DUVI

Diario da 鶹

As persoas con discapacidade disporn de reserva de prazas na segunda convocatoria da ABAU

Segundo anunciaron os delegados das universidades na CIUG tras unha reunin no CRE da ONCE

Tamén disporn de prazas nos dobles graos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Pontevedra 14/12/2018

As persoas con discapacidade disporn desde este curso de reserva de prazas nas titulacins do Sistema Universitario Galego na segunda convocatoria das probas de acceso Universidade, a ABAU, vez que disporn tamén de reserva de prazas nos dobres graos que se imparten nas tres universidades. As o anunciaron este venres os delegados na das universidades de Vigo, Ivn Area, e Santiago de Compostela, Celso Rodrguez, trala xuntanza que mantiveron cos responsables do Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra, onde desde hai 25 anos realizan as probas de acceso persoas con discapacidade de toda Galicia.

Como explicou Area en rolda de prensa, existen “diferentes cotas de acceso” s titulacins universitarias, polas que se reservan prazas a persoas maiores de 25 ou 45 anos, a titulados e tituladas ou a deportistas de alto nivel, as como a persoas con discapacidade. Non obstante, matizou, “detectamos que haba algunhas discriminacins xustamente para as persoas discapacitadas e estivemos traballando para que estas non persistan no tempo”. Deste xeito, desde o presente curso as persoas con discapacidade que superen a ABAU (Avaliacin do Bachalelato para o Acceso Universidade), na súa segunda convocatoria, que tradicionalmente se celebraba en setembro e que en 2019 ter lugar en xullo, tern reserva de prazas, ao igual que disporn desta, por primeira vez, nos mis de 20 dobres graos que se imparten en Galicia, dez na USC, sete na UDC e catro na 鶹. “Pensamos que é un salto importante que pode axudar a eliminar certas discriminacins”, salientou Area, mentres que Celso Rodrguez incidiu en que, mis al desta cuestin, “é necesario que impulsemos unha reforma lexislativa” para que o real decreto que regula estas cotas de acceso recolla o seu mantemento para a segunda convocatoria da ABAU, en lugar da acumulacin das prazas vacantes ao cmputo xeral.

Por outra banda, Area tamén anunciou, trala xuntanza mantida co director do CRE, José Angel Abraldes,e o instrutor tilfotécnico deste centro PabloVilario, outra novidade en relacin ao acceso das persoas con discapacidade a estas probas, s que se solicita que antes do 4 de febreiro remitan CIUG “un informe do seu centro sobre as adaptacins que se lles estn facendo”. Isto, sinalou, permitir comisin “preparar todas as adaptacins de medios que necesiten”.

25 anos de colaboracin

Previamente, os representantes da CIUG trasladaran aos responsables do CRE o seu agradecemento pola “axuda e colaboracin desinteresada” que desde hai 25 anos prestan neste centro “para que persoas con discapacidade de calquera tipo” poidan realizar as probas de acceso Universidade “con todas as adaptacins que necesitan”, agradecemento que Area quixo facer extensivo presidenta da Comisin Delegada da CIUG no centro, Mara Dolores Vzquez Frojn, as como ao seu anterior responsable, Juan Luis Saco Cid.

José Angel Abraldes, pola súa banda, quixo pr en relevo “a sensibilidade que a CIUG tivo hai xa 25 anos” e que permitiu desde entn a cooperacin cun centro que neste 2018 celebra o seu 75 aniversario, no que se examinan cada ano persoas con diferentes tipos de discapacidade de toda Galicia. “Permitiu que a preocupacin dos estudantes que vian facer a selectividade fose o coecemento do temario ao que se enfrontan e non a incerteza de como van facer o exame”, engadiu Abraldes, quen se felicitou porque esa “sensibilidade siga xerando avances” como as medidas anunciadas nesta xornada polos delegados da CIUG.