DUVI

Diario da 鶹

Na actividade participou alumnado deste concello e de Ribadavia

Allariz acolleu a segunda das xeiras de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos

Con esta iniciativa a 鶹 sumouse conmemoracin do centenario desta institucin cultural

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Charlas e seminarios
  • Cultura
  • پܱ
  • Institucional
DUVI Ourense 26/05/2023

Tras arrancar o pasado venres en Ribadavia, este venres tocoulle a Allariz acoller a segunda e última sesin das Xeiras con Historia, unha iniciativa coa que a 鶹 se uniu celebracin este ano do centenario da creacin en 1923 do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha institucin cultural creada por intelectuais galeguistas para estudar e divulgar o patrimonio cultural e lingüstico de Galicia. Na actividade participou alumnado do IES Allariz e do IES O Ribeiro (Ribadavia).

Balance moi positivo

As Xeiras con Historia estiveron coordinadas pola Área de Normalizacin Lingüstica e a Vicerreitora de Extensin Universitaria da 鶹 e nela participaron a Fundacin Otero Pedrayo, a Fundacin Vicente Risco, a Fundacin Losada Diéguez e a Facultade de Historia do campus de Ourense. Ademais contaron coa colaboracin dos IES Allariz e o IES O Ribeiro e os concellos de Allariz e Ribadavia. No seu peche, Susana Reboreda, vicerreitora de Extensin Universitaria, quixo agradecer as entidades e persoas participantes nesta iniciativa a súa colaboracin e darlle os parabéns “polo bo traballo realizado”. A responsable académica fixo un “balance totalmente positivo da experiencia” apuntando que “os obxectivos propostos cumprronse con creces” xa que “realmente os rapaces e rapazas dos dous institutos participantes viviron a experiencia de dúas xeiras: dúas xeiras que consistiron na realizacin pola súa parte duns traballos etnogrficos marabillosos, con perspectivas moi diferentes” e que se complementaron con actividades relacionadas coa arqueoloxa e a literatura.

Inspirndose no sistema de investigacin do SEG

Nesta segunda xeira, o alumnado de Ribadavia foi acollido polo alumnado do IES Allariz e expuxo al os seus traballos etnogrficos. Na súa benvida foron recibidos ademais de por Susana Reboreda pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid. Ao remate visitaron o xacemento de Armea, onde o director do proxecto arqueolxico deste enclave, o investigador do  Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da 鶹 Adolfo Fernndez, explicou o desenvolvemento das escavacins e os resultados acadados durante estes anos. Para rematar a actividade houbo unha visita guiada e breve charla sobre o papel de Vicente Risco na SEG por Antonio Blanco, vicepresidente da Fundacin Vicente Risco, e un xantar en Allariz.

A iniciativa inspirouse no “novidoso e xenuno” sistema de investigacin que denominaron xeiras empregado a partir do ano 1926 polos membros do Seminario de Estudos Galegos. “O procedemento era o seguinte: as diferentes seccins do SEG acordaban unha comarca e todos os membros dispoibles desprazbanse al, arredor dunha semana, para traballar directamente sobre o terreo ao mesmo tempo. O obxectivo era aplicar un enfoque integral cunha perspectiva multi e interdisciplinar. Visitaban xacementos arqueolxicos, igrexas, pazos, romaras, realizaban anlises xeolxicas, etc”, detallan desde a organizacin da actividade.

Partindo desta metodoloxa, a proposta das xornadas, comentan desde a súa organizacin, foi “pr en marcha unha experiencia similar con alumnado de Educacin Secundaria dos concellos de Allariz e Ribadavia, co obxectivo de transmitir e experimentar esta singular va de investigacin no mbito da cultura galega, en concreto nas reas da historia, arqueoloxa, literatura, etnografa e arte”. Con esta idea, as e os estudantes participantes estiveron a realizar un pequeno traballo de recollida de saber de persoas maiores da súa contorna que plasmaron en vdeos curtos e que se proxectaron nestas xeiras.