Nel incorpora a imaxe do Bancos de Alimentos
O Campus Ourense Rugby aposta pola solidariedade no seu novo equipamento
A iniciativa foi presentada este venres no Pazo Provincial
O Campus Ourense Rugby presentou este venres no Pazo Provincial de Ourense o equipamento que xogadoras e xogadores lucirn na vindeira tempada 2020/2021, tanto na divisin de honra B estatal como no resto de categoras e da escola de rugby do club. Nela apostarn pola solidariedade incorporando o logotipo da Federacin Espaola de Bancos de Alimentos. O acto contou coa participacin de José Luis Rey, presidente do Campus Ourense Rugby; Manuel Baltar, presidente da Deputacin de Ourense, e Cecilio Santalices, presidente do Banco de Alimentos de Ourense. Segundo explica en nota de prensa o rgano provincial, o presidente do Campus Ourense Rugby agradeceu o apoio das institucins e patrocinadores que colaboran “para que o equipo participe en todas as competicins nas que figura, desde a divisin de honra B, sendo o mellor equipo galego, e as demais categoras femininas e masculinas”, dixo José Luis Rey, que anunciou que o club crear unha fundacin para levar adiante un equipo de rugby inclusivo e traballar en proxectos similares de impulso e difusin do rugby en institucins penitenciarias.
