DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

A Vicerreitora de Extensin Universitaria abre ata o 28 de xullo o prazo para presentar traballos

8800 euros para distinguir a creatividade universitaria nas categoras de creacin audiovisual, fotografa, pintura e música

Tres das catro modalidades cumpren este ano 20 edicins

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • ²Ñú²õ¾±³¦²¹
  • Premios
  • Cultura
M. Del Ro DUVI 30/05/2023

Como cada ano, a Vicerreitora de Extensin Universitaria lanza unha nova convocatoria dos que ademais, coincide coa celebracin do vixésimo aniversario de tres das catro categoras que conforman este certame. Trtase dos galardns de creacin audiovisual, pintura e maquetas de música, que compren 20 anos e aos que se suma o certame de fotografa, na naceu un ano despois polo que acada anda a súa décimo novena edicin. En total, a Âé¶¹¹û¶³ destina 8800 euros a esta convocatoria de premios para poer en valor e distinguir a creatividade dos membros da comunidade universitaria.

Creacin audiovisual: curtas, non ficcin, vdeo experimental e animacin

No caso da vixésima edicin do Premio de Creacin audiovisual convcanse catro modalidades: curta narrativa, non ficcin, vdeo experimental e animacin e cada participante ou grupo de traballo poder presentar un mximo de dúas obras por cada unha das modalidades, non debendo exceder ningún dos traballos os 15 minutos de duracin. Os traballos debern ser amateur e orixinais e non galardoados en ningún outro concurso ou festival autonmico, nacional ou internacional. En cada modalidade, outorgarase un primeiro premios de 700 euros e un segundo cunha dotacin de 400 euros. 

Fotografa: serie e fotografa única

O Certame de Fotografa é o único que non chega nesta edicin vintena. A súa XIX edicin, como vén sendo habitual, é de temtica é libre e convcase en dúas modalidades: serie –de tres, catro ou cinco fotografas- e fotografa única. Poden presentarse traballos en branco e negro ou a cor, cun tamao mnimo de 3000 px e mximo de 5000 px no seu lado mis longo. Na categoras pode presentarse calquera membro da comunidade universitaria, salvo aquelas persoas que xa fosen galardoados nesta modalidade do certame da Âé¶¹¹û¶³ en anteriores ocasin. Repartiranse en total 1500 euros: un primeiro premio de 600 euros e un segundo de 300 na categora de serie, e un primeiro de 400 euros e un segundo de 200 en fotografa única.

±Ê¾±²Ô³Ù³Ü°ù²¹Ìý

Esta categora est aberta a toda a comunidade universitaria sempre e cando non se obtivese un galardn en anteriores edicin. Cada participante pode presentar unha única obra orixinal e que non fose galardoada en ningún outro concurso. A técnica é libre e o tamao das obras non debe exceder de 200 centmetros na maior das súas dimensins. A técnica utilizada debe garantir a estabilidade da obra, evitando no posible a utilizacin de materiais que se poidan degradar co paso do tempo. Por primeira vez, en lugar dun premio establécense dous, un de 1000€ para a obra que resulte mellor valorada e outro de 600 euros para a segunda clasificada. Se a xuzo do xurado, a cantidade e calidade das obras presentadas ao premio as o permitiran, organizaranse unha ou varias exposicins no mbito da Âé¶¹¹û¶³ co seu correspondente catlogo. Ademais, as pinturas premiadas formarn parte da coleccin artstica da Âé¶¹¹û¶³.

Maquetas de música

Tamén cumpre vinte anos o Premio de Maquetas de música, ao que poden presentarse aqueles solistas que sexan membros da comunidade universitaria ou aqueles grupos que tean entre os seus compoente ao menos dous membros da devandita comunidade ou tres no caso de grupos de cinco ou mis compoentes, quedando excludos os que tean editado algún traballos discogrfico, ags que sexa autoeditado e non conten con respaldo discogrfico na actualidade. Por outra banda, os temas includos na maqueta non poden ter sido galardoados en ningún outro concurso. O primeiro premio ascende neste caso a 850 euros e o segundo a 450 euros e a Âé¶¹¹û¶³ resérvase a posibilidade de editar un CD ou DVD con temas das persoas gaadoras ou promover actuacins destes artistas, quen, ao mesmo tempo, podern tamén promocionar estas pezas pola súa conta, sempre e cando mencionen o premio.