Catro profesionais do sector achegaron a súa experiencia profesional nun acto celebrado no campus
S o 18% das persoas tituladas no eido da ciberseguridade son mulleres
Destacaron que é preciso actuar dende a infancia para desterrar estereotipos e fomentar vocacins
O incremento do teletraballo por mor da pandemia; o crecemento do comercio en lia; o almacenamento de datos na nube, os dispositivos conectados… Nunha sociedade cada vez mis tecnolxica, a ciberseguridade consoldase como un sector esencial que demanda constantemente profesionais especializados. De feito, as cifras oficiais prevén que s en Espaa se van necesitar 80.000 profesionais da ciberseguridade nos vindeiros anos, pero a presenza das mulleres segue a ser moi reducida neste eido, e as titulacins tecnolxicas que dan acceso a esta profesin estn copadas polos homes. Para visibilizar s mulleres que si apostaron por esta profesin, o campus acolleu este mércores a Xornada 'Mulleres e ciberseguridade', unha iniciativa organizada por Ana Fernndez Vilas, directora do Mster Interuniversitario en Ciberseguridade (Munics) e polo profesor do Departamento de Enxeara de Sistemas e Automtica ecoordinador do ttulo propio de Especialista en Ciberseguridade Industrial, José Ignacio Armesto. Nela catro expertas neste campo falaron sobre as súas motivacins e experiencias ao longo do seu percorrido profesional e analizaron as causas desta fenda de xénero e as posibles solucins.
O acto de apertura, que se celebrou no edificio Miralles, contou coa presenza do reitor da 鶹, Manuel Reigosa, e da directora de Amtega, Mar Pereira. Con parte tanto das poentes como do público de xeito presencial e parte en modalidade virtual, o evento contou coa participacin de Sara Garca Bécares, responsable do Diagnstico de Talento en Ciberseguridad do Incibe, Instituto Nacional de Ciberseguridad; Esther Mateo, directora xeral de Seguridade, Procesos e Sistemas Corporativos de ADIF; Belén Pérez, CISO de Grupo Nueva Pescanova, e egresada da Universidade de Corua e Susana Rey, da oficina DPO de Grupo MasMovil. A encargada de moderar o debate foi a profesora Ana Fernndez, coordinadora xeral do Munics da 鶹, que explicou que estas catro mulleres “proceden de carreiras de perfs moi dispares, pero todas acabaron dedicndose ciberseguridade, o que reflicte o carcter multidisciplinar, transversal e multisectorial desta profesin.
O reitor felicitou s persoas organizadoras por un evento “extraordinariamente interesante” que permite analizar “o déficit de igualdade nas carreiras STEM”. Pola súa banda, a directora de Amtega recalcou que “ante unha revolucin dixital como a que estamos a vivir, é unha obriga da sociedade que as mulleres xoguen un papel activo en igualdade de condicins e que acheguen o seu talento” para construr “un contexto dixital seguro e confiable para as persoas e para as empresas”. Mar Pereira lembrou que no sector TIC europeo “s tres de cada dez persoas son mulleres e, en Espaa, isto redúcese metade” e “isto é unha perda de talento para esta revolucin tecnolxica que temos por diante”.
S o 18% das persoas tituladas en ciberseguridade son mulleres
Na súa intervencin, Sara Garca, a responsable do Diagnstico de Talento en Ciberseguridad do Incibe, explicou que non existe unha falta de mulleres na ciberseguridade, senn que é unha carencia, en xeral, de profesionais. “Agora mesmo faran falta preto de 25.000 profesionais en Espaa e esas cifras van seguir crecendo porque non somos quen de formar tantos profesionais”, pero nestas titulacins tecnolxicas as mulleres son minora, como se recolle no , un informe elaborado por Incibe e ONTSI e presentado a pasada semana. As cifras son claras: s o 18% das persoas tituladas en ciberseguridade son mulleres, “pero se atendemos a perfs mixtos, como dereito e ciberseguridade, esa proporcin increméntase ata case o 50%, polo que vemos que as mulleres estn a pero non lles chaman suficientemente as titulacins estritamente técnicas”. A parte boa, explicaba Garca, “é que estamos reducindo a fenda, xa que a porcentaxe de mulleres que optaron por estudar carreiras STEM aumentou 5 puntos porcentuais en 5 anos, pasando dun 24% de mulleres matriculadas no curso 2016-17, ao 29% en 2019-20. O mesmo sucede a nivel profesional, hai 5 anos eramos un 15% agora estamos sobre o 30%”. Con todo, recoeca, esa porcentaxe redúcese bastante nos postos mis tecnolxicos e nos de direccin.
A clave est na infancia
Sobre as causas desta desigualdade, as catro expertas coinciden en que son múltiples e diversas: unha educacin sen referentes femininas, o descoecemento sobre as oportunidades laborais, os estereotipos sobre a profesin e o mundo hacker, medo a enfrontarse a un sector masculinizado...
Tanto Sara Garca como Belén Pérez recalcan que as empresas demandan profesionais con independencia do xénero, pero o problema é que non chegan candidatas, a orixe do problema est en que “as mulleres non queren formarse” neste eido. De feito, as catro participantes no debate coincidiron en que o punto de inflexin para mudar esta situacin est na infancia, “cmpre traballar nos colexios, nas familias... na universidade é xa tarde para xerar vocacins”. Para isto, varias das participantes traballan en programas de mentorizacin, como o InspiraSteam da 鶹, para tratar de descubrir estas profesins entre as mis cativas. “As nenas non poden elixir algo que non coecen, e existe un gran descoecemento desta profesin e moitos estereotipos arredor dela”, explicaba Pérez. “Cando imos aos colexios e lles din que van coecer un profesional da ciberseguridade, imaxinan un mozo, con capucha, que non se sabe relacionar e se alimenta de pizza e sorpréndese cando ven chegar unha muller”, recoeca.
Tamén incidiron en desmitificar a dificultade das enxearas. Lembraba Belén Pérez como as mulleres eran maiora na Facultade de Informtica de Sevilla, pero a situacin deuse a volta automaticamente cando o centro pasou a chamarse Escola de Enxeara Informtica. “Temos que amosarlles s nenas que son tan capaces como os demais”, recalcaba, ao que Esther Mateo engada que “as mulleres facemos cousas mis difciles, como ser nais, pero ninguén se plantexa non selo porque sexa difcil. Pero esa mensaxe ten que dala a sociedade, as mulleres afrontan retos complicadsimos que asumen con naturalidade, pero s enxearas púxoselles unha etiqueta” que compre eliminar. Tamén recalcou que no sector sanitario as mulleres representan o 90% do persoal, “pero non somos capaces de trasladar a idea de que en ciberseguridade tamén se cura, doutros virus e con outras medicinas, pero é tan potente e tan útil para sociedade como a medicina”.
