Segundo un estudo realizado por investigadores da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte
A idade media dos futbolistas da Liga de Campins aumentou 1,6 anos nas tres últimas décadas
O artigo analiza tamén as variables que inflúen no seu valor de mercado
Os futbolistas que compiten na principal competicin europea, a UEFA Champions League, son na actualidade 1,6 anos maiores de media que hai preto de tres décadas. Esta é a principal conclusin do estudo realizado polos investigadores da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Anton Kalen, Ezequiel Rey, Alejandro Sal de Relln e Carlos Lago, comparando as idades de todos os xogadores que competiron na Liga de Campins desde que esta adoptou o seu “formato moderno”, na tempada 1992-1993, ata a pasada tempada 2017-2018, perodo no que a idade media dos futbolistas pasou dos 24,9 anos aos 26,5. O estudo, recollido nun artigo da revista , constata tamén que non existen diferencias na idade media entre os equipos con maior éxito na competicin e aqueles que non superan a fase de grupos, vez que articula unha anlise sobre os diferentes factores que inflúen no valor de mercado destes futbolistas, propoendo un modelo que permitira estimar ese valor en funcin de variables como a idade, o posto no que xogan, a súa experiencia na competicin continental e as veces que a gaaron.
“Isto significa ao meu xuzo que melloraron moito os sistemas de adestramento, que se adestra cada vez mis pero mellor, e que os xogadores cidanse mis”, sinala o catedrtico Carlos Lago, autor deste artigo xunto ao profesor Ezequiel Rey e aos estudantes de doutoramento Anton Kalén e Alejandro Sal de Relln. Segundo apuntan os autores do estudo, este aumento da idade media dos deportistas de alto nivel “xa se demostrara noutros deportes, como no tenis, pero no fútbol non haba ningún estudio ata agora que verificase que se estaba producindo ese mesmo efecto”, o que, a xuzo de Lago, “é consecuencia da ciencia e do investimento econmico dos clubs”, que contriburon a que existan mellores medios para a recuperacin dos deportistas, a un maior control da alimentacin ou a unha mellor formacin dos preparadores fsicos, “e por tanto conséguese que os xogadores sexan capaces de permanecer mis anos na elite e manter durante mis tempo o seu mximo rendemento”.
Os porteiros alongan mis a súa vida deportiva que os dianteiros
A partires dunha base de datos con 16.062 referencias, as idades de todos os xogadores que ao longo das tempadas analizadas competiron cando menos nun partido da Liga de Campins, este estudo permitiu comprobar tamén que, fronte a hiptese de que “os equipos que gaan teen xogadores con moita experiencia na competicin”, a idade media dos conxuntos que acadaban o campionato ou chegaban final e semifinais non variaba con respecto dos clubs eliminados en roldas previas ou na fase de grupos. “O que apunta isto é que quizais a combinacin ideal para ter éxito sera ter xogadores con experiencia, que entenden mellor o xogo, con dominio da profesin, pero tamén xogadores novos, con fame de gaar ttulos e de crecer”, conclúe Lago.
Por outra banda, a anlise recollida no artigo amosa tamén que “esta evolucin da idade media produciuse en todos os postos especficos”, anda que dun xeito diferente. Nese senso, explica Lago, porteiros ou defensas centrais “alongan mis a súa vida deportiva”, podendo alcanzar “o seu pico de rendemento mximo aos 30 anos”, fronte a xogadores en postos “nos que a actividade é mis esixente”, como os dianteiros ou os extremos, “que son capaces de manter menos tempo a súa lonxevidade deportiva”.
O maior valor de mercado, entre os 26 e os 30 anos
Unha segunda parte deste estudo detense nas variables que inflúen no valor de mercado nestes futbolistas, para comprobar que “a relacin entre a idade dos xogadores e o seu valor de mercado ten a forma dunha U invertida”, de tal xeito que o “valor mximo” destes deportistas se situara nunha franxa que abrangue dos 26 aos 30 anos. Por debaixo desta franxa, sinala Lago, os xogadores de entre 21 e 25 teran “un valor parecido pero inferior”, mentres que se sitúan por debaixo dos 21 ou por riba dos 30 “caen no seu valor”.
O artigo detense tamén noutra serie de variables que inflúen igualmente nas contas que os clubs aboan polo traspaso de xogadores, como o seu posto especfico, xa que “conforme vas avanzando no campo os xogadores cada vez valen mis”, de tal xeito que os dianteiros teen polo xeral un maior valor econmico que os porteiros. Tamén determina un maior prezo de mercado “os anos de experiencia” no club e na competicin, ao igual que o feito de ter gaado a propia Liga de Campins, “que ten un enorme impacto no seu valor de mercado”.
Nese senso, a partires desas variables da idade, o posto, a experiencia e o número de veces que se gaou a competicin continental, os investigadores presentan neste artigo un “modelo estatstico que che permite estimar o valor de mercado dos xogadores”, apunta Lago, que incide en que “este é un aspecto que actualmente estase a estudar moito, saber cal sera o valor ideal dun xogador”.
