DUVI

Diario da 鶹

O Geaat intervén neste xacemento dos concellos de Ombra e Monterrei

O Castelo de Lobarzn comeza a rexurdir

Os primeiros traballos realizados permiten ver a súa configuracin e dimensin

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • پܱ
  • Աپ
DUVI Ourense 23/07/2019

Desde o pasado 8 de xullo un equipo da 鶹 realiza a primeira intervencin arqueolxica no castelo de Lobarzn ou castro das Laxes das Chs, nos concellos ourensns de Ombra e Monterrei. Os primeiros traballos realizados no xacemento estn dando, segundo os seus responsables, moi bos resultados, “mudando completamente a perspectiva que tiamos da dimensin do castelo e da súa configuracin”.

O xacemento foi visitado este martes por Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Ana Mara Villarino, alcaldesa de Ombra; Marina Salgado, concelleira de Monterrei; Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia; Beatriz Comendador, directora do proxecto, e Victor Rodrguez, director do traballo de campo. A intervencin, lembrouse na visita, xorde no marco dun convenio de colaboracin asinado o pasado mes de abril entre a 鶹 e os concellos ourensns de Ombra e Monterrei para a realizacin de diversas actividades de recuperacin patrimonial, paisaxstica e etnogrfica da rea arqueolxica do castelo de Lobarzn e a súa contorna a cargo de membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (Geaat) da 鶹. O proxecto conta para a súa realizacin cunha subvencin Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR O9 Asociacin Monteval), sendo o orzamento total de 46.222 euros concedido a ambos concellos.

Dous sectores de traballo

Na intervencin participan sete arquelogos e dúas persoas de apoio, aos que hai que engadir persoal externo que participar en tarefas de levantamento do xacemento con drone e anlise de cermica en laboratorio, entre outras. Sobre o traballo realizado nas primeiras semanas de intervencin, os seus responsables sinalan como “o balance ata o momento é moi favorable”. “Xa se fixeron todos os labores de retirada de derrube e de desbroce, o que permitiu completar a visin que se tia do conxunto das estruturas, especialmente do sector do castelo”, comenta Victor Rodrguez. A zona que ocupa o xacemento, explican os responsables do proxecto, é un recinto de arredor de 5,5 hectreas e nel a intervencin arqueolxica realzase en dous sectores. O primeiro deles é o coecido como monte do castelo, onde ao inicio do proxecto se conservaba unha parte mnima das súas estruturas vista, e o segundo dos sectores é o coecido como A Cerca, A Cead, onde se partiu de dúas tumbas escavadas nas rochas xa coecidas.

Na zona do castelo, comenta Victor Rodrguez, “os resultados foron espectaculares, cambiou completamente a perspectiva que tiamos da súa dimensin e da súa configuracin”. O seu recinto, indica, agora é visible de maneira ntegra “cunha dimensin bastante maior esperable, porque haba unha zona inexpugnable por causa dunha maleza moi mesta que  impeda entrar por outras frontes”. Este recinto defensivo, engade o arquelogo, engloba unha torre, “da que se coeca a súa existencia pero da non se poda ver claramente a súa configuracin”. Coa limpeza feita, detalla, pdese ver xa “que se trata dunha torre cuadrangular, cunha construcin moi slida, con cantera moi ben traballada, moi rexia, apoiada parcialmente en bolos granticos naturais e rodeada por unha lia de muralla”. Esta lia de muralla, engade, agora pdese ver integramente, xa que ata o de agora s se coeca unha das súas frontes. “Esta muralla engloba outras estruturas que consideramos que poden ser anteriores, de época romana, e que continúan en uso no alto medievo”, sinala Rodrguez Muiz.

No sector coecido como das tumbas, os responsables da intervencin indican que se descubriu unha nova estrutura na que se vai facer unha cata arqueolxica a semana prxima. “Agardamos que con esa cata obteamos informacin suficiente que nos permita identificar a súa funcionalidade e a súa datacin con criterios mis cientficos”, comentan.  A segunda das catas ter lugar na torre do castelo.

Pola súa posicin estratéxica, como balcn natural aos ros Tmega e Bubal, e pola súa riqueza natural, biolxica e xeolxica, os responsables do proxecto lembran como se baralla a hiptese de que o xacemento tivera unha ocupacin continuada ou case continuada de catro milenios, cunha secuencia histrica que parece abranguer desde o mundo calcoltico ata a demolicin do castelo de Lobarzn arredor de 1460. Como mostra desta ocupacin prolongada, no marco dos traballos previos posta en marcha deste proxecto, nun abrigo natural deste enclave, descubrronse pinturas rupestres da tradicin esquemtica, realizadas sobre granito, sendo os primeiros motivos en Galicia que se atopan neste tipo de soporte.

Durante a visita tamén se falou das andainas que comezan a organizarse arredor deste xacemento, que comezarn o venres 26 de xullo. A alcaldesa Ana Villarino anunciou unha segunda andaina para o da 2 de agosto, ao remate dos traballos, e a vecianza organiza outra para o da 3 de agosto.