DUVI

Diario da 鶹

Profesor da Universidade de Helsinki, asistiu a un seminario na Facultade de CC Xurdicas e do Traba

Visita o campus o profesor Hagen Henrÿ, referente internacional en lexislacin de cooperativas

A xornada contou tamén coa participacin das expertas Gemma Fajardo (Espaa) e Deolinda Aparicio Mei

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Visitas
  • é
D. Besado DUVI 04/10/2019

Profesor da Universidade de Helsinki, Hagen Henrÿ é unha das figuras mis relevantes do panorama cooperativo a nivel mundial. Presidente do Comité de Dereito Cooperativo da Alianza Cooperativa Internacional, este venres participou na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo na Xornada Futuro da lexislacin cooperativa, unha actividade organizada pola Área de Dereito Mercantil e na que tamén se contou coa participacin de Gemma Fajardo, da Universitat de València, e Deolinda Aparicio Meira, do Instituto Superior de Contabilidade e Administracao do Porto, integrantes os tres do Study Group on European Cooperative Law, “un grupo de profesores universitarios expertos en dereito comparativo”, explicou na inauguracin das xornadas o profesor Francisco Torres, coordinador desta actividade xunto co catedrtico Julio Costas, que agradeceu aos poentes o seu esforzo e plena dispoibilidade para compartir co alumnado do Grao en Dereito a súa sabedora no mbito do dereito cooperativo.

“Estamos nun curruncho da pennsula ibérica e non é doado cadrar axendas para realizar este tipo de eventos con persoas que son auténticos expertos, primeiras figuras no dereito cooperativo”, recalcou Costas, ao tempo que explicou que nesta ocasin a xornada puido levarse a cabo grazas s axudas para actividades de internacionalizacin da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo e ao apoio do Departamento de Dereito Privado.

As sociedades cooperativas a través do mundo

A intervencin de Hagen Henrÿ afondou nos principais principios cooperativos que rexen as normativas relativas as sociedades cooperativas a través do mundo, mentres que Fajardo Garca, responsable da Área Xurdica do Observatorio de la Economa Social do Ciriec Espaa –Centro Internacional de Investigacin sobre Economa Social y Cooperativa- e codirectora da Revista Jurdica de la Economa Social, foi a encargada de introducir a temtica do seminario facendo unha perspectiva xeral da lexislacin cooperativa en Espaa. “Facer un resumo deste tema en media hora é complicado porque a propia lexislacin cooperativa é complicada”, explicou a autora, que foi a encargada de abrir a mesa redonda e que arrancou a súa intervencin explicando que é exactamente unha cooperativa e as causas que motivan que tean unha lexislacin propia.

Pola súa banda, Deolinda Aparicio Meira, impulsora do Centro de Estudos Organizacionais do Politécnico de Porto, centrouse en explicar o Cdigo Cooperativo de Portugal, do que é coautora.