DUVI

Diario da 鶹

Cunha sentada na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte

O alumnado de Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte reclama unha lei que regule a súa profesin 

No marco dunha protesta convocada en todas as universidades que imparten esta titulacin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacins de Estudantes
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 24/11/2025

Estudantes do Grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte participaron este luns nunha sentada dirixida a reivindicar “a necesidade urxente dunha lei estatal de ordenacin dos profesionais do deporte”. A protesta desenvolvida na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte inserase nunha convocatoria promovida pola Asemblea Nacional de Estudantes da Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte (Anecafyde), que convidaba ao alumnado das mis de 60 universidades nas que se imparte esta titulacin en Espaa a secundar unha protesta centrada na “necesidade urxente” dunha lexislacin estatal “que recoeza, ordene de protexa o traballo das e dos profesionais das Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte”.

As o recolla o manifesto ao que deron lectura neste acto representantes da Delegacin de Estudantes desta facultade, que entre o 12 e o 16 de novembro acolla a XXX asemblea xeral da Anecafyde, que aprobou a convocatoria destas protestas en mis de 60 universidades, ante a falta de avances respecto do anteproxecto de lei para a súa regulacin profesional. O obxectivo destas mobilizacins, sinalaron desde a Anecafyde, era dar visibilidade a esta “falta de recoecemento profesional”, as como amosar a “preocupacin do colectivo estudantil” respecto dunha situacin que “afecta de maneira directa ao futuro laboral” dos futuros titulados e tituladas.

Unha falta de regulacin que “ameaza formacin universitaria”

“Somos un colectivo que se forma durante anos para desear, dirixir e avaliar actividade fsica e exercicio fsico con rigor cientfico, seguridade e responsabilidade social”, sinalaba un manifesto que pua tamén o foco nas consecuencias desta ausencia dunha regulacin profesional no mbito estatal. Esta, denunciaron os promotores desta protesta, “pon en risco a calidade e seguridade dos servizos fsico-deportivos”, ao tempo que contribúe ao “intrusionismo, precariedade e desprestixio” e supn unha “desigualdade territorial”, ao existir normativas nalgunhas comunidades autnomas. Do mesmo xeito, a falta desta ordenacin profesional supn tamén unha “ameaza formacin universitaria” neste eido, ao permitir que tanto graduados e graduadas, como técnicos e técnicos superiores puidesen, segundo recolle este manifesto, “exercer as mesmas profesins, a pesar de ter niveis formativos e competencias claramente distintas”. 

De a que a protesta que tivo lugar nas portas do centro, completada por unha sentada no seu interior, tivese como obxectivo reclamar unha lei “que recoeza, ordene e protexa o traballo das e dos profesionais das Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, en coordinacin e complementariedade co resto de profesins implicadas, ao servizo dunha sociedade mis activa, mis saudable e mis xusta”.