DUVI

Diario da 鶹

A actuacin ter lugar o sbado 21 de decembre na Igrexa de San Francisco

Arredor de 60 cantoras e cantores participarn no VI Encontro Coral do Nadal

Est organizado polo Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 12/12/2019

Convertido xa nunha cita tradicional destas datas na cidade de Ourense, o sbado 21 de decembro ter lugar unha nova edicin do Encontro Coral do Nadal que cada ano celebra o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum. Arredor de 60 cantoras e cantores desta agrupacin e da súa homloga Kantantibus ofrecern s 19.30 horas un concerto de música sacra e panxolias na Igrexa de San Francisco, situada ao carn do parque de San Lzaro.

Segundo explica Xavier Álvarez, director do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum, o encontro organizado pola Vicerreitora do Campus de Ourense cumpre a súa sexta edicin xa consolidado como un referente na súa programacin anual. Mantendo a estrutura de anteriores edicins, o concerto, de entrada de balde, contar coa actuacin e participacin de dúas agrupacins corais, a do campus de Ourense e unha convidada. “Nesta ocasin convidamos a participar a Kantantibus, un coro de cmara de Ourense creado o ano pasado a partir de xente procedente doutros coros, entre eles o noso. Est formado por arredor de 12 persoas, xente experimentada, e o seu repertorio ten un estilo contemporneo”, indica o director da agrupacin do campus.

Música sacra e panxolias

No encontro primeiro actuar Kantantibus e logo o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum, para rematar cunha actuacin conxunta. O repertorio en ambos casos mesturar música sacra e panxolias, tendo en conta tanto o lugar de celebracin do concerto como a época de Nadal na que se fai. “As panxolias son un xénero musical moi interesante xa que unen tanto música sacra como música popular”, apunta Xavier Álvarez. Co acompaamento ao piano de Sara La, Kantantibus interpretar as pezas Carol of the bells; Lully, lulla, lullay; Ubi caritas; Ave verum corpus; White christmas; Oh holy night e The seal lullaby.

Seguiralle a actuacin do coro do campus, formado por arredor de 50 persoas, cun repertorio do que o seu responsable sinala que no caso da música sacra abrangue desde canto gregoriano a gospel sudafricano e no caso das panxolias inclúe pezas das diferentes linguas do estado, concretamente casteln, galego, cataln e vasco. “Fixemos un programa plurilingüe para dar a coecer a riqueza da pluralidade de músicas e linguas”, comenta Xabier Álvarez. Co acompaamento musical de Cristina Pumar, Ruth Gonzlez, Aarn Abalo, Alejandro Sanz e Miguel Sez, o Schola Cantorum interpretar Veni creator spiritus; Anima christi; Kyrie; Bawo thixo somandla; Da Rosa Rosia; Gabon izarra; El noi de la mare e La peregrinacin. A peza conxunta de peche do concerto ser Panis angelicus, de música sacra.

Sobre a relevancia desta iniciativa, o director do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum sinala como “forma xa parte do noso estilo organizar encontros con outros coros, é unha das misins que temos, xuntar diferentes agrupacins”. As, apunta Xavier Álvarez, entre os beneficios desta iniciativa est que cantoras e cantores enriquécense co contacto cos seus homlogos, coecendo outros repertorios, outras dinmicas de traballo e outras formacins. Tamén, engade o director, estes encontros “enriquecen ao público, que pode ver e contrastar diferentes formas de facer música coral” e “levan o campus cidade”. Esta dinmica, indica Álvarez, “forma parte da nosa filosofa como coro universitario e est en lia coa filosofa do campus de ser un campus aberto cidade”.