Un obradoiro achega a creacin de contidos para redes sociais co smartphone
Contar historias a través das redes sociais usando un teléfono mbil
Trabllase principalmente na elaboracin do guin
Hoxe en da hai moitas ferramentas ao alcance de calquera persoa para poder contar unha historia, vender un produto ou transmitir unha idea. A 鶹, consciente desta realidade, oferta, por primeira vez, un curso para a creacin de contidos audiovisuais para redes sociais usando o teléfono mbil. O obradoiro, inserido na programacin do segundo cuadrimestre, comezou o pasado 19 de febreiro e estenderase ata o vindeiro 14 de maio, os martes, en sesins de tres horas co obxectivo de achegar a creacin de contidos audiovisuais para redes sociais dunha forma prctica para que todo o mundo poida empregar o mbil coma unha ferramenta de traballo mis.
Á fronte deste obradoiro atpase Xoan Mario, produtor executivo e cultural en Mr. Misto, que insiste en que calquera obra audiovisual, independentemente dos medios cos que se produza, “ten que ter claro que quere contar, como o quere contar e a quen est destinada”, por iso o que mis se traballa neste obradoiro é o guin. En redes sociais, o obxectivo tamén é captar a atencin de espectadores potenciais e as obter novos seguidores e seguidoras e para iso hai que partir dun bo guin, sexa para a promocin dun produto ou para contar historias, porque “moitas veces non nos paramos a pensar en como temos que enfocar o que imos a contar”, sublia o docente
As redes sociais e as súas posibilidades
Actualmente as redes sociais son unha ferramenta orientada sobre todo ao marketing e a publicidade, e “ neste obradoiro estase a traballar principalmente na promocin de produto” sublia Mario. Non obstante, o emprego das redes como forma de comunicacin, non s se restrinxe ao eido publicitario e as, dentro do obradoiro “hai persoas que queren facer campaas de sensibilizacin, concienciacin ou empregar as redes sociais como ferramentas de divulgacin cientfica”, salienta Mario.
Ao mesmo tempo que se van definindo as ideas e empezando a traballar no guin de cada proxecto, tamén se tratan outros aspectos da creacin audiovisual. As, nunha das últimas sesins puideron sar a facer unha entrevista co mbil na rúa, exercicio do que Mario se mostra satisfeito “sairn contidos mellores ou peores, pero trtase de crear e aprender a manexarse coas ferramentas, traballando dunha maneira moi prctica”, xa que o obxectivo do obradoiro é sentar as bases para que o estudantado poida seguir dedicndose ao proxecto que teen elixido unha vez que remate o curso.
O teléfono mbil coma ordenador
Hoxe en da os teléfonos mbiles non deixan de ser un ordenador que cabe na palma da man e “que moitas veces pode ser mis potente que algúns dos porttiles cos que traballabamos hai anos”, destaca Mario. Practicamente todo o mundo ten un, pero non todos son quen de sacarlle o mximo rendemento, “ao final o que a maiora facemos é chamar, falar, colgar ou escribir por whatsapp”, sublia o docente, e, neste obradoiro, a idea é que o alumnado sexa capaz de explotar todas as posibilidades que lles ofrece o seu teléfono mbil hora de crear contidos para redes sociais.
Instagram, Twitter ou Facebook figuran entre as redes que mis se empregan e que poen a disposicin dos usuarios todo tipo de ferramentas para a creacin de contidos e ademais das propias de cada rede, no curso estase a traballar con outras aplicacins de descarga libre, anda que existen algunhas que requiren de pago para realizar certas accins. Non obstante, o docente salienta que “coas ferramentas gratutas xa temos suficiente marxe como para facer edicin, picar entrevistas, subir contidos e incluso crear subttulos”, polo que con poucos medios se poden crear contidos audiovisuais de forma sinxela.
Un curso motivador e moi prctico
O traballo coas novas tecnoloxas e cos novos medios de comunicacin facilita que as persoas poidan elaborar as súas propias historias e compartilas co mundo. Esta nova forma comunicar é o que se pretende salientar a través deste obradoiro, converténdoo nun curso que permite “un feedback moi interesante e que é moi motivador porque se trata de algo prctico, que o estudantado pode chegar a aplicar no seu traballo cotan”, salienta Mario, que tamén destaca que o alumnado chegou con moitas ganas de facer e de aprender e cun alto grao de motivacin e implicacin.
