DUVI

Diario da 鶹

A cargo do profesor Anxo Angueira e coincidindo coa celebracin no centro do Da de Rosala

Filoloxa e Traducin acolle a presentacin do novo número da revista Follas Novas

Tamén se presentou o terceiro volume de Cartas de Murguia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
D. Besado DUVI 28/02/2019

As celebracins arredor da figura de Rosala de Castro coparon estes das a axenda cultural galega, tamén na 鶹, onde aos actos celebrados o pasado luns no campus de Ourense se sumou este xoves unha nova actividade, organizada neste caso polo Departamento de Filoloxa Galega e Latina. Da man do profesor e escritor Anxo Angueira, presidente da fundacin que leva o nome da autora, a Facultade de Filoloxa e Traducin converteuse no lugar elixido para realizar a presentacin do novo número da revista e do terceiro volume de Cartas de Murguia (1886-1923), dous volumes recén sados do prelo e editados ambos pola propia fundacin.

Presentado polo director do departamento, Alexandre Rodrguez Guerra, Anxo Angueira agradeceu o convite lembrando que esta semana o pobo galego celebrou de múltiples maneiras e dun xeito moi intenso a Rosala de Castro e, “neste sentido a Universidade non poda quedar allea a estas celebracins”.

“As cartas que el recibiu, acumulou, gardou e se conservan” desde a morte de Rosala ata o seu falecemento

Lamentando a ausencia no acto dos profesores Xosé Luis Axeitos e Xosé Ramn Barreiro, autores deste terceiro volume de Cartas de Murguia, “aos que lle foi imposible achegarse hoxe a Vigo”, Angueira recalcou a importancia dunha obra na que se recolle o epistolario pasivo de Manuel Murgua desde 1886, ano seguinte morte de Rosala, ata 1923, data do seu falecemento. “Son as cartas que el recibiu, acumulou, gardou e se conservan”, explicou Angueira, que fixo tamén fincapé en que as misivas “ofrecen un mural extraordinario do esforzo coral que Galicia realizou nesta época e que coordinou Murgua”.

Entre os aspectos que mis chaman a atencin da lectura destas cartas, o escritor fixo fincapé no elevado grao de colaboracin que haba arredor do proxecto de elaboracin da historia de Galicia. “Nas cartas vese todo o traballo que Murgua lles a encargando a súa rede de colaboradores”, explicou Angueira, que fixo referencia tamén a que estas misivas permiten coecer, entre outros moitos temas, a posicin de Murgua con respecto creacin das Irmandades da Fala. “É un volume moi interesante, que complementa aos dous anteriores e que, ademais, se completar para o ano que vén cun novo volume que recoller a correspondencia familiar e novas cartas que foron descubertas nos últimos tempos”, explicou o presidente da fundacin.

"Fervedoiro académico"arredorda figura de Rosala

Na segunda parte da presentacin, Angueira centrouse na revista Follas Novas, unha publicacin de carcter anual e concibida como un proxecto para tratar de darlle canle e sada a todo o fervedoiro que hai no mundo académico e investigador arredor da figura de Rosala de Castro. Editada pola propia fundacin e dirixida polo profesor Xosé Luis Axeitos, a idea é consolidar esta publicacin como a gran referencia das últimas achegas sobre os estudos rosalianos.

Patrocinada neste caso polo Concello de Rois –os anteriores foran subvencionados por Padrn e Rianxo- e estruturada en diferentes seccins -Artigos, Textos e Documentos, Recensins, Bibliografa, Varia e Casa de Rosala-, a revista é unha especie de fiestra que serve para reactualizar constantemente a mensaxe dunha personalidade tan senlleira como a da propia Rosala.

Neste número hai colaboracins de Xosé Ramn Barreiro, centrada neste caso nos epgonos das Irmandades da Fala, “no que o autor explica os desencontros entre Murgua e a xente nova das Irmandades”; de Justo Beramendi, sobre a Revolucin da Gloriosa e o galeguismo; de Anxos Garca e Henrique Sanfiz, sobre as relacins de Rosala co Seixo, aldea marieira da ra de Ferrol, no concello de Mugardos... e, entre outros, do propio Anxo Angueira, autor do captulo Manuel Barros, crtico e tradutor de Rosala, no que se divulgan algúns aspectos non coecidos do escritor e xornalista da parroquia de Trabanca (Padrn) Manuel Barros, profundo admirador de Manuel Murgua e Rosala de Castro e un activista do galeguismo na capital bonaerense, onde dirixa o xornal La Nacin Espaola.

A celebracin do Da de Rosala na Facultade de Filoloxa e Traducin rematou cun recitado colectivo aberto a todas as persoas asistentes.