Nunhas xornadas de innovacin que se celebran ao longo deste mes
Alumnado do campus frmase para transformar as súas ideas en emprendementos
No marco da programacin do Campus Auga
O campus de Ourense acolle este mes de novembro a celebracin dunha Formacin para a innovacin: o emprendemento do alumnado universitario. A actividade est coordinada por Javier Rodeiro e Mara Montserrat Cruz, profesorado da Escola Superior de Enxeara Informtica, e busca dar s ao esprito emprendedor do estudantado. A iniciativa conta co apoio e financiamento do Campus Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia.
As xornadas, de balde, estn recoecidas cun crédito ECTS, ademais de diploma acreditativo, e celébranse en horario de tarde no edificio Campus Auga os das 5, 12, 19 e 25 de novembro. Estn inscritos 17 alumnas e alumnos, a maior parte da Escola Superior de Enxeara Informtica pero tamén do Grao de Turismo (Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo) e do Grao de Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos (Facultade de Ciencias). “O noso obxectivo é formar ao alumnado nun tema pendente como é o emprendemento empresarial”, explican desde a organizacin da actividade.
A primeira sesin, ofrecida por Javier Rodeiro, tivo lugar o da 5 e centrouse na idea e no modelo de negocio. Seguiralle o da 12 unha sesin sobre a perspectiva xurdica das distintas formas de emprendemento, a cargo de Juan Manuel de los Ros. Xa o da 19 de novembro Francisco Javier Snchez Sellero abordar co alumnado asistente a viabilidade econmico-financeira dos negocios e o da 25 Vanessa Mª Surez e Mara Montserrat Cruz falaranlles da promocin e comercializacin do proxecto empresarial. A formacin ten un carcter enfocado súa aplicacin real, buscando darlle ao estudantado coecementos que lle axuden a transformar en realidade as súas ideas de emprendementos.
Venture Lab Campus Auga
O evento enmrcase no Venture Lab Campus Auga, iniciativa que arrancou o ano pasado levando a cabo unha primeira edicin destas xornadas de Formacin para a innovacin. O emprendemento do alumnado universitario. Seguiulle a publicacin do libro Plan de Formacin de Innovacin 2024, que ofrece un enfoque integral sobre o emprendemento empresarial, adaptado de xeito espacial s necesidades do alumnado universitario interesado neste tema. Este manual é un dos materiais empregados polas e polos asistentes s xornadas que se estn a celebrar este mes no campus.
Este curso académico a programacin deste Venture Lab arrancou coa celebracin en setembro da xornada Emprendendo no campus, na que os membros da comunidade universitaria e persoas interesadas tiveron a oportunidade de coecer de primeira man os proxectos de estudantado que xa deron o paso de emprender e que, en diversos concursos e convocatorias deste eido, lograron destacar. Complementando a programacin da formacin que agora se imparte no Campus Auga e como peche das actividades do Venture Lab Campus Auga deste ano, est prevista a celebracin en decembro dunha xornada na que se contar con emprendedoras e emprendedores externos inspirarn ao alumnado universitario coas súas experiencias e proxectos.
