DUVI

Diario da 鶹

Participou en Brescia no congreso 'Turism 4.0. Europe between historiography and research frontiers'

O profesor Rafael Vallejo presenta en Italia unha anlise do turismo emerxente na Espaa de principios do século XX

Cun mapa das provincias mis tursticas entre 1927-1934, encabezado por Guipúscoa e Baleares

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • پܱ
  • Internacional
  • Աپ
M. Del Ro DUVI 29/03/2019

Arredor dun cento de docentes, expertos e estudantes participaron este xoves no Seminario internacional Tourism 4.0: Europe between Historiography and Research Frontiers que se celebrou na Università Cattolica del Sacro Cuore de Brescia. Un dos poentes convidados a este simposio foi o catedrtico de Historia Econmica da 鶹 e membro do grupo de investigacin Ecosot, Rafael Vallejo, que presentou unha anlise do emerxente sector turstico na Espaa de comezos do século XX, inclundo un mapa das provincias mis tursticas entre 1927-1934, encabezado por Guipúscoa e Baleares.

O turismo en Espaa non comezou co franquismo

O profesor Vallejo comezou a súa exposicin lembrando que, fronte ao que se adoita pensar, o turismo en Espaa non comezou co franquismo. Se ben o pas converteuse en lder turstico mundial a partir de 1960 e, dende ese momento, est entre os cinco pases mis tursticos do mundo por ingresos e número de visitantes, “o turismo comezou en Espaa moito antes”, recordaba o docente. De feito, “nas décadas de 1830 e 1840 e, no primeiro terzo do século XX xa irrompeu o ‘turismo moderno’, concibido como industria”, engada o docente.

Non obstante, como indicaba Vallejo, “a historiografa do turismo en Espaa para o perodo 1900-1939, non foi quen, ata agora, de responder a preguntas como canto turismo; se se trataba de turismo nacional ou internacional; que achegou o turismo economa espaola; se o turismo en Espaa seguiu a mesma traxectoria e as mesmas fases que o turismo internacional ou o lugar que ocupou Espaa no mercado turstico mundial antes da Guerra Civil”. As, na primeira parte da súa intervencin, o catedrtico vigués centrouse en explicar os dous problemas principais polos que estas preguntas seguen sen resposta ata agora. Segundo Vallejo, “o primeiro problema é a falta de estatsticas tursticas, pois os primeiros rexistros oficiais orixinronse coa creacin do Patronato Nacional de Turismo en 1928”. O segundo, destacaba, “é un problema de dobre desenfoque”. Por unha banda est “o desenfoque da ‘balanza turstica’ ao tentar estudar a Espaa dese momento como un ‘pas turstico’, no que o turismo receptivo sera o mis importante, mentres que na realidade non o era”. O segundo desenfoque é o da "sobrevaloracin da poltica turstica, ao entenderse que era “o que determinaba o desenvolvemento turstico deste perodo, cando en realidade o avance turstico ata a Guerra Civil foi promovido polas iniciativas de particulares e empresas tursticas”.

Fontes alternativas para obter estatsticas

Atendendo ao problema de falta de estatsticas, o catedrtico vigués apuntou como posible solucin a fontes alternativas, como fontes fiscais, sectoriais (como balnearios ou hoteis) ou datos proporcionados polos estudos locais dispoibles ou estatsticas internacionais de turismo, como as da Sociedade de Nacins e os primeiros expertos en Economa do turismo. Tamén apuntou s novas metodoloxas que permiten obter informacin de fontes tradicionais, como as bases de prensa histrica dixitalizada. Empregando estes métodos, o profesor vigués elaborou uns innovadores Índices de Intensidade Meditica do Turismo que aplicou xa ao caso espaol, estadounidense, britnico e agora est a traballar no italiano.
No caso de Espaa, o Índice de Intensidad Meditica revela que “o turismo entre 1900 e a Guerra Civil seguiu a mesma traxectoria do turismo internacional, coas mesmas transformacins nas modalidades e suxeitos que efectuaban prcticas tursticas e nos axentes de servizos tursticos”. Tamén concluu que o turismo en Espaa estaba protagonizado por espaoles e espaolas, “arredor dun 85 a 90% dos turistas totais”. Pero o investigador remarcou que esta maior importancia “non significa que o noso pas non participase do mercado turstico internacional”. De feito, os datos da Sociedade de Nacins amosan que nos anos previos Guerra Civil, Espaa non era anda lder turstico mundial, pero que si “era un pas emerxente” e en 1931 o pas ocupaba o posto 13º no rnking mundial de pases tursticos, e en 1933 xa era 9º.

Mapa das provincias mis tursticas

Na segunda parte da súa intervencin, Rafael Vallejo presentou unha das novidades do seu traballo, un mapa das 22 provincias mis tursticas de Espaa entre 1927 e 1934. Foi elaborado empregando seis indicadores de oferta turstica e tres de demanda dese perodo e est encabezado por Guipúscoa e as illas Baleares, seguidas de Barcelona, Madrid e Sevilla. A Corua e Pontevedra tamén estaban entre esas 22 provincias mis tursticas do pas e, segundo Vallejo, “nese mapa turstico da década de 1930 estn sentadas as bases da xeografa turstica da Espaa da segunda metade do século XX”.

Todas estas cuestins estn recollidas con detalle no libro Los orgenes del turismo moderno en Espaa. El nacimiento de un pas turstico, 1900-1939, que se publicar o prximo mes de maio con 25 captulos e a colaboracin dunha vintena de especialistas, como Margarita Vilar e Elvira Lindoso, da Universidade de A Corua, e Kirsty Hooper, da Universidade de Warwick, que forman parte do grupo de investigacin Turhisgal, que dirixe Vallejo.