DUVI

Diario da 鶹

A comunidade universitaria concentrouse en Ourense diante da Facultade de CC da Educacin

A Universidade receita “plulas de Igualdade” contra as violencias machistas

Águeda Gmez reclama o papel “exemplarizante e pedagxico cara o resto da sociedade” que debe ter a

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI 25/11/2019

Neste 25 de novembro, Da Internacional contra as violencias machistas, a 鶹 receita algunhas “” e faino a través de diferentes iniciativas: a principal, o lanzamento de varias pezas audiovisuais de pequeno tamao dirixidas a prever este tipo de violencias e a sensibilizar ao alumnado sobre o uso inaxeitado das novas tecnoloxas; pero tamén o fixo a través da adhesin a diferentes manifestos pola eliminacin da violencia contra a muller, dunha concentracin diante da Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense ou mesmo da apertura dunha exposicin na Biblioteca Central con libros que teen como principal temtica a violencia machista.

“É moi importante que as universidades espaolas, a través do manifesto da CRUE, amosemos unha firme postura de denuncia deste grave problema social que ten ver coa violencia contra as mulleres que sufrimos en diferentes formas e en distintas intensidades”, explica a responsable da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez, ao tempo que fai fincapé en que as institucins de ensino superior, como espazos de formacin e referentes sociais, deben mostrar unha postura “exemplarizante e pedagxica cara o resto da sociedade”, mxime nun contexto de emerxencia dun machismo negacionista e misxino que quere provocar unha involucin civilizatoria e unha ruptura unilateral dos grandes consensos socialpolticos realizados nos últimos anos en torno a este tema, tales comoo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, entre outros".

Inspirado no realizado pola Rede de Unidades de Igualdade (Riuge) do estado espaol –ao que a 鶹 tamén se adheriu-, este ano o manifesto da CRUE foi unha iniciativa que naceu nas unidades de igualdade das tres universidades galegas, xa que no 2020 Galicia acoller a reunin anual da Riuge, polo que este documento “ten elementos 100% galegos no seu xerme e mostra a colaboracin e cooperacin estreita que as tres Unidades de Igualdade do SUG estamos a desenvolver”, recalcou Gmez.

“Este é un acto para reivindicar, non para celebrar”

O campus de Ourense tamén se sumou este luns reivindicacin dunha sociedade igualitaria libre de violencia de xénero. Alumnado e profesorado da Facultade de Ciencias da Educacin, entre os que estaban a propia directora da Unidade de Igualdade Águeda Gmez, e Mar Garca, decana do centro, concentrronse na entrada do Edificio de Ferro para visibilizar esta problemtica e o compromiso coa súa erradicacin. O acto tamén incluu unha visita aos dous murais realizados por catro alumnas da facultade, Raquel Fernndez, Jéssica Cliz, Candelaria Alasino e Sandra Maceira, nos que se recolle informacin de cada unha das vtimas de feminicidio no que vai de 2019 en Espaa e se convida aos membros da comunidade universitaria a facer propostas ou amosar a súa visin sobre esta cuestin. “Temos que incidir en acabar coas situacins de violencia de xénero e que os agresores queden cada vez mis illados. Temos que ter tolerancia cero coa violencia machista”, recalcou Águeda Gmez trala concentracin. “Este é un acto para reivindicar, non para celebrar”, subliou pola súa banda a catedrtica Mara Lameiras, que fixo fincapé en como a erradicacin da violencia de xénero “é un traballo de todos e todas”. “Que este acto sirva como o noso pequeno grao de area para reivindicar medidas educativas, polticas, sociais contra a violencia de xénero”, dixo Mar Garca, que fixo fincapé no papel das e dos futuros educadores presentes nesta loita.

Cinco plulas, cinco maneiras de denunciar a violencia

Respecto s plulas, a directora da Unidade de Igualdade recalca que se trata, sobre todo, “de sensibilizar sobre as ‘novas’ formas de violencias machistas nas realidades en lia pois, s veces, pasan mis desapercibidas pola súa novidosa performatividade que a propia do mundo offline”, ao que engade que as plulas fan fincapé na presin exercida a través das redes sociais nas súas diferentes vertentes, desde as actitudes de control ata a difusin de imaxes con contido ertico.

En total estanse a difundir cinco plulas. Unha sobre o denominado ‘slutshaming’, criticar, culpabilizar e sinalar s rapazas por comportarse de xeito percibido como promiscuo ou fra dos roles de xénero, o que se penaliza sen o seu consentimento. Outra sobre a cultura da violacin e que fai referencia s formas nas que a sociedade culpa s vtimas e normaliza a violencia sexual, desde as formas mis suts (micromachismos, abusos...) s mis explcitas (maltrato, violacin, asasinato...). Unha terceira para denunciar o control da parella a través das redes sociais; unha cuarta para lembrar grandes nomes femininos que contriburon ciencia con mentes brillantes e que foron silenciadas por razn de xénero e, finalmente, unha quinta peza centrada no 'sexting', unha prctica que est en alza e que se refire ao envo de mensaxes, fotos ou vdeos de contido ertico.

“Todas estas novas formas de violencia utilizan elementos da cultura de masas común a todas e todos, para invitar a realizar unha lectura crtica e feminista de situacins que normalizamos e que debemos erradicar da nosa sociedade, se queremos, por exemplo, acabar dunha vez coa chamada ‘cultura da violacin’ tan difundida pola natrrativa porno 'maistream' ou en moitos produtos culturais como a música ou o cine”, recalca a responsable da Unidade de Igualdade.

Exposicin cos libros de Bibliolab, outro xeito de receitar igualdade

A data de hoxe é tamén a elixida para inaugurar a exposicin Os libros do Bibliolab, unha mostra que se poder visitar ata o 23 de decembro na Biblioteca Central de campus de Vigo na que se recollen os volumes que foron os protagonistas deste ciclo de faladoiros impulsados pola Unidade de Igualdade como un punto de encontro para analizar e dar a coecer os contidos dalgúns dos libros que abordan a temtica da violencia machista.

Tras desenvolver sesins nos tres campus e, a falta de celebrar o derradeiro faladoiro, os libros que protagonizaron o ciclo recllense dende este 25 de novembro nunha exposicin no campus vigués. Entre os ttulos que centraron o ciclo est No camio do vento, a obra pstuma de Sesé Mateo, asasinada pola súa ex parella en Redondela en 2017; O conto da criada, de Margaret Atwood; A dúbida, de Mara Reimndez; Comezar desde cero. Voces de mulleres recuperando as súas vidas, de Tania Merelas; Vivo en una casa malva, de Iris Daz; Leia, Rihanna & Trump. De cmo el feminismo ha transformado la cultura pop y de cmo el machismo reacciona con terror; A violencia machista institucional, coordinada por Iria Villar; Infamia de Ledicia Costas e Remexido de patacas, de Eli Ros. Xunto con estas obras, a mostra recolle tamén volumes de ensaio que reflexionan sobre a violencia de xénero e a loita feminista e textos narrativos nos que as mulleres reivindican a igualdade fronte s agresins machistas.