DUVI

Diario da 鶹

150 persoas participan este xoves nas XVI Xornadas Interxeracionais

Un da para a convivencia sen barreiras sociais

Estn organizadas por alumnado de Educacin Social do campus

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Estudantes
Rosa Tedn DUVI Ourense 11/04/2019

150 persoas con idades e capacidades moi diversas pero coas mesmas ganas de divertirse déronse cita este xoves pola ma na Praza Maior de Ourense para participar nas XVI Xornadas Interxeracionais. Ao longo de todo o da, a convivencia, o xogo e a música permitirn a persoas maiores, alumnado universitario, escolares e persoas con diversidade funcional compartir unha xornada diferente na que as barreiras sociais desaparecen.

Múltiples aspectos positivos

A cita est organizada por alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso do Grao en Educacin Social da Facultade de Ciencias da Educacin, co apoio do centro, da Vicerreitora do Campus de Ourense e de Ategal, a Asociacin Cultural Galega de Formacin Permanente de Adultos. Desde a organizacin salientaron no inicio da actividade como a cita é froito do esforzo de arredor de 70 estudantes do centro, que ao longo de todo o curso académico traballaron na preparacin dunha actividade que conseguiu reunir a alumnado universitario, escolares, membros de Ategal e persoas con diversidade funcional de varias entidades de Ourense. Ftima Foade, Sonia Leiro e Tania Gndara destacaron en nome do alumnado organizador o interese destas xornadas polo que supn “a convivencia sen barreiras durante un da de colectivos moi diversos”. Tamén recalcaron como esta  iniciativa conseguiu celebrarse durante 16 anos “pasando a súa organizacin ano tras ano entre o alumnado” e o feito de que grazas ao traballo que realizan ao longo do curso na súa preparacin desenvolven aspectos como “a responsabilidade e o traballo en equipo” nun eido no que no futuro traballarn como educadoras e educadores sociais.

Sobre a iniciativa, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educacin, subliou como se trata “dunha actividade de convivencia, non s con persoas maiores e escolares, que era o obxectivo inicial hai xa 16 anos, senn tamén cada vez mis con outros colectivos que teen que ver coa educacin social”, apuntando como o obxectivo destas xornadas é “favorecer o uso da cidade en igualdade, con independencia da idade, condicin, etc”. Pola súa banda, desde Ategal Ourense, Marisa Justo, a súa responsable, salientou como os beneficios dos programas interxeracionais “son moi variados, tanto para as persoas maiores como para a mocidade”, indicando como fomentan a positividade, a autoestima, a motivacin e as capacidades sociais. Xa desde a visin dos colectivos con diversidade funcional participantes nesta edicin, David Varela, educador social de ADO Ourense, apuntou a importancia que ten para os membros da súa entidade “compartir tempo con outros colectivos, non estar s entre eles ou coas súas familias”. Por ser unha experiencia moi positiva para as e os participantes, indicou, levan seis anos acudindo a estas xornadas interxeracionais.

Programacin de tarde e ma

A programacin das XVI Xornadas Interxeracionais arrancou como xa é tradicin na Praza Maior de Ourense, onde se deron cita as e os participantes dos diferentes colectivos convocados. Al representantes das diferentes entidades deron lectura a un manifesto no que destacaron como “o obxectivo é rir e gozar todos xuntos nun da no que rachamos as barreiras de idades e capacidades”. Tamén subliaron o feito de que as xornadas levan 16 anos traballando pola inclusin e polo empoderamento dos diferentes colectivos sociais. A actividade continuou nos Xardns do Poso coa celebracin dun amplo abano de xogos, trasladndose ao campus, concretamente zona do estanque, para celebrar un pcnic amenizado por Sara e Bruno. Xa pola tarde a actividade incluir xogos populares e merenda no Edificio de Ferro para rematar cun concerto do grupo Xerock, formado por persoas con diversidade funcional.