O campus acolleu este mércores unha xornada centrada na investigacin neste eido
A biomasa, unha alternativa para un desenvolvemento mis sostible
Nela abordronse exemplos do seu aproveitamento
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este mércores a celebracin da I Xornada de Biomasa e Desenvolvemento Sostible, organizada polo Grupo EQ2 da 鶹, grupo formado por un equipo multidisciplinar cun amplo historial investigador neste eido. Nela púxose en valor o potencial e as posibilidades que presenta o aproveitamento sostible de biomasa vexetal e maria para a obtencin de produtos de interese nos sectores qumico, enerxético, cosmético, alimentario e farmacéutico.
Esta iniciativa de divulgacin, organizada polos membros do Grupo EQ2 Mara Dolores Torres, Sandra Rivas e Carlos Vila, nace, segundo explicaron desde a organizacin, con vocacin de continuidade no futuro. A xornada contou coa participacin de Andrés Moure, da 鶹; Sandra Rivas, da Complutense de Madrid; Noelia Flrez, da Universidade do Algarve, en Portugal; Beatriz Gulln, do Centro Tecnolxico da Carne en Ourense, e Carlos Martn, da Universidade de Umeå, en Suecia. Nas súas intervencins expuxeron os estudos realizados por estes investigadores e investigadoras, formados no Grupo EQ2 e que actualmente desenvolven a súa actividade en diferentes centros. A cita pechouse cun recoecemento primeira catedrtica de universidade de enxeara qumica de Galicia, a profesora Mara José Núez.
Cinco visins
A programacin arrancou cunha conferencia de Andrés Moure titulada Pode a biomasa salvar o planeta? “Un incremento das necesidades enerxéticas da poboacin, por unha banda, e a loita contra o cambio climtico, por outra, fan que sexa mis necesario que nunca buscar solucins e novas vas de xeracin de enerxa tendo como obxectivo un modelo enerxético mis sostible”, comentou o investigador. Neste contexto, engadiu, “a principal caracterstica da biomasa é o uso da materia orgnica como fonte de enerxa, xa sexa de maneira natural, residual de actividades agrcolas e gandeiras ou de cultivos enerxéticos. Desta maneira por cada litro de petrleo aforrado evtase a emisin de dous quilos de dixido de carbono”. A biomasa, indicou Moure, “non s ofrece unha alternativa sostible aos combustibles fsiles, senn que tamén é unha fonte de compostos qumicos e de novos biomateriais, podendo obterse dela un amplo abano de produtos comerciais”.
Pola súa banda, Noelia Flrez, da Universidade do Algarve, abordou o potencial dos residuos derivados da producin de castaa para aplicacins cosméticas e farmacéuticas tomando como referencia un traballo desenvolvido no marco do Grupo EQ2. “Nos soutos non s dispomos do froito do castieiro para consumo en alimentacin, tamén estn presentes residuos como son a folla, o ourizo e a casca da castaa”, dixo a investigadora, que na súa charla propuxo “unha posible revalorizacin para un residuo común en Galicia, en concreto en Ourense”. Trala súa intervencin, Beatriz Gulln, do Centro Tecnolxico da Carne en Ourense, falou do aproveitamento de residuos da industria vitivincola para a obtencin de compostos bioactivos. “A industria vitivincola xera en todo o mundo grandes cantidades de subprodutos, como o bagazo, cuxa eliminacin supn un grave problema ambiental. Con todo, estes residuos representan un potencial econmico significativo cuxo aproveitamento implica un gran desafo para este tipo de industria”, apuntou a investigadora. Estes residuos, detallou, “teen unha composicin que os fan interesantes para ser utilizados como fontes de produtos de alto valor engadido utilizando tecnoloxas respectuosas co medio ambiente seguindo o concepto de biorrefinera”.
Para falar de expectativas para o desenvolvemento de refinaras de biomasa sostibles achegouse xornada Sandra Rivas, da Universidad Complutense de Madrid. “Na procura dun modelo econmico sostible, a biorrefinera postúlase como a alternativa renovable refinara do petrleo para a producin de combustibles, produtos qumicos e materiais a partir de biomasa”, afirmou a investigadora. Por último, Carlos Martn, da Universidade de Umeå, falou da conversin bioqumica de biomasa lignocelulsica no marco de Bio4Energy, “unha iniciativa de investigacin estratéxica con apoio do goberno sueco dirixida a desenvolver procesos de biorrefineras para procesar residuos lignocelulsicos, fundamentalmente de orixe forestal, para a producin de biocombustibles, novos materiais e qumicos verdes”.
