DUVI

Diario da 鶹

O alumno de BBAA Daniel Rorguez coordina unha mostra de traballos da academia Kraken

Unha exposicin achega Vicerreitora o mundo da animacin ‘stop motion’

Reúne os escenarios e personaxes realizados para dúas curtas de animacin

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 29/03/2019

Definida por articularse a partires dunha sucesin de imaxes fixas, a animacin stop motion é o eixo da exposicin Os monstros de Kraken. Elvis!, que na tarde deste venres se inaugura na sala de exposicins da Vicerreitora do campus. Coordinada polo alumno de doutoramento da Facultade de Belas Artes Daniel Rodrguez Palacios (Lizartonne), a mostra reúne os escenarios, personaxes e bocexos realizados para a rodaxe das curtas Elvis! e Avelino, no marco da academia de animacin Kraken, que dirixe este estudante.

“A animacin stop motion, fronte a outras técnicas, ten para min un valor engadido en canto a que permite traballar coas plasticidade dos materiais. Toda a textura e ambientacin danlle un carcter s animacins realizadas con esta técnica que moi dificilmente se pode imitar mediante técnicas dixitais”, salienta Lizartonne do eixo dunha exposicin que poder visitarse ata 13 de abril, e que este venres s 20.00 horas celebra a súa inauguracin coa participacin do Vicerreitor do campus, Jorge Soto.

Os escenarios e a estrea de Elvis!

A exposicin reúne por unha banda polos tres escenarios empregados na rodaxe da curta Elvis!, realizada polo alumnado de Kraken e que se exhibir por primeira vez publicamente no marco desta exposicin. Tanto esta curta como Avelino, premio mellor curta de animacin no Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia Rir de Allariz, proxectaranse ao longo destes das na sala de exposicins da Vicerreitora, sendo ambos traballos o resultado do traballo realizado polas alumnas de Kraken, baixo a titora de Daniel Rodrguez, no marco do seu proceso formativo.

Nese senso, o coordinador desta mostra explica que foron tres as alumnas que participaron na rodaxe de Elvis!, unha curta presentada como unha crtica, desde o humor, “ao amor romntico e certas convencins” dirixida “por unha estudante de artes escénicas e unha cirurxi", que non traballaran previamente con animacin, o que fai, sinala, que “o resultado sexa abraiante”. Concretamente na exposicin reúnense os tres escenarios, un corredor, unha habitacin e un xardn, realizados para esta curta, xunto coas súas dúas personaxes, articulables e feitas a man por unha das alumnas, as diferentes bocexos e mostras do story board desta curta. Por outra banda, a exposicin complétase coa presentacin dos personaxes e do único escenario empregado na rodaxe Avelino, achegando no seu conxunto unha serie de “pequenos mundos nos que podes entrar por un momento”, como salienta Lizartonne.