‘Actitud’ é o ttulo da exposicin colectiva en Nijmegen na que participan Ana Pérez e Brais Romero
O alumnado de Belas Artes proxéctase en Holanda con actitude
O estudante Diego Paz participa noutra mostra en Tillburg
Actitud, en casteln, é o ttulo da exposicin colectiva que nestas semanas pode verse no espazo Expoplu da cidade holandesa de Nijmegen e que reúne as creacins de dous estudantes da Facultade de Belas Artes, Ana Pérez Valdés e Brais Romero, xunto a obras das holandesas Danielle Lemaire e Kayleigh Smetsers e da finesa Henna Nerg. Trtase dunha das exposicins xurdidas da última edicin do encontro internacional Apprentice Master, que o pasado mes de outubro reuniu en Holandaa estudantes de universidades e escolas de arte de diferentes pases europeos e no que a 鶹, a través de catro estudantes desta facultade,volveu ser a única representante espaola.
Neste encontro promovido pola plataforma articulronse unha serie de grupos de estudantesde diferentes pases que traballaran conxuntamente nun proxecto expositivo baixo a coordinacin dun ou un artista mis experimentado, Danielle Lemaire, no caso de Actitud, e Cindy Moorman, no caso de The I and the Other, a mostra que o pasado 31 de maio se inauguraba na propia sede de Kunstpodium T en Tillburg reunindo os traballos de Paz, xunto aos da holandesa Jaleesa Mallee, da colombiana residente en Bruxelas Angyvir Padilla e a britnica Carla Lavin.
O resultado de cinco das de traballo conxunto
“A idea global que percorre a exposicin é o concepto de fogar, unha evolucin do noso punto de partida común que era a nosa actitude cara o mundo da arte e a nosa posicin ou punto de vista sobre el”, explica Pérez Valdés de Actitud, nome que, explica xurdiu da proposta doutras das súas compaeiras nunha mostra para a que inicialmente se barrallara o termo attitude en inglés, “pero gustou mis a súa versin espaola polo xogo de palabras e o significado de act (acto ou actuar)”. Debuxos, serigrafas, instalacins, vdeo e elementos téxtiles integran unha exposicin na que, recoece, cada artista, “achegouse a este tema de maneiras moi distintas” e que é o resultado, engade Romero, dunha semana de convivencia e traballo conxunto, “de montaxe e desmontaxe constante, probando mil combinacins diferentes” co propsito de que as diferentes obras “interactuasen coas pezas dos demais”.
No caso de Pérez Valdés a “memoria e a persistencia dos recordos” foron o eixo dunha peza en vdeo e de tres debuxos realizados sobre lenzo, nos que combina a tinta co bordado e a instalacin, e nos que “únense o pasado co presente”. De feito, unha das súas achegas a Actitud é unha das primeiras obras “realizadas con certa intencin ou certa conciencia artstica”, un lenzo de hai unha década ao que incorporaba corpos bordados e que lle serviu como punto de partida para abordar nesta mostra “a construcin e deconstrucin dos corpos”. Brais Romero, pola súa banda, achegou a Holanda dúas pezas de arte grfica, “completamente abstractas, dous planos de cor”, pero xurdidas a partiresdeimaxes de persoas sen teito. Obras que instalou nesta exposicin xunto a cartns e pxinas de xornais, e nas que “a medida que te aproximabas s obras podas ler homeless e intentabas relacionar as formas e construr a imaxe”.
“Penso que foi moi construtivo intercambiar ideas, proxectos e traballar xuntos”, engade Romero do que foi unha semana de convivencia, mis al do propio traballo no espazo expositivo, que se engade “o propio feito de ver como funcionan outros lugares, do concepto que teen al dos espazos expositivos, xa que al hai mil opcins para mover a túa obra”. “O mis interesante ao final é poder dialogar con compaeiros procedentes doutras escolas de arte europeas e ver como traballan, compartir puntos de vista, ideas e opinins”, engade Ana Pérez, que incide tamén na oportunidade que esta mostra supn "para dar a coecer o noso traballo fra da nosa zona de confort”.
