Fernando Dacosta recolleu este xoves o galardn de honra Marisa Soto
Os XXIII Premios Mara Casares recoeceron o labor da Aula de Teatro Universitaria de Ourense
A distincin foi compartida coa súa homloga da Universidade de Santiago de Compostela
O Teatro Rosala Castro da Corua acolleu este xoves pola noite a gala de entrega dos XXIII Premios Mara Casares e entre as e os galardoados pola Asociacin de Actores e Actrices de Galicia estivo a Aula de Teatro Universitaria de Ourense, que recibiu o Premio de Honra Marisa Soto de xeito compartido coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago.
A Asociacin de Actores e Actrices de Galicia outorgou o galardn s dúas aulas en recoecemento ao “inxente labor destas dúas aulas de teatro, auténticas canteiras para a nosa escena profesional dende as súas respectivas fundacins a comezos dos anos 90 do pasado século,” e ao “gran traballo hora de crear afeccionados, público e un tecido de interesantes iniciativas formativas ou de exhibicin como son os diferentes festivais que se repiten cada ano”.
Fernando Dacosta, director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, foi o encargado de recoller o galardn xunto ao seu homlogo da aula compostel, Roberto Salgueiro. Na recollida do premio, Dacosta salientou como “é un pracer compartilo coa Aula de Santiago e permtome facelo extensible ao movemento teatral universitario galego: aos grupos universitarios e s aulas de teatro de Vigo e Lugo que tan bo labor fan. Ogall este premio sirva para recuperar as aulas da Corua, Pontevedra e Ferrol que cesaron na súa actividade, algo que pon en perigo o modelo teatral universitario do que era estandarte Galicia”.
Estimular o esprito crtico
Con este premio, dixo s e aos presentes Fernando Dacosta, “premiades a miles de actrices e actores que pasaron polas aulas de teatro universitarias, algúns estn hoxe aqu. Premiades a docentes, dos que tamén hai algúns por aqu”. O teatro profesional, indicou o director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, “dlle pulo canteira, formacin de actores e actrices, ao teatro de base, creacin de novos públicos e iso vennos moi ben para tratar de seguir existindo, pois o premio é poder realizar a nosa actividade a pesar das dificultades que atopamos cada ano”.
Entre os agradecementos, Fernando Dacosta apuntou como “un labor de tantos anos débese a moitas persoas, alumnas, docentes, técnicos... tamén amigos e familia”, dando as grazas tamén 鶹 e ao campus de Ourense, “representado aqu pola vicerreitora Esther de Blas e o técnico de Cultura, Filemn Rivas, que sempre nos apoiou, ininterrompidamente, desde o ano 91”. A lista de agradecementos tamén incluu, ademais das institucins, a “varias mulleres: a fundadora da aula, Ánxeles Cua, e as compaeiras de Sarabela, docentes de diversos niveis da aula, Elena Seijo, Fina Calleja e Sabela Gago”.
“Dise do teatro que é unha arte efémera. Non o creo. Se comunicamos, se emocionamos, se somos quen de transformar ao espectador estaremos axudando a pensar nosa sociedade, estimulando o seu esprito crtico. E esa persoa cambiada ten un crculo no que pode incidir e ese crculo incidir nun maior. Penso que o poeta é quen de cambiar as sociedades”, indicou Fernando Dacosta no seu discurso no Teatro Rosala Castro da Corua.
