DUVI

Diario da 鶹

A pasarela de Esdemga distinguiu tamén as creacins de Laura Murillo e Miriam Otero

Debut 2019 premia a fusin do barroco e o oriental de Inmaculada Rodrigues

Vicky Cordero gaou o premio ao proxecto con maior potencial comercial

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 22/11/2019

Herencia é o ttulo da coleccin coa que Inmaculada Rodrigues se converta, na noite deste xoves, na gaadora do primeiro premio da décimo terceira edicin de Debut, a pasarela na que 20 novas tituladas de Esdemga presentaban no Pazo da Cultura as coleccins que constituan os seus traballos de fin de estudos. Definida como unha “fusin entre oriente e occidente”, a coleccin gaadora caracterizbase pola combinacin de frmulas volumétricas barrocas coa influencia oriental que representaba o quimono. 

Nunha edicin na que se presentaban por primeira vez os traballos finais da primeira promocin de tituladas no Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda, xunto cos proxectos da última xeracin de egresadas do ttulo propio de Esdemga, o xurado de Debut 2019 outorgou o segundo premio a coleccin A la sombra de las luces, de Laura Murillo e recoeceu cun accésit o proxecto Novaya Zemlya, de Miriam Otero. As mesmo, aos premios que cada ano outorga a empresa Jesús Peir sumouse nesta edicin, grazas colaboracin do centro comercial Gran Va de Vigo, un novo galardn coleccin con maior potencial comercial, co que se distinguiu o proxecto Un dos, un dos... y todo ir bien, de Vicky Cordero.

Unha coleccin feita de herdanzas

Para dar forma a Herencia, Rodrigues, integrante da primeira promocin de tituladas no mestrado que se imparte na Facultade de Belas Artes, valeuse de tecidos antigos, tapices ou sabanas do século XIX que tia na súa propia casa. “Teo a sorte de ter un pai moi coleccionista, que vai de anticuario en anticuario, e avoas con moito gusto por este tipo de cousas”, recoece a gaadora de Debut, que empregou estas ‘herdanzas’ para dar forma a unha coleccin “barroca”, que xurde do seu gusto “pola escultura e polas formas arquitectnicas”, pero tamén de influencias orientais. Nese senso, Rodrigues ve neste premio, "unha meta que non agardaba”, un aliciente para continuar traballando, “no que me gusta, que é esa fusin barroco-oriental, que ao mellor pode ser unha va de traballo para futuras coleccins”.  

Un punto de peche e de inicio

Como unha “festa das estudantes”, presentou a directora de Esdemga, Lola Dopico, décimo terceira edicin de Debut, un evento que, lembrou, celebraba neste 2019 unha edicin “moi especial”, caracterizada por ser vez “un punto de peche e un punto de inicio”. Por unha banda, sobre a pasarela presentaban as súas coleccins dez novas tituladas no ttulo propio de Esdemga, que o pasado curso se impartiu por última vez, de tal xeito que, anda que se defendan novos proxectos fin de estudos o vindeiro ano, estas constituan a “última xeracin” duns estudos “que naceron hai 16 anos”. Por outra, presentbanse tamén os traballos finais da “primeira xeracin” de egresadas do mestrado en Deseo e Direccin Creativa en Moda, un evento que reuniu un ano mis no Pazo da Cultura a numerosos representantes do sector da moda e ao que asistiron tamén o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores; o vicerreitor de Ordenacin Académica e Profesorado, Manuel Ramos; e o decano de Belas Artes, Xosé Manuel Buxn; xunto con diferentes membros da corporacin municipal e provincial. 

Xunto s premiadas, Debut 2019 supuxo a estrea dos traballos de fin de mster de Alexandra Pais, Silvia Vilarelle, Andrea Flrez, Anaïs Kerbrat, Tania Campos, Silvia Marra, Ana Casas e Sandra Parguia; as como dos proxectos de fin de estudos de Teresa Búa, Mara Fall, Andrea Gonzlez, Paloma Malvar, Vanessa Parente, Andrea Pieiro, Ica Vzquez e Laura Villegas. Proxectos, como lembrou Dopico, que son o resultado de “moitas horas de traballo, dun investimento persoal e dunha aposta moi importante polo seu futuro”, marcados a súa vez por múltiples fontes de inspiracin. Sobre a pasarela presentronse nese senso tanto coleccins que cuestionaban o binarismo de xénero ou os tabús arredor da sexualidade, como proxectos influenciados por filmes como O silencio dos cordeiros ou por compositores como Mozart, pero tamén polas mulleres do sector pesqueiro, a cultura tibetana ou polo impacto da industria téxtil no medio ambiente. 

De avaliar estas creacins responsabilizouse un xurado integrado pola directora do Departamento de Moda da Kingston University de Londres, Elinor Renfrew, e a ex-directora de moda do Daily Telegraph e embaixadora da International Global Foundation, Hilary Alexander; o director comercial da firma italiana Limonta, Cesare Becalli; e o co-fundador de Loreak Mendian Vctor Serna.

Proxectando o traballo que se fai nas aulas

Xunto s 20 coleccins que optaban aos diferentes premios, Debut 2019 completouse, nun segundo bloque, coa presentacin dunha serie de creacins nacidos de exercicios académicos, “proxectos que amosan o que facemos nas aulas”, como lembrou Dopico. Concretamente, o desfile completouse coa presentacin de doce proxectos realizados o pasado curso por estudantes de primeiro curso de mestrado e coas propostas que 16 alumnas e alumnas realizaron, divididas en catro grupos, na iniciativa Brand by us, na que deban desenvolver o deseo dunha marca de moda.