DUVI

Diario da 鶹

A egresada acadou o primeiro premio na pasarela para novos talentos da Madrid Fashion Week

Melania Freire imponse no Ego cunha coleccin nacida en Esdemga

Grazas súa coleccin ‘Me compré una postal de David Hockney’

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Premios
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 25/01/2019

En novembro de 2017, Melania Freire presentaba por primeira vez sobre unha pasarela Me compré una postal de David Hockney, a coleccin que constitua o seu proxecto de fin de estudos en Esdemga e que amosaba por primeira vez ao público en Debut, o desfile no que esta titulacin da Facultade de Belas Artes proxecta o traballo dos seus novos egresados e egresadas. Pouco mis dun ano despois, unha versin ampliada da coleccin que articulou como unha homenaxe a este artista britnico serviu a esta deseadora para facerse co premio Mercedes-Benz Fashion Talent 2019, o galardn que distingue mellor das coleccins presentadas no Samsung Ego, a pasarela para novos talentos da .

“Ter recibido este premio supn para min a constatacin do feito de que o traballo e implicacin na realizacin dos proxectos persoais trae sempre consecuencias positivas”, salienta Freire dun galardn que recoece como “unha gran recompensa a nivel persoal”. Xunto a 404 Studio e Reveligion, Freire foi unha das tres deseadoras seleccionadas por primeira vez para participar nesta plataforma para novos talentos, na que Anel Yaos, Cherry Massia, MikelColas e Madridmanso, todos estes proxectos con experiencia previa no Ego, tamén optaban ao premio outorgado a Freire e que lle permitir amosar as súas creacins na Mercedes-Benz Fashion Week de Praga. Nese senso, a titulada en Esdemga recoece que o feito de que o xurado decidise premiar a súa coleccin, “ideada para un contexto educativo como foi o proxecto de fin de estudos de Esdemga”, foi algo “marabilloso, unha grande honra”, que súa vez permite tamén achegar as súas creacins a un público maior, non s no propio Ego, senn tamén, grazas ao premio, na semana da moda de Praga.

Unha plataforma “única” 

Grazas a este premio Mercedes-Benz Fashion Talent, que hai dous anos acadaba tamén outra deseadora formada en Esdemga, Elena Rial, Freire Esdemga convertase nunha das grandes protagonistas da primeira xornada da Madrid Fashion Week, que este xoves iniciou no Ifema madrileo a súa edicin número 69 da man do Samung Ego, que abriu o desfile da firma gaadora da décimo primeira convocatoria do concurso Samsung Ego Innovation Project, LHSY-Studio, e pecharon as propostas de Zuzana Kubickova, deseadora internacional procedente da Mercedes-Benz Prague Fashion Week. 

Horas despois de completar cun premio a súa primeira participacin na Fashion Week, Freire pon de relevo que “a visibilidade que se consegue grazas a esta plataforma de promocin é única”. Nese senso, lembra o amplo seguimento “por parte de medios nacionais e internacionais” que ten o evento que ata o martes 29 se desenvolve en Madrid, e que tan deste “o lugar ideal para mostrar aquilo que me representa como creadora”. 

Unha “gran pintura apropiacionista”

Xurdida como unha homenaxe a Hockney, Me compré una postal de David Hockney é unha coleccin que Freire recoece “constituu un gran desafo a nivel creativo e persoal”, e na que tomou como inspiracin tanto a traxectoria deste artista, considerado un dos nomes de referencia do pop art, como a súa propia visita retrospectiva dedicada a Hocnkey na Tate Britain de Londres. “É unha homenaxe ao pensamento artstico e ao xeito do comunicalo”, sinala dunha coleccin inspirada tanto en obras como os cadros de piscinas que Hockney realizou na súa etapa en Los Ángeles na década de 1960 como na propia imaxe persoal do artista, nas súas gabardinas, gravatas e camisas, e que súa vez formula tamén unha mirada propia institucin musestica “e maneira na que comunica arte” e a propia experiencia das persoas a que visitan, tomando neste caso como punto de partida os debuxos que realizara no seu da dos e as visitantes a esta exposicin. Trtase, engade Freire, dunha “gran pintura apropiacionista”, que presenta nos seus estampados “pequenos anacos pintados a man sobre o tecido” deses cadros de piscinas que se amosan “fragmentados e dispostos en paneis superpostos” nunha coleccin que, mantendo as ideas e inspiracins do seu proxecto de fin de estudos, foi ampliando nos meses seguintes a Debut, o que lle axudou a contar co maior número de estilismos que require a participacin no Ego, recoece esta deseadora, que é tamén graduada en Belas Artes e que, tras completar os seus estudos en Esdemga, combinou a súa actividade profesional como deseadora coa súa participacin en exposicins, a súa participacin no proxecto de investigacin Design, Fashion and Future Lab, do grupo de investigacin DX7 da Facultade de Belas Artes, ou a súa colaboracin nos departamentos de arte de filmes como Longa noite, de Eloy Enciso ou Aquilo que arde, de Oliver Laxe.

Por outra banda, ademais de Freire, Esdemga tamén se ve representada na Fashion Week Madrid, que se desenvolve ata o 29 de xaneiro no Ifema madrileo, pola titulada Sheila Pazos, unha das 15 deseadoras seleccionadas para participar no showroom da pasarela, onde a gaadora de Debut 2015 estreou a súa nova coleccini Cadavre Exqus, desenvolvida a partires da súa seleccin no Programa de creacin de cmic, ilustracin e deseo do Injuve.