Filoloxa e Traducin acolleu unha homenaxe escritora e xornalista Begoa Caamao
Unha agarimosa despedida "voz lila da literatura galega"
Amigas como Uxa ou Mara Xosé Queizn participaron, xunto coa familia, neste acto
Feminista e loitadora, Begoa Caamao tia recoecido que chegara literatura case sen querelo. Profesora de formacin, xornalista de profesin, escritora por devocin e feminista por convencemento, deixou dous libros Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle convertidos xa en imprescindibles da literatura galega. Hoxe amigos, familia e a comunidade educativa despedronse desta “loitadora polos dereitos da muller, da infancia e dos traballadores”, como a lembraba a súa amiga, Amanda Álvarez. Ela, xunto con outras escritoras como Mara Xosé Queizn, Rexina Vega ou Xulia Alonso rendéronlle “un ata pronto” tras o seu falecemento o 27 de outubro e despois de loitar contra o cancro durante mis de dous anos e medio. A través dos recordos persoais de cada unha delas, de fotografas e vdeos e sobre todo a través as súas obras, fixeron un percorrido pola súa vida e o seu xeito de vivila, cun inmenso amor, con sentido do humor e con moita intelixencia, pero sobre todo con folgos para plantarlle cara desigualdade, opresin e inxustiza, sempre cunha perspectiva de xénero. “Saba meter o dedo da chaga no momento indicado”, lembraba Queizn, que fora profesora dela na nenez. “Non lembraba terlle dado clase, pero cando nos atopamos anos despois, quedei namorada dela, dos seu sorriso e dos seus ollos, que abran un mundo”, destacaba a escritora.
Herdeira da tradicin oral e das historias das mulleres das xeracins pasadas, Begoa Caamao defina a súa escrita como "antipatriarcal e feminista". Viguesa de nacemento, iniciou a súa traxectoria como xornalista en Radio Noroeste. Tras presentarlle a súa novela Circe o pracer do azul a Mara Xosé Queizn, esta sae rúa en 2009. Do mito clsico, salta o mito celta coa publicacin en 2012 de Morgana en Esmelle. Este libro valeulle o aplauso de crtica e público e obtivo premios como o Ánxel Casal, o premio da AELG, o Losada Diéguez ou o da Crtica da narrativa galega.
Fronte aos mitos e heres masculinos, a realidade feminina
A súa revisin de mitos clsicos e célticos dndolle a voz s mulleres fxoa convertese “na voz lila da literatura galega”, e foron dúas alumnas de 4º curso do grao de Estudos de Galego e Espaol, as encargadas de analizar neste acto como Begoa Caamao d nas súas obras a voz s mulleres. Penélope e Circe non se enfrontan por Ulises, el é s o fo conductor que as une nunha fonda amizade, rexeitando as o papel esttico da visin patriarcal das mulleres como meras espectadoras nos mitos e heroes clsicos. Tamén Morgana d un paso fronte na súa segunda novela, revelndose como unha muller forte, protagonista da súa propia vida. Os seus libros son o seu legado, por iso neste acto se animou a mantela viva a través da súa obras, “ese é o xeito de que siga no noso maxn”, reflexionaba Mara Xosé Queizn. Rexina Vega destacaba das súas novelas que “iluminaba os mitos dende os ollos da muller e por iso a causa da muller en Galicia gaar cada vez que a lembremos e cada vez que a leamos”.Anda que a militancia feminista foi posiblemente a súa maior loita, tamén traballou arreo no eido do sindicalismo, concretamente na Radio Galega, onde desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional como xornalista, dende que 1989 comezou na delegacin de Vigo, ata pasar en 1992 redaccin central en Santiago. “Era unha loitadora polo esclarecemento das causas inxustas”, como a definiu Maica Aguado, compaeira de profesin.
Por todo iso deixou unha fonda pegada nos que a coeceron, sobre todo entre os mis achegados. Dúas das súas mellores amigas, Amanda Álvarez e Uxa, explicaban como Begoa “teca afectos e xuntas pasamos momentos horribles e marabillosos”, repartindo o tempo entre “os seus amorios e os seus amores”. Entre estes últimos a súa parella, a súa irm, os seus sobrios e as amigas mis achegadas, “entre as que teo a sorte de atoparme”. Álvarez tivo palabras de agarimo para todos eles, pero tamén para reivindicar as loitas de Caamao, “defensora da sanidade e da educacin públicas e da loita feminista”. A súa amiga recordaba como Begoa estaba moi sensibilizada coa “regresin entre a mocidade no eido da igualdade, vendo como mulleres cunha excelente formacin e gran potencial s teen como única meta o casar”, un retroceso que sucede, como recoeca, tras décadas de loita feminista. Irreverente, sedutora, intelixente, loitadora, subversiva e brillante, para a súa familia e amizades e tamén para os seus lectores, Begoa Caamao pervivir a través de Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle.
