O catedrtico Luis Antonio Velasco falou sobre este tema no campus
Unha ollada ao “acertado” réxime xurdico contra a publicidade denigrante sobre as mulleres
Nunha conferencia celebrada este venres na Facultade de Dereito
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este venres unha conferencia de Luis Antonio Velasco, catedrtico de Dereito Mercantil da Universidad de Valladolid, sobre a publicidade denigrante para as mulleres. Na súa intervencin analizou o marco xurdico da publicidade sexista apuntando como cada vez hai unha maior sensibilidade neste eido e como na actualidade “o estndar que temos en Espaa é bastante elevado”.
A conferencia celebrouse dentro do Curso de Actualizacin Xurdica 2018/2019 que desenvolve o centro e que consiste na celebracin de sete conferencias doutros tantos especialistas que permiten ao longo deste curso académico a alumnado e profesorado actualizar os seus coecementos en diferentes reas do dereito. No acto, o relator estivo acompaado polas profesoras do centro Francisca Fernndez Prol, coordinadora do curso, e Ana Mara Tobo, catedrtica de 鶹 na Área de Dereito Mercantil, estando tamén presente Marta Fernndez, decana da Facultade de Dereito de Ourense.
Durante a súa intervencin, Luis Antonio Velasco explicou “o réxime xurdico da publicidade denigrante das mulleres no dereito espaol”, regulado segundo indicou no artigo 3 da Lei Xeral de Publicidade de 1991, no que hai unha prohibicin xeral da publicidade vexatoria das mulleres, e desenvolvido posteriormente na Lei sobre Violencia de Xénero de 2004, onde se realiza unha tipificacin mis concreta do que debe entenderse como publicidade denigrante da muller. Ao longo da súa intervencin, presentou ao alumnado e profesorado da Facultade de Dereito asistente supostos de publicidade ilcita que atentan contra a dignidade da muller, sentencias xudiciais e resolucins do xurado da publicidade de Autocontrol, organismo independente de autorregulacin da industria publicitaria en Espaa, do que o propio Velasco foi vicepresidente.
Do evidente ao sutil
Segundo detallou o catedrtico na súa intervencin apoindose en exemplos reais, “hai supostos moi groseiros de publicidade sexista que claramente son ilcitos e logo hai outros mis suts sobre os que cada vez se vai tendo mis sensibilidade”. Neste segundo bloque apuntou como se ten en conta como “a publicidade contribúe a xerar estereotipos de xénero”. “Non é que estea prohibido que apareza unha muller facendo tarefas tradicionalmente asociadas ao xénero feminino. O que est prohibido é que se transmita unha mensaxe de submisin da muller ao home ou a mensaxe de que ese tipo de actividades unicamente son para a muller”, aclarou. Cando por exemplo se anuncia un produto de limpeza para o fogar no que s aparecen mulleres e se interpela directamente s ao xénero feminino, sinalou como “inaceptable non é que apareza a muller realizando este tipo de funcins, que corresponden por igual a homes e mulleres, senn que se transmita claramente a mensaxe que é unha actividade feminina, o cal obviamente non se pode tolerar”.
Sobre o marco xurdico existente neste eido apuntou Luis Antonio Velasco como o “estndar que temos en Espaa é bastante elevado”. Tamén detallou o relator como “hai algún tipo de publicidade moi habitual noutros pases, como Estados Unidos, que en Espaa non sera admisible”. Neste senso lembrou como a publicidade en televisin est case toda voluntariamente sometida ao sistema de exame previo da publicidade de Autocontrol. “Ás veces hai algún tipo de publicidade sexista de tipo marxinal, como carteis de carreteira ou algunha cua radiofnica, pero nos grandes medios de comunicacin os casos que se dan son mis suts”. En todo caso, indicou antes da súa conferencia, anda que se dan casos de denuncias de publicidade sexista “outros quedan no debate puramente social”, condicionados en moitas ocasins polo feito de que a publicidade é “un produto moi efémero”.
Apuntando como na súa opinin o marco xurdico no referido publicidade denigrante para a muller é na súa opinin “moi acertado”, o catedrtico sinalou como se trata “dun marco bastante axeitado sobre todo porque se vai interpretando”. As, explicou, “hai que ter en conta que para apreciar a mensaxe subxacente nun anuncio hai que ter en conta como o percibe unha ou un cidadn medio e esa sensibilidade vai cambiando”. Como exemplo Luis Antonio Velasco comentou como nos primeiro anos de actividade do xurado de Autocontrol houbo resolucin que non consideraron publicidade ilcita anuncios que agora si se consideraran. “Cada vez hai unha maior sensibilidade co tema” afirmou, explicando como “na medida en que vai evolucionando a mentalidade da sociedade, a sociedade vai vendo cousas que hai 20 ou 25 anos pasaban totalmente desapercibida. Moita da publicidade dos primeiros anos da televisin hoxe seran inadmisibles. Afortunadamente a sociedade evolucionou moito”.
