O grupo dx5 promove na Vicerreitora o sétimo encontro internacional de Mutual Images
Unha viaxe de ida e volta entre Europa e Xapn a través das artes
Especialistas de varios pases abordan as influencias mutuas en pintura, literatura ou fotografa
Arte, literatura, fotografa, cmic, animacin, deseo e moda son os eidos nos que investigadores e investigadoras de diferentes pases poen en relacin Europa e Xapn no marco do sétimo workshop internacional da asociacin que desde este luns se desenvolve na sede da Vicerreitora do campus. Afondar nas influencias mutuas e no intercambio cultural entre Oriente e Occidente desde unha perspectiva interdisciplinar é o propsito central do evento que, da man de Mutual Images e do grupo de investigacin dx5 da Facultade de Belas Artes, desenvlvese por primeira vez en Espaa e que reúne como conferenciantes a preto dunha vintena de especialistas de universidades de Espaa, Xapn, Reino Unido, Estados Unidos, Portugal e Lbano.
17 relatorios e cinco mesas de debate integran o programa dun evento “moi importante para ns, porque nos permite profundar no dilogo entre Xapn e Occidente”, salientou a investigadora principal do grupo dx5, Ana Soler, na apertura dun foro titulado de. Coordinado por Soler e os tamén investigadores do grupo dx5 José Andrés Santiago e Tatiana Lameiro, ademais de pola presidenta de Mutual Images, Aurora Yamagata, o workshop que se celebra anualmente en sedes rotatorias, tanto en Europa como en Xapn, supuxo as mesmo “un reto, xa que por primeira vez abrase non s a cultura popular, senn que falamos de artes nun sentido mis amplo”, engadiu Santiago.
Impulsado por unha asociacin de investigadores internacional“que non depende de ningunha universidade”, explicou Yamagata, este evento anual busca servir, dado o seu carcter gratuto, como unha oportunidade para que estudantes de doutoramento e investigadores novos poidan dar a coecer os seus traballos vez que para xerar “un dilogo” entre especialistas de diferentes disciplinas. “Cando comecei o meu doutoramento non atopaba congresos que traballaran sobre estas relacins, haba congresos sobre estudos xaponeses, pero non este encontro entre os dous lados”, salienta Yamagata do motivo que lles levou a impulsar, en 2012, un congreso que presenta como “espazo interdisciplinar” para abordar esas relacins entre Europa e Xapn.
As primeiras representacins de Xapn
O bloque de arte e estética abriu un encontro no que o investigador da Universidad de Zaragoza Alejandro M. Sanz presentouas primeiras ilustracins sobre o Xapn publicadas en Europa. As, abordou, entre outros traballos,unha publicacin de 1586 no que os xesutas “queren mostrar os progresos das súas misins” en Oriente, para logo deterse na representacins dos mrtiresde finais do século XVI, despois de “no contexto da unificacin do Xapn”, a “animadversin contra os cristins” derivase en asasinatos que, “no contexto da contarreforma” foron empregados en Europa con “fins propagandsticos”. Xa en 1939, Xapn decide romper todas as relacins cos pases catlicos, anda que as manteen con estados protestantes como Holanda, de onde é orixinario Arnoldus Montanus, responsable dunha publicacin que constitúe “o primeiro catlogo ilustrado sobre Xapn” editado en Europa, con 97 ilustracins que presentan por primeira vez elementos da arquitectura ou da cultura xaponesa, coa caracterstica de que foron realizadas por autores “que carecan de bases visuais” para as súas ilustracins, creadas a partires de descricins escritas.
Literatura, fotografa, cultura popular, deseo e moda
O estudo da xilografa mokuhangada investigadora e artista italiana Elettra Gornie a representacin da estética xaponesa no Reino Unido a finais do século XIX, da man de Mariko Hirabayashi, da Universidade de York, completaron o primeiro panel dun evento que, acto, seguido puxo o seu foco na literatura. Fxoo da man da investigadora da University of Minnesota Jami Watson, quen centrou a súa intervencin en amosar como a idea do “xaponismo”, normalmente vinculada s artes visuais, est tamén moi presente na literatura contempornea, con "moitas novelas de ficcin que teen lugar en Xapn, que teen personaxes e localizacins xaponesas”; e co relatorio sobre escritor Ryūnosuke Akutagawa de Damaso Ferreiro, da Hiroshima University. Os vnculos entre Xapn e Canarias, nunha presentacin de Laura Mesa, da escola Fernando Estévez, e o uso propagandstico da fotomontaxe por parte da diplomacia xaponesa na década de 1930, por parte de Ana Trujillo, da Universidad Ponficia Comillas, foron abordados tamén nunha primeira xornada que pechan as intervencins de Emily Cole, da University of Oregon, sobre os encontros fotogrficos durante a ocupacin aliada, e Antonio Joao Saraiva, da Universidade Aberta de Lisboa.
Diferentes manifestacins da cultura popular abrirn a segunda xornada do evento, na que Oscar Garca, da Universitat Pomeu Fabra, falar das representacins de Europa na animacin xaponesa e Karim el Mufti, do Political Science Institute de Beirut por o foco na influencia da animacin Grendizer no mundo rabe; mentres que José Andrés Santiago analizar o cmic francés Lastman e a tamén investigadora do grupo dx5 Linet Heredia o xénero musical Vaporwave. Pola tarde, Teresa Pérez, da Universidad de Granada, e as investigadoras de Belas Artes Lameiro e Heredia abordarn as influencias mutuas entre Xapn e Europa no mundo do deseo grfico, mentres que Iria Rosa, da Universidad de Valencia, e Sara Martnez, de Vigo, farn o mesmo coa moda.
