DUVI

Diario da 鶹

Os xogadores lideran o seu grupo na primeira divisin

O equipo de baloncesto masculino suma a súa quinta vitoria consecutiva

O sbado 65 persoas participaron na segunda ruta cultural do curso

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 18/11/2019

A categora masculina do Universitario Campus Ourense de baloncesto continúa sen estrear o marcador de derrotas, sumando esta fin de semana a súa quinta vitoria consecutiva. Pola contra, a categora feminina segue sen estrear o marcador de vitorias. Tamén esta fin de semana xogaron encontros de liga os equipos de rugby e fútbol gaélico do campus, ademais de celebrarse a segunda ruta cultural deste curso académico, na que participaron 65 persoas.

O sbado, o Universitario Campus Ourense de baloncesto sénior masculino recibiu nas instalacins universitarias a CB Tui Seta, ao que gaou por un marcador de 70-40. Con cinco vitorias nos cinco partidos disputados, os xogadores sitúanse lderes de grupo na primeira divisin masculina. Xa na primeira divisin autonmica feminina, o representante do campus perdeu o domingo por un marcador de 75-51 na súa visita a Fisiogal Centro de Fisioterapia. Con cinco derrotas en cinco partidos disputados, as xogadoras mantéense no último posto do seu grupo.

Rugby e fútbol gaélico

Co primeiro equipo de descanso, esta fin de semana xogaron encontros da liga galega de rugby as categoras masculina e feminina do Campus Universitario Ourense Rugby. A masculina gaou a Santiago RC 17-22 e a feminina perdeu ante o Kaleido Universidade Vigo por 41-27. Polo que respecta ao fútbol gaélico, o domingo as instalacins deportivas universitarias acolleron o encontro da Liga Galega de Fútbol Gaélico entre o combinado do Auriense Campus da Auga FG e o Keltoi Vigo GAC, tanto na categora masculina como feminina. Ao seu remate celebrouse a IV Xornada da Liga Gallaecia-Conferencia Sur, na que se enfrontaron Afiadoras FG contra Grvias FG e Condado FG contra Morrazo Berobreo FG.

Segunda ruta do curso

Tamén este sbado, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹 celebrou a segunda ruta cultural deste curso académico. 65 persoas procedentes dos tres campus realizaron a andaina Camio da Geira Mioto Ribeiro, podendo no  percorrido gozar “do outono en estado puro”. Cunha dificultade baixa-media e 16 quilmetros de percorrido, a andaina levou s e aos participantes ao Museo do Vio de Galicia, en Ribadavia; ao balneario de Bern; ermida de San Roque; a Lebosende; a Pazos de Arenteiro e Adega Seoro de Beade.