DUVI

Diario da 鶹

Nunha mesa redonda organizada con motivo do centenario da EU de Estudos Empresariais

As administracins públicas fan unha chamada a “rachar” o teito de cristal que impera no sector martimo pesqueiro

Manuel Reigosa e Carmela Silva, partidarios de establecer ferramentas que mitiguen esta realidade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
  • Reitor
  • Institucional
D. Besado DUVI 29/09/2021

Levan anos traballando no sector martimo pesqueiro en todas as súas vertentes: foron, son e sern redeiras, mariscadoras a pé, percebeiras, investigadoras, oceangrafas, xestoras... pero seguen sendo minora nos postos directivos, tanto na empresa privada como nas administracins públicas. As se denunciou este mércores na apertura das r, organizadas desde a Escola Universitaria de Estudos Empresariais con motivo do seu centenario e que inclúen toda unha serie de iniciativas para promover a sensibilizacin de xénero neste colectivo, “fundamental para a actividade econmica da cidade de Vigo e de Galicia en xeral, pero que est en condicins de desigualdade con respecto aos homes que traballan no mesmo sector”, tal e como subliou a directora da escola Consuelo Currs na apertura das xornadas.

Foi unha mesa redonda institucional que contou coa participacin do reitor, Manuel Reigosa; a presidenta da Deputacin de Pontevedra, Carmela Silva; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vzquez Almuia; a investigadora e exdirectora do Centro Oceanogrfico de Vigo, Mª Victoria Besada, e a administradora de Operacins de Control da Axencia Europea de Control da Pesca, Idoia Senz. Todas e todos fixeron unha chamada común a romper o forte teito de cristal que seguen a sufrir as mulleres do mar, unha chamada a “rachar con todos os impedimentos que teen as mulleres para poder ocupar os espazos que lle corresponden”, tal e como salientou a presidenta da Deputacin de Pontevedra, Carmela Silva, quen lembrou que “a economa do mar sempre tivo nome de muller: iso si, con salarios e condicins precarias e invisibilizadas”.

Tamén nesta lia se manifestou o reitor, Manuel Reigosa, que fixo fincapé en que “est claro que non hai igualdade, que os teitos de cristal seguen a existir, que se fixo moito pero que queda moitsimo por facer”, recalcou o reitor, quen tamén amosou a súa preocupacin polo retroceso de matrcula de mulleres nas carreiras STEM.

Tanto Reigosa como Silva aproveitaron a súa presenza neste acto para defender a posta en marcha de medidas legais que axuden a corrixir esta situacin, “que é unha inxustiza de seu”, tal e como recalcou o reitor.

Multitude demulleres no sector, pero moi poucas en postos directivos

Foi unha mesa redonda na que se ofreceron múltiples datos que puxeron cifras a unha realidade: hai multitude de mulleres vinculadas ao sector martimo pesqueiro pero moi poucas que accedan aos postos de direccin. Entre outros datos, a presidenta da Deputacin de Pontevedra explicou que a Federacin Galega de Confraras conta con dúas mulleres no seu comité executivo de 12 persoas (supoen o 16%), cando hai nelas 12.734 persoas afiliadas e o 31% son mulleres. Tamén subliou que s hai 6 mulleres patroas maiores nas 63 confraras e 16 vicepatroas e lamentou que, por exemplo, o Centro Oceanogrfico de Vigo conte con s un 17% de mulleres en postos directivos a pesar de que as investigadoras xa supoen o 60% do persoal, tal e como indicou nesta mesma mesa redonda Mª Victoria Besada, primeira directora do Centro Oceanogrfico de Vigo. Silva lembrou as mesmo que en Espaa as mulleres representan o 15% da afiliacin ao réxime especial do Mar, “pero son mis dun terzo de toda a man de obra desta cadea na industria”, ao que engadiu que das 3.792 persoas mariscadoras a pé, o 72% son mulleres, o 63% na provincia, “pero nos rganos de direccin tampouco estamos”.

Ademais das cifras, os intervientes na mesa redonda quixeron pr en valor a inmensa vala das mulleres vinculadas ao mar. Nesta lia o presidente da Autoridade Portuaria lembrou o papel “fundamental” que tiveron na historia de Galicia as mulleres vinculadas ao mar, “desde as redeiras, ata as que traballan na industria conserveira ou do conxelado, pasando por todas as viúvas do mar que tiveron que sacar solas as súas familias adiante ou a todas as mariscadoras que, da a da, loitan contra o furtivismo e a pesca ilegal”.

Mis conferencias e mesas redondas con mulleres do mar

Tras a apertura das xornadas con esta mesa redonda institucional, o programa de actividades continuar esta tarde. Primeiro, s 17.00 horas, ter lugar unha conferencia de Mariana Toussaint, experta en cuestins de pesca da FAO, a organizacin das Nacins Unidas que lidera o esforzo internacional para pr fin fame. Doutora pola 鶹 e antiga alumna da escola, Toussaint centrar a súa intervencin en facer unha presentacin global sobre a presenza das mulleres na pesca e a acuicultura. A continuacin, s 19.00 horas, celebrarase unha mesa redonda coa participacin de mulleres con oficios como percebeira ou redeira na que se falar tamén da seguridade e as discriminacins nestes oficios.

Para ma xoves est previsto celebrar a conferencia Diagnstico de xénero: mulleres na industria pesqueira? Impartida por Camile Cherques, da Organizacin Internacional de Mulleres na Industria Pesqueira, e cunha pequena intervencin de Marie-Christine Monfort, unha das fundadoras desta institucin e membro do seu Consello Executivo. Xa pola tarde, celebrarase unha nova mesa redonda, neste caso centrada no papel das mulleres que exercen postos de xestin.

Exposicin fotogrfica, proxeccins audiovisuais e visitas

Ademais das xornadas institucionais, que poden seguirse va streaming, o programa de Mulleres do mar, mulleres no mar inclúe tamén a celebracin doutras actividades de carcter mis cultural. Dunha banda, desde este luns e ata o vindeiro venres 8 de outubro a escola acolle a exposicin fotogrfica Sustentabilidade en feminino: achega das mulleres sustentabilidade do mar, unha mostra itinerante dedicada a recoecer as achegas das mulleres economa do mar e a sustentabilidade, desde mbitos como a educacin, a investigacin e os oficios propios do mar. Esta iniciativa, que xa leva percorrido diferentes concellos de toda a xeografa galega, est desenvolvida polo grupo de investigacin da Área de Didctica das Ciencias Experimentais da 鶹, baixo a coordinacin da profesora Mara Álvarez Lires, coa colaboracin do Campus do Mar, a Deputacin de Pontevedra e a Unidade de Igualdade.

As proxeccins audiovisuais son outro dos eixes do programa, inclundo tanto curtametraxes como a proxeccin da longametraxe A illa das mentiras da galega Paula Cons, con que se realizar un coloquio posterior. Estreada en 2020 en plena pandemia, a pelcula rodouse na illa de Slvora e nela retrtase a sociedade de principios do século XX en Espaa a través da historia de tres mozas que vivan na illa e que puxeron en risco as súas vidas para salvar aos superviventes do vapor Santa Isabel, que se dirixa a Bos Aires e naufragou fronte costa da illa de Slvora. O filme saca luz a historia de tres mulleres que se saron da norma establecida para levar a cabo un acto heroico polo que primeiro foron aplaudidas e homenaxeadas, para despois ser vilipendiadas e, finalmente, esquecidas.

O programa complétase ademais cunha visita ao Museo Mass de Bueu este venres s 17.00 horas e un percorrido nutico pola ra de Vigo o vindeiro xoves da 7 mesma hora. Todas as actividades son de balde, se ben se recomenda inscricin previa na web do centro.