidad de Valladolid. Nas súas intervencins tratarn cuestins como as confluencias entre o dereito e a teora literaria; como afrontar o conflito constitucional da obxeccin de conciencia e os silencios do lexislador; as perspectivas de futuro do dereito internacional privado europeo no século XXI; a utilidade hoxe en da do dereito do traballo; a publicidade denigrante para as mulleres e a administracin electrnica. Anda que especialmente deseadas pensando na actualizacin da formacin do profesorado e do alumnado de grao e mestrado do centro, as conferencias, pola súa vinculacin coa actualidade, tamén estn abertas asistencia de membros da comunidade universitaria doutras titulacins, profesionais e público en xeral.
