As persoas interesadas poden achegarse aos seus ensaios semanais
O coro do campus busca novas fichaxes
Non é imprescindible formacin musical previa
Como cada inicio de curso, o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum abre as súas portas aos membros da comunidade universitaria interesados en unirse a esta formacin coral, especialmente ao alumnado de novo ingreso. Para formar parte del, apuntan os seus responsables, non é imprescindible formacin musical previa.
Para presentar o coro s posibles persoas interesadas, Xabier Álvarez, director da agrupacin, explica como “a nota mis destacada é que somos un coro interxeracional no que conviven persoas desde os 17 aos 76 anos. Somos como unha familia”. Esta mestura de idades e voces diversas, recalca, “é moi interesante tanto a nivel de convivencia, que é moi enriquecedora, como a nivel sonoro, pola unin de voces novas e veteranas”. Outro sinal de identidade da formacin, sinala o seu director, é que é un coro con vocacin de escola coral. “Imos mis al de aprender e interpretar unha serie de cancins, sempre temos un enfoque didctico e de formacin vogal e coral, como non poda ser menos estando nunha universidade”, sublia do director do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum.
Aposta pola diversidade
Outras das caractersticas diferencias e dos atractivos desta agrupacin, lembra o seu responsable, é que o seu repertorio “defnese pola súa variedade, non queremos limitarnos nin a un estilo nin a unha forma de cantar”. En actos de graduacin e outros actos académicos e en concertos fra do mbito universitario, o coro deleita cada curso s e aos espectadores cun repertorio que sempre se caracteriza pola variedade de estilos, épocas, culturas e idiomas que abrangue, incorporando música popular universal, galega, sacra, música pop, gspel ou bandas sonoras e prestando unha especial atencin a compositores corais contemporneos.
Cada curso arredor de 40 cantores e cantoras forman a agrupacin, manténdose un grupo estable e renovndose parte del, principalmente alumnado que remata os seus estudos ou egresadas e egresados que por motivos laborais non poden continuar participando. Cada luns e xoves, de 20.00 h. a 21.30 h, o coro ensaia na aula de música do Edifico de Ferro, convidando a todas as persoas interesadas a achegarse ata al. “Est entrando moita xente, temos desde o inicio de curso unha afluencia inusitada e agardamos que se incorpore anda mis persoas”, comenta Xabier Álvarez. Para apuntarse a esta actividade de balde, detalla, “s hai que vir ata os ensaios e xa lle explicamos todo”, non sendo imprescindible “anda que se agradece” ter coecementos musicais”.
