DUVI

Diario da 鶹

O grupo galego actuou reivindicando o “guachinei” no Teatro Vidal Bolao

De Vacas “pacen” no campus no peche da programacin cultural do primeiro cuadrimestre

Diversin, orixinalidade e sobre todo moita retranca é o que caracteriza a estas “vacas que cantan e

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI 05/12/2019

O concerto que o grupo de De Vacas ofreceu onte mércores no Teatro Vidal Bolao puxo o broche final programacin cultural do campus de Vigo para o primeiro cuadrimestre, que incluu diversos concertos, representacins teatrais, o Ciclo de Cine e Lingua e a Semana de Cine Submarino. A banda, que vén de ofrecer concertos en toda Galicia enchendo prazas e teatros, actuou onte tarde no campus, onde tamén tivo unha grande acollida entre a comunidade Universitaria.

De Vacas, “catro vacas que cantan e rin”, como elas mesmas se definen, é o proxecto musical das vocalistas Faia Daz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que se uniu o guitarrista Guillerme Fernndez. O grupo, que nun primeiro momento naceu coa intencin de facer versins de dolos da súa infancia como as Spice Girls, converteuse en todo un éxito trala aparicin en Youtube do videoclip ‘Amodio’, unha parodia da cancin ‘Despacito’, de Luis Fonsi. Trala fama acadada, De Vacas decide compor versins doutras cancins como ‘Gagnam Style’, ‘El Taxi’ e outras moitas, sempre, iso si, con certa retranca, cantando en todos os idiomas e reivindicando o que elas chaman “guachinei, esa lingua minorada”. As integrantes din ser, ademais de amantes de cantantes pop como Cristina Aguilera, Mnica Naranjo, Enrique Iglesias etc. dos cales rescatan retrousos e cancins comerciais, tamén “amantes dos poetas galegos”. Tanto é as que participaron na creacin dunha homenaxe a Emilia Pardo Bazn para a Real Academia Galega. Entre os seus éxitos tamén se atopan a creacin do himno do Festival de Cans e a recepcin do premio Martn Cdax da ú en 2016.