O catedrtico da EE Forestal é un dos autores dun traballo que reuniu especialistas de 17 pases
Adolfo Cordero participa na elaboracin dun plan de accin internacional para a conservacin das libélulas
No documento, poen de relevo o seu papel como “indicadores da calidade dos ecosistemas”
Ameazas como a perda dos seus hbitats, a transformacin da paisaxe, a contaminacin, a propagacin de especies invasoras ou a alteracin hidrolxica contribúen a que, na actualidade, o 16% das mis de 6400 especies de libélulas descritas en todo o mundo se atopen ameazadas. Partindo do papel que xogan estes odonatos na proteccin dos ecosistemas, un grupo de 28 entomlogos e entomlogas de 17 pases definiron un plan de accin para a conservacin destes insectos. O catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero é un dos autores deste traballo publicado na revista cientfica Insect Conservation and Diversity, que presenta como “un chamamento a protexer as libélulas”. Partindo de que estas constitúen “unha compoente importante da biodiversidade”, os autores deste artigo propoen accins como aumentar a monitorizacin das poboacins, mellorar as actividades de conservacin da paisaxe utilizando libélulas ou inclulas na avaliacin estndar de riscos ecotoxicolxicos, as como promover accins de educacin ambiental.
Promovido polo profesor Michael J. Samways, da Universidade de Stellenbosch (Surfrica), Cordero, investigador principal do grupo EcoEvo (Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin), é o único entomlogo espaol participante neste traballo. O seu obxectivo, sinala, é “facilitar a comunicacin de ideas clave sociedade, tentando que a linguaxe sexa de fcil comprensin e que os problemas clave se identifiquen, as como posibles solucins”. Con esa idea, o estudo aborda en primeiro termo os riscos ambientais que enfrontan estas especies, para logo incidir nos progresos logrados en materia de conservacin e presentar finalmente un plan de accin para a preservacin das libélulas e dos seus ecosistemas, a partir de “investigacins e proxectos exitosos en diversas partes do mundo”.
“Sentinelas dun mundo cambiante”
“As libélulas son sentinelas accesibles e establecidas dun mundo cambiante”, sinala o grupo de entomlogos responsable deste traballo, que incide no valor destes insectos na avaliacin “tanto do deterioro das condicins ambientais como da recuperacin dos ecosistemas”. Nese senso, Cordero lembra que se trata de organismos “con vida anfibia, que precisan de boas condicins tanto nos ecosistemas acuticos, como larvas, como nos ecosistemas terrestres, como adultos”, o que fainos “especialmente importantes como indicadores” da calidade de ambos. De feito, un realizado por Cordero e a integrante do grupo EcoEvo Anais Rivas pua de relevo o “papel dos odonatos como exportadores de materia dende os ecosistemas de auga doce” aos terrestres, a medida que os exemplares adultos se afastan da auga.
Mais, ademais de como “indicadores”, as libélulas poden contribur tamén “seleccin de reas para a conservacin”, posto que aquelas zonas “que teen unha riqueza especialmente alta de odonatos poden ser tamén especialmente relevantes como reservas para moitos outros grupos de organismos”, sinala o investigador da 鶹.
Da conservacin educacin
Tras afondar nas principais ameazas que afectan a estes insectos, este grupo de investigadores definiu unha serie de accins de conservacin de carcter global, pero aplicables nunha escala local, partindo da necesidade de “inclur mis amplamente as libélulas nas actvidades e polticas xerais de conservacin da biodiversidade”. En primeiro termo, sublian a necesidade de “continuar e ampliar a avaliacin e a monitorizacin” das súas poboacins e distribucin, incidindo na necesidade de “informacin de referencia slida para coecer e abordar as respostas s ameazas e o estado de risco”. Neste eido, destacan o papel que poden xogar tanto a ciencia cidad como as ferramentas tecnolxicas e o valor que ten o desenvolvemento de bases de datos que contribúan a un seguimento a escala global.
Partindo do seu papel como indicadores da calidade dos ecosistemas, este grupo de especialistas propn tamén empregar as libélulas para “mellorar as actividades de conservacin da paisaxe”, a través de accins que vinculen ecosistemas terrestres e que favorezan a conectividade entre hbitats. Do mesmo xeito, avogan tamén por “garantir a integracin” dos odonatos “noutras iniciativas de conservacin”, dado o “enorme potencial” destas especies para medir os resultados de programas de restauracin dos hbitats, prcticas sustentables do uso do solo ou proxectos de enerxa limpa.
Este grupo de especialistas propn as mesmo utilizar os odonatos “para avaliar os impactos especficos dos contaminantes como un compoente dos protocolos da Organizacin para a Cooperacin e o Desenvolvemento (OCDE)”, dado que estes insectos non se inclúen “na actual avaliacin de riscos estandarizada” para as probas ecotoxicolxicas de substancias qumicas. Finalmente, defenden pr en valor o seu “valor fundamental tanto para auga como para as terras adxacentes” a través da educacin ambiental, con accins que contribúan a achegar cidadana a súa importancia en materia de conservacin.
