DUVI

Diario da 鶹

A categora masculina de baloncesto continúa invicta

O equipo de rugby do campus arranca o ano cun empate fronte a Babyauto Zarautz RT

Os xogadores de fútbol gaélico gaaron a Cambados FG

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 13/01/2020

Os equipos que representan ao campus de Ourense nas diferentes competicins arrancaron esta fin de semana a súa actividade con desigual sorte. Mentres o primeiro equipo de rugby acadaba un empate fronte a Babyauto Zarautz RT, as categoras masculinas de baloncesto e fútbol gaélico conseguan cadansúa vitoria nos encontros disputados. Tamén esta fin de semana iniciouse a programacin de rutas culturais de 2020 cun percorrido pola lagoa de Cospeito.

Empate en rugby

A xornada 14 de competicin no grupo A da divisin de honra B do rugby estatal saldouse o domingo para o Campus Universitario Ourense cun empate contra Babyauto Zarautz RT no encontro disputado no campo corués de Acea da M. Foi un partido moi disputado, liderado na primeira metade polos ourensns, que rematou cun marcador de 27-27. Con este resultado, o equipo universitario sitúase no cuarto posto do seu grupo, con oito vitorias, un empate e catro derrotas no que vai de tempada. Tamén en rugby pero xa na liga galega, o equipo do Campus Universitario Ourense perdeu contra Os Ingleses por 160-0.

Continuidade en baloncesto

Polo que respecta ao baloncesto, os equipos do campus inician 2020 coa dinmica de resultados de anteriores xornadas de liga. A categora masculina mantense como lder invicto do seu grupo na primeira divisin masculina tras gaar o sbado 66-89 a Sigaltec. A categora feminina continúa no último posto do seu grupo na primeira divisin tras perder tamén o sbado 36-56 fronte a Forbe Seis do Nadal.

Desigual sorte en fútbol gaélico

En fútbol gaélico, a categora masculina desprazouse a Cambados para xogar o seu penúltimo partido da primeira volta da Liga Galega de Fútbol Gaélico, gaando o encontro por un marcador final de Auriense Campus da Auga FG 7-14 (35) vs 4-16 (28) Cambados FG. Polo que respecta categora feminina perderon en Santiago de Compostela fronte a Estrela Vermelha FG por un marcador final de Estrela Vermelha FG 3-21 (30) vs Auriense Campus da Auga FG 3-4 (13).

Primeira ruta cultural de 2020

Por último, a programacin de rutas culturais que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹 iniciou 2020 coa celebracin o sbado 11 de xaneiro dunha andaina pola lagoa de Cospeito, na provincia de Lugo. Cunha dificultade baixa e un itinerario de 15 quilmetros, as e os 67 participantes procedentes dos tres campus da 鶹 coeceron, da man dun ambientlogo, a lagoa de Cospeito, que se engloba dentro da Reserva da Biosfera Terras do Mio e est considerada un dos ecosistemas hdricos mis importantes do noroeste da pennsula, segundo indican desde a organizacin da actividade. Ademais de percorrer este enclave, as e os inscritos realizaron nela unha actividade de observacin guiada de aves.