DUVI

Diario da 鶹

Ata o 2 de xullo na Facultade de Filoloxa e Traducin

160 especialistas de Europa e América reúnense para analizar e debater sobre a poesa de Adlia Lopes

Ao abeiro do proxecto Poepolit II, o encontro conta tamén cunha exposicin virtual de ilustracin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 30/06/2021

Ética, ecoloxa, antiespecismo e feminismo son s algúns dos temas que centran o coloquio internacional inaugurado esta ma na Facultade de Filoloxa e Traducin, baseado na obra da escritora portuguesa Adlia Lopes. O simposio, no que participan 160 especialistas, prolongarase ata a tarde do venres en formato semipresencial, e nel presentaranse 36 comunicacins de investigadoras e investigadores de Brasil, Colombia, Espaa, Estados Unidos, Francia, Portugal e Reino Unido. 

Na apertura do II Colquio internacional ‘Estar em casa com Adlia Lopes: do privado ao poltico’, organizado polo proxecto Poepolit II, intervieron Burghard Baltrusch, docente da facultade e presidente da I Ctedra Internacional José Saramago, xunto con Joana Meirim, da Universidade Catlica de Lisboa, e Lúcia Evangelista, da Universidade do Porto, coorganizadoras do evento.

A obra de Lopes, “punto de partida” dos 36 textos do encontro

Foron dúas comunicacins chegadas de Reino Unido as encargadas de iniciar o coloquio sobre Lopes, “unha das voces mis destacables e polémicas do panorama poético en lingua portuguesa”, segundo explican os membros de Poepolit II. Ana Bela Almeida e Andrzej Stuart Thompson, investigadores provenientes das universidades de Liverpool e Oxford, puxeron o foco na cuestin animal na obra de Lopes e na súa capacidade para provocar pensamentos ‘des-antropocéntricos’. 

En total, ao longo destes tres das 36 textos abordarn múltiples temticas do quefacer literario da escritora, que constitúe, en palabras da organizacin, “un excelente punto de partida para observar cunha perspectiva crtica a sociedade globalizada”. De feito, como sinalou Burghard Baltrusch na inauguracin, esta é a segunda edicin do coloquio, pois “xa houbo un en 2019, na Universidad de los Andes de Bogot”. Joana Meirim incidiu no feito de que as dúas edicins tiveron lugar fra de Portugal, pas de orixe de Lopes, e describiu como “unha historia de amor non correspondido” a relacin da autora co seu lugar de nacemento.   

Continuidade no tempo

A idea do proxecto Poepolit II é que o traballo realizado para este coloquio tea un percorrido longo, polo que a “ser reconvertida nunha base de datos sobre a autora”. A plataforma xa conta cunha exposicin virtual coa obra de catro artistas contemporneas e cun apartado de bibliografa compilada por Baltrusch. No mes de maio, a organizacin do congreso publicou tamén que, baixo a etiqueta #EstarEmCasaComAdliaLopes, amosa o recitado de poemas da autora da man de diversas persoas do mundo da cultura. 

Presentacin dun libro sobre poesa poltica 

Dentro da programacin paralela ao coloquio, o pasado luns tivo lugar unha mesa redonda na librara lisboeta Linha de Sombra, na que participou a propia Adlia Lopes con diferentes poetas e creadoras que falaron da súa obra. Neste evento, dispoible proximamente na plataforma 鶹 TV, presentouse a publicacin Poesia Poltica na Actualidade. Aproximações tericas e prticas, un libro de Poepolit II editado polos investigadores da 鶹 Burghard Baltrusch e Anta Monteagudo, xunto s profesoras Ana Choucio (USC) e Alethia Alfonso (Universidad Iberoamericana de Mexico). A cita pechouse cunha performance da estudante de doutoramento da 鶹 Mara Roja e a egresada Silvia Penas. 

O volume coordinado por Baltrusch xorde da idea de que “o poético posúe na actualidade un potencial de comunicacin e intervencin poltica”, como o propio docente asegurou na inauguracin do coloquio. Neste senso, o libro fai fincapé na responsabilidade das artes para responder a calquera tipo de crise (poltica, climtica, sanitaria, social, econmica, etc.) e, centrndose na poesa actual, os autores analizan as caractersticas e condicins da lrica poltica. As, os editores recollen artigos sobre o quefacer literario de autores como Itxaro Borda, Alberto Pimenta ou Antn Reixa.