DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

Arrancou este mércores cunha obra da aula teatral da USC

A vixésimo segunda edicin da Miteu volve traer ao campus a maxia do teatro

As representacins prolongaranse ata o vindeiro 30 de abril

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Teatro
  • Cultura
DUVI 05/03/2020

A maxia do teatro regresou esta semana ao campus de Vigo e fxoo co arranque no Teatro Vidal Bolao da Cidade Universitaria da vixésimo segunda edicin da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. O espectculo chegou da man da Aula de teatro da Universidade de Santiago de Compostela que puxo en escea a obra En inverno non vai tempo para ir praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic.

Con textos e posta en escena de Roberto Salgueiro, e un reparto formado por Inma Fernndez, Irene Penela, Marta Casais e Anta Gonzlez, a obra, estreada en Compostela o pasado mes de decembro,Ìýtrouxo ao campus os traxes de bao, un pequeno aperitivo do vern en pleno inverno que, para disgusto do público, non se prolongou mis dos arredor de 45 minutos que durou o espectculo.

As bruxas de Salem, o 18 de marzo

As representacin da Miteu continuarn o 18 de marzo con As bruxas de Salem, obra orixinal de Arthur Miller, adaptada por Olga Magaa e que ser interpretada por un grupo de estudantes de 3ºB de Interpretacin Textual e 3º de Escenografa da Escola Superior de Arte Dramtica de Galicia (ESAD). Pola súa banda, o grupo Maricastaa da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, representar o 1 de abril Imperator, unha dramaturxia do seu director Fernando Acosta na que se adentra nun mundo de post-verdade no que os grandes seores mudaron argumentos por imbecilidades e no que a intelixencia e o pensamento crtico pasa a ser cousa de culturetas e as institucins democrticas convértense en palacios de emperadores.

O resto de obras concentraranse xa na última semana do mes de abril.
Ìý