DUVI

Diario da 鶹

Segundo un novo informe do Observatorio Stop Machitroles impulsado pola Ctedra de Feminismos 4.0

O 63% das situacins de acoso dixital son exercidas por homes coecidos da vtima

O estudo analiza a violencia machista dixital a través de novas da prensa galega

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 14/11/2022

O 63% das situacins de acoso que se producen na contorna dixital son exercidas por homes coecidos pola vtima. Esta é unha da principais conclusins do estudo presentado este luns na sede da Deputacin de Pontevedra na cidade de Vigo pola deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, e pola directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez.O documento presentado hoxe constitúe o segundo informe do Observatorio Stop Machitroles, un rgano que ten como obxectivo “medir a incidencia da violencia machista no mbito dixital” e que se creo ao abeiro da Ctedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Deputacin de Pontevedra e a 鶹.

Este segundo estudo centrouse na anlise das novas relacionadas coa prevalencia e a tipoloxa do acoso machista dixital, a través das novas publicadas na prensa escrita. Deste xeito, o informe convértese nun “indicador da importancia deste fenmeno para os medios, e amosa en que grao o acoso dixital machista é susceptible de converterse en noticia”, explicaba na presentacin a directora da Unidade de Igualdade. Para a súa realizacin, detallaba, “empregronse como fonte publicacins do perodo que vai entre xaneiro e setembro de 2022”, centrndose en medios dixitais da prensa galega e contrastando e confrontando co medio estatal mis lido, El Pas, que ademais, conta cunha correspondencia de xénero. Para acoutar a informacin, buscronse termos claves como «acoso», «dixital», «muller» e «violencia», e recolléronse todas as noticias nas que aparecan estes tpicos. As, en total, foron 245 novas as que se analizaron, das cales 151 foron publicadas en medios galegos (61,6 % do total). O documento non inclúe, como sublimaba Gmez, “o tratamento xornalstico dos feitos relatados (sensacionalismo, perspectiva de xénero no enfoque, visin sexista, seccin na que aparece a noticia, contido e datos que achega etc.), senn que utiliza as novas como indicios dun feito de violencia machista dixital”.

A deputada de Turismo e Xuventude da Deputacin de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, que participou na presentacin da investigacin, asegurou que esta anlise de prensa “amosa que as violencias machistas dixitais constitúen un problema socioestrutural que non se pode enmarcar en conflitos interpersoais”. Salientou tamén a necesidade de elaborar estudos coma este, sobre todo nunha sociedade na que “unha porcentaxe elevadsima de rapazas non perciben como violencia machista que as súas parellas lles revisen o teléfono” ou que sexan negacionistas da violencia machista.

S o 10% dos acosadores son descoecidos

O estudo delimita tres formas de violencia dixital misxena: a que exercen parellas, ex-parellas ou persoas prximas; a que dirixe conta mulleres con presenza pública e, en terceiro lugar, a violencia da manosfera, unha rede dixital organizada para difundir os discursos de odio contra as mulleres.

Os datos obtidos nesta investigacin permiten afirmar que mis da metade dos acosadores forman parte do mbito afectivo (parellas ou ex-parellas) ou ben do eido educativo, deportivo, vecial ou laboral da vtima. Nestes casos, o acosador dirixe a súa violencia, vixilancia e fustrigacin dixital a unha muller concreta. Segundo os casos que aparecen na prensa, s un 10,3 % son acosadores descoecidos para as vtimas e, nestes casos, o acosador tamén dirixe a súa violencia cara a unha única muller.

En relacin coas tipoloxas do acoso, o informe identifica tres grandes grupos: o ambiental (que se produce en ambientes educativos, deportivos e lúdicos); o da manosfera ou o que denomina o 'efecto Johnny', é dicir, as denuncias do suposto acosador ou maltratador súa vtima por difamacin, “como no caso do xuzo entre Johnny Depp e Amber Heard ou o do xogador de fútbol Santi Mina”.

Alarmante número de nenas e adolescentes vtimas

Ademais das conclusins xa citadas, outro dos resultados destaca o continuo da violencia machista, que salta da vida material ao espazo dixital onde se multiplica utilizando os dispositivos tecnolxicos e as redes sociais. No que recollen estes medios, en moi poucos casos se describen violencias machistas exclusivamente dixitais.

En canto s vtimas, son todas mulleres. A anlise sinala que “resulta alarmante” o número de nenas e de adolescentes que sofren este tipo de violencias machistas. Entre as técnicas mis utilizadas estn a sextorsin, os nus (nudes) non solicitados, o cyberflashing, a chamada pornovinganza, a ciberfustrigacin, a ciberespreita, a ciberintimidacin, o ciberacoso, o phubbing, o flaming, o cracking de contas, o uso de aplicacins (spyware) para controlar os seus movementos e a súa localizacin fsica e en lia ou as mensaxes compulsivas e reiteradas.

Por outra banda, advrtese que moitas noticias son publicadas por estar implicadas persoas famosas, como vtimas ou como acosadores. Este tipo de novas actúa como "modelo paradigmtico da frecuencia, intensidade e transversalidade das violencias machistas" en todos os estratos sociais, ideoloxas, idades ou profesins.

En definitiva, destacaba Gmez, a violencia machista dixital é un fenmeno socioestrutural cada vez mis frecuenten e existe un continuo entre violencia en lia e fra de internet e é un fenmeno xeralizado no que acosan homes e as vtimas son mulleres, moita veces menores e gran parte dos acosadores son coecidos das vtimas”. Ademais, recalcou que existen espazos de machismo ambiental onde a hostilidade se dirixe s mulleres solo polo feito de ser mulleres e hai un incremento da chamada violencia de xénero por poderes”. Por todo isto, remarcaba a responsable da Igualdade da 鶹, “non se debe banalizar a importancia da violencias machistas dixitais, é violencia real e sempre ten consecuencias nas vida das vtimas”.

A xornada de presentacin do estudo completouse cun relatorio da man da profesora da Universidad de Deusto Estbaliz Linares, no que abordou o seu traballo Ante as (Ciber)violencias machistas, estratexias e mecanismos resistentes. A experta destacou que, a pesar das moitas sombras que hai no que se refire violencia dixital que sofren as e os adolescentes, “tamén hai moitas luces. Temos tratar de non banalizar, de xerar resistencias e colectividades e seguir falando e visibilizando esta problemtica”.