DUVI

Diario da 鶹

Ciencias da Educacin e do Deporte acolleu a benvida ao alumnado internacional de intercambio

37 estudantes de 16 pases formaranse no campus neste segundo cuadrimestre

México, Italia e Francia son os principais pases de orixe

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Internacional
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 29/01/2026

Procedentes de 16 pases, un total de 37 estudantes internacionais de intercambio formaranse neste segundo cuadrimestre nas facultades do campus de Pontevedra. Chegados cidade grazas ao programa Eramsus+, convenios bilaterais e outras iniciativas de mobilidade, 26 alumnas e alumnos estranxeiros de intercambio continuarn os seus estudos no campus neste segundo cuadrimestre, mentres que outros 11 permanecen en Pontevedra ao longo de todo o curso. A estes súmanse os 49 estudantes que os diferentes centros recibiron no primeiro cuadrimestre, o que sitúa en 86 a cifra total de alumnado internacional que recibiu o campus no presente curso.

Co obxectivo de presentarlles os servizos que a Universidade pon ao seu dispor, a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte acolleu este xoves un acto de benvida, promovido pola Vicerreitora de Internacionalizacin, na que representantes da Oficina de Relacins Internacionais (ORI) informronlles tamén dos trmites que deben realizar ao inicio da súa estada no campus, as como a oferta do Centro de Linguas e das iniciativas da Erasmus Student Network (ESN). Previamente, os directores da Área de Promocin da Internacionalizacin, Iago Pozo, e da Área Adxunta Vicerreitora do campus, Luis Torres, encargronse de darlles a benvida e agradecerlles que tivesen escollido a 鶹 para esta experiencia. “Seguro que estes meses sern moi intensos”, salientou Pozo, que animounos tanto a participar da vida académica, como a “aprender mis de Espaa e de Galicia”. Nese mesmo senso, Torres desexoulles que esta sexa unha “etapa de enriquecemento académico e persoal” e animounos a que se sintan “parte da comunidade aberta e colaborativa” dun campus que, lembrou, ofrece un amplo abano de actividades culturais e deportivas. 

dzܲԾ, a facultade mis internacional

Ao igual que no primeiro cuadrimestre, a Facultade de dzܲԾ ser nestes meses o centro do campus con maior número de estudantes internacionais, un total de dez, mentres que oito formaranse neste segundo cuadrimestre en Belas Artes. Direccin e Xestin Pública e Fisioterapia contarn con catro alumnas e alumnos estranxeiros de intercambio, mentres que Deseo recibe dous. 

Tendo en conta tanto aqueles que acaban de chegar como os que permanecen na cidade todo o curso, México é o principal pas de orixe deste alumnado, con oito representantes, seguido de Francia e Italia, ambos con catro. 

Procedentes precisamente de Italia, Emily Rossini e Luca Cangini son dous dos estudantes que iniciaron esta semana a súa etapa no campus. “Gustarame aprender casteln e tamén galego”, recoece Rossini, procedente da universidade de Insubria, en Varese, que salienta tamén o positivo de “probar novas experiencias”. Nova alumna da Facultade de dzܲԾ, Insubria reside desde esta semana en Vigo e recoece que as primeiras clases fixéronse un “pouco difciles” por ser nun idioma diferente, xa que, sinala, “entendo bastante, pero falar fiseme un pouco difcil”. Do mesmo xeito, “aprender un novo idioma” é tamén un dos motivos que levaron a Cangini Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, onde cursa materias do Grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte. “Tamén quera vivir unha nova experiencia e, por riba de todo, facerme mis independente lonxe da mia zona de confort”, engade este estudante da universidade Urbino Carlo Bo, da Emilia Romagna, quen sinala que “s fun a unha clase polo de agora e anda teo que coecer a todos os meus profesores, pero creo que Vigo é unha boa universidade”.  

Despois do celebrado este mércores en Ourense e do desenvolvido nesta xornada en Pontevedra, os actos de benvida ao alumnado internacional complétanse este venres na Facultade de Ciencias e Econmicas e Empresariais do campus de Vigo.